Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 14 de decembro de 2000 Páx. 16.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, faise público que a Comisión de Goberno deste concello, na sesión do día 28 de xuño último, adoptou acordo de aprobación definitiva do proxecto de urbanización da SU-17, co seguinte contido:

Visto o expediente tramitado por pedimento de Promociones Garvilfer, S.L., para aprobación do proxecto de urbanización da área de reparto 1 na SU-UE-17, PERI 2 de equipamento rúas As Burgas, aprobado inicialmente por esta Comisión de Goberno na sesión do 26 de abril último, e exposto ó público segundo anuncio do DOG do 12 de maio e diario La Región do día 5 do mesmo mes, formulándose unha alegación polo grupo municipal socialista deste concello, co seguinte contido:

Primeira.-O obxectivo promordial aludido polo concello para acometer esta modificación urbanística era a consecución e urbanización dunha parcela para equipamento relixioso. No proxecto de urbanización presentado non se recolle esta particularidade. Os promotores cederán un terreo baleiro, sen urbanizar. Tampouco está prevista a curto prazo a edificación do equipamento relixioso que motivou esta recualificación.

Segunda.-Dentro desta unidade de actuación urbanística, os promotores ceden para uso público unha parcela como zona verde, sen urbanizar. Isto non concordou co previsto nin coa normativa urbanística vixente. Deben urbanizar todo o que ceden de solo urbano consolidado.

Terceira.-Seguen sen xustificar axeitadamente a titularidade pública ou privada do equipamento social.

Polo exposto, solicito: que se teña por presentado este escrito e por formuladas alegacións no trámite de información pública do expediente de aprobación inicial do proxecto de urbanización da SU-17, incoado por pedimento de Promociones Garvilfer, S.L., co fin de que estas sexan tidas en conta na resolución final que se acorde.

Tendo en conta o informe do aparellador municipal, no que manifesta que: rectifícome no informe por min presentado en data 24 de abril de 2000. Fago constar que era o avance do PXOU exposto ó público nesta e a parcela está clasificada como equipamento sen especifica-lo seu uso.

Considerando que o feito de que non figura destino concreto do solo de cesión non é culpa nin responsabilidade da empresa promotora, senón que lle corresponde o trámite a este concello, que aínda non decidiu definitivamente o destino da mencionada superficie, porque se estudian varias alternativas,tal como prevé no avance do plan xeral, e que a empresa constituiu, ademais da fianza para as obras en proxecto, de 46.409.415 pesetas, outra fianza complementaria de 10.000.000 de pesetas para garanti-la execución das obras precisamente non recollidas no proxecto polas razóns expostas, acórdase, por unanimidade, desestima-la alegación presentada e aprobar definitivamente o mencionado proxecto de urbanización, autorizándose o alcalde para os trámites que procedan.

Durante a deliberación e votación deste asunto estivo ausente o concelleiro Fernández Iglesias.

O que se fai público para os efectos oportunos, facéndose constar que este acordo pon fin á vía administrativa e, en consecuencia, contra el pódese inter

poñer potestativamente o recurso de reposición ante a Comisión de Goberno deste concello, no prazo dun mes, como trámite previo ó contencioso-administrativo, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, todo isto de conformidade co disposto nos artigo 52 da Lei 7/1985, 116 e 117 da Lei 4/1999 e 46 da Lei 29/1998, así como lexislación concordante, sen prexuízo de que se utilice calquera outro recurso que se estime pertinente polos interesados.

Coa publicación deste anuncio no BOP de Ourense e no DOG queda tamén cumprida a esixencia do artigo 59.3º a) da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Barbadás, 27 de setembro de 2000.

O alcalde

Rubricado