Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 14 de decembro de 2000 Páx. 16.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PPA-3/1999).

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 13 de novembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestima-las alegacións presentadas por Margarita Lobato Noreña e Consuelo Miguel Fontanillo, de conformidade co informe emitido o 18 de abril de 2000 polos técnicos municipais ó incor

porar ó documento que se eleva a aprobación definitiva a documentación referencia nel.

Segundo.-Aprobar definitivamente o Plan Parcial no SRAU.-Altamira na Zapateira, promovido por Promocións O'Carón, S.L. aínda que a eficacia da dita aprobación queda condicionada á presentación da garantía establecida no artigo 46 do Regulamento de planeamento.

Terceiro.-Cumprido o anterior, proceder á publicación do acordo de aprobación definitiva e do articulado das normas no BOP, de conformidade co establecido no artigo 70.2º da Lei de bases de réxime local e no DOG.

Cuarto.-Remitir á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda copia do expediente administrativo e dous exemplares do documento aprobado, en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997.

O que se publica significando que, contra o anterior acordo, cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 14 de novembro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo