Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 20 de decembro de 2000 Páx. 16.726

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEXTA)

EDICTO de notificación de sentencia (151/2000).

Eu, Ramón Fernández Agra, secretario do Xulgado da Audiencia Provincial da Coruña, Sección Sexta, con sede en Santiago de Compostela, dou fe e tes

temuño de que no rolo de apelación de procedemento abreviado nº 151/2000 se dictou sentencia, cun encabezado e parte dispositiva que literalmente di:

«En Santiago de Compostela, o 14 de xuño de 2000.

Vistos pola Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, por Ángel Pantín Reigada, presidente, José Ramón Sánchez Herrero e José Vicente Zabala Ruiz, maxistrados, en grao de apelación, os autos do procedemento abreviado seguidos no Xulgado do Penal número dous de Santiago de Compostela co número 6/2000, que constituíron o rolo de apelación número 151/2000, que versan sobre delicto de roubo con forza, e nos que son parte, como apelante, Carlos Hernández Regueiro, representado polo procurador Merelles Pérez, coa defensa do letrado González Concheiro, e como apelado, o Ministerio Fiscal, e sendo relator o maxistrado José Ramón Sánchez Herrero, que expresa o parecer da sala, procede a formula-los seguintes antecedentes de feito, fundamentos de dereito e decisión:

Que, estimando parcialmente o recurso de apelación interposto polo procurador Merelles en representación de Carlos Hernández Regueiro contra a sentencia do 6 de marzo de 2000 dictada no xuízo oral nº 6/2000 do Xulgado do Penal número dous de Santiago de Compostela, debemos revogala parcialmente e, en consecuencia, rebaixa-la pena imposta ó dito recorrente á dun ano e medio de prisión, mantendo o resto de dicisións desta, sen pronunciamento sobre as custas ocasionadas no recurso.

Contra a presente resolución non cabe ningún recurso ordinario.

Devólvanse os autos orixinais ó xulgado de que proceden, con testemuño desta sentencia para o seu coñecemento e cumprimento.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ó rolo, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a José Barreiro Barcia, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o dezasete de novembro de dous mil.

O secretario

Rubricado