Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 20 de decembro de 2000 Páx. 16.726

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEXTA)

EDICTO de notificación de sentencia (145/2000).

Eu, Ramón Fernández Agra, secretario do Xulgado da Audiencia Provincial da Coruña, Sección Sexta, con sede en Santiago de Compostela, dou fe e testemuña de que no rolo de procedemento abreviado 145/2000 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente di:

Vistos pola Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, integrada por Ángel Pantín Reigada, presidente, José Ramón Sánchez Herrero e José Vicente Zabala Ruíz, maxistrados, en grao de apelación, os autos de procedemento abreviado seguidos neste Xulgado do Penal número dous de Santiago de Compostela co número 387/1999, que constituíron o rolo de apelación número 145/2000, que versan sobre delicto de roubo conforza, e nos que son parte, como apelante María Belén Becerra Romano, representada polo procurador Merelles Pérez, coa defensa do letrado Teixeira Valoria: e como apelado o Ministerio Fiscal; e sendo relator o maxistrado José Ramón Sánchez Herrero, quen expresa o parecer da sala, procede formula-los seguintes antecedentes de feito, fundamentos de dereito e sentencia.

Que desestimados integramente o recurso de apelación interposto polo procuardor Merelles en representación de María Belén Becerra Romano contra a sentencia do 21-2-2000 dictada nos autos de procedemento abreviado nº 387/1999 do Xulgado do Penal número dous de Santiago de Compostela, a cal se confirma integramente, sen pronunciamento sobre as custas causadas nesta alzada.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso ordinario.

Devólvanse os autos orixinais ó xulgado de que proceden, con testemuño desta sentencia para o seu coñecemento e cumprimento.

Así, por esta nosa sentencia, da que se unirá certificación ó rolo, pronunciámolo, mandámola e asinámola.

En Santiago de Compostela o quince de novembro de dous mil.

O secretario

Rubricado