Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 14 de decembro de 2000 Páx. 16.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 16 de novembro de 2000, acorodou a contratación mediante concurso con procedemento aberto, polo trámite de urxencia, con mellora sobre proposta de prestación aprobada por esta corporación, das obras que se sinalarán, expoñéndose ó público o prego de cláusulas administrativas particulares que haberá de rexer na contratación referida podendo ser obxecto de exame e reclamacións neste concello durante o prazo de oito día hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no BOP, para o contrato coas características que se indican a seguir:

Cadro de características do contrato.

1. Proxecto: urbanización e dotación de servicios na rúa do Barridal, en Burela.

2. Tipo de licitación: 24.460.870 pesetas.

3. Partida: 511.601.

4. Prazo de execución: 3 meses.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación de proposións: rexistro xeral do Concello de Burela (rúa Pardo Bazán nº 6, en Burela).

7. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais.

8. Fianza provisional: 489.217 pesetas.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: obra incluída no fondo de cooperación local-PIEL-2000.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Burela, 28 de novembro de 2000.

Manuel Mon Rouco

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario

ANEXO I

D.... con domicilio na rúa... nº... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..., actuando en nome propio (ou en representación de... con DNI ou CIF nº... e con domicilio en... nº teléfono...) toma parte no concurso con procedemento aberto con mellora sobre proposta da Administración para a adxudicación da execución das obras de Urbanización e Dotación de Servicios na rúa do Barridal en Burela, e para tales efectos fai constar.

1) Que ofrece o prezo de... pesetas, que significa unha baixa de... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obrigacións deriven nos pregos de condicións do presente contrato.

3) Que se compromete a efectua-las melloras sobre a proposta prestada pola Administración, que se indican... que se compromete á realización de unidades de obra adicional, que determinará a Administración por un importe total de... (en letra e numero pesetas) valoradas ós prezos unitarios figurados no proxecto, é dicir, a prezos de execución material.

4) Que acompaña a documentación esixida no prego de condicións.

En... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación das obras de...

presentada por:...

En... ... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)