Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 14 de decembro de 2000 Páx. 16.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO do proxecto de compensación do polígono único do sector de solo urbanizable do Plan parcial do Baño: aprobación inicial.

A Comisión de Goberno, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 27 de novembro de 2000, aprobou inicialmente o proxecto de compensación do polígono único do sector de solo urbanizable do Plan parcial do Baño.

O que se fai pública en cumprimento do disposto nos artigos 133 e 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para efectos de que durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no DOG, poidan formula-las reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Mugardos, 1 de decembro de 2000.

O alcalde

Rubricado