Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 20 de decembro de 2000 Páx. 16.727

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (567/1996-M).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous

de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas referenciado se dictou sentencia en apelación na que o seu encabezamento e decisión di:

«Apelación xuízo de faltas rolo número 5441/1999. Sentencia número 119. A Coruña, vintecatro de novembro de mil novecentos noventa e nove. José María Sánchez Jiménez, maxistrado, como tribunal unipersoal da Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña, pronunciou no nome de El-Rei a seguinte sentencia. No recurso de apelación interposto contra sentencia dictada polo Xuzgado de Primeira Instancia e Instrucción de Carballo número dous en xuízo de faltas número 0567/1996 seguido por falta de lesións en agresión, no que figura como apelante Manuel Méndez Negreira e como apelado Francisco-Javier Suárez Blanco, Modou Sou e Ministerio Fiscal. Antecedentes.

Primeiro.-Que no xuízo de faltas aludido se dictou sentencia, con data do 31 de xullo de 1997 que na súa parte dispositiva di así: Sentencia: que debo condenar e condeno a Manuel Méndez Negreira, como autor responsable dunha falta de lesións, prevista e penada no artigo 617 primeiro do Código penal, á pena de 30 días/multa, a razón de 200 pesetas día.

Así mesmo, deberá indemnizar a Modou Sou nas seguintes cantidades: 15.000 pesetas por días de incapacidade e 10.000 pesetas por secuelas. Isto con imposición da metade das custas do procedemento.

Que debo absolver e absolvo a Francisco Javier Suárez Blanco da falta que se lle imputaba, isto con declaración da metade das custas de oficio.

Segundo.-Que notificada a dita sentencia ás partes, interpuxo contra este recurso de apelación Manuel Méndez Negreira, que foi admitido en ámbolos efectos e, conferidos polo instructor os traslados que establece o artigo 795.4º da Lei de axuizamento criminal, ás restantes partes, eleváronse as dilixencias a esta audiencia para resolución do recurso, correspondendo, por reparto, a esta sección primeira, co número 5441/1999.

Terceiro.-Na substanciación do presente recurso observáronse as prescricións e formalidades legais.

Decido. Que con desestimación do recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo debo confirmala e confírmoa.

Líbrese o xulgado expresado certificación desta resolución, con devolución das dilixencias que remitiu, para a súa execución.

Así, por esta a miña sentencia, definitivamente xulgado, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos oportunos e sirva de notificación en legal forma a Modou Sou, que se atopa actualmente en ignorado paradoiro,

expido este edicto que asino en Carballo, o trece de novembro de dous mil.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado