Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 14 de decembro de 2000 Páx. 16.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO do proxecto de urbanización do Baño: aprobación inicial.

A Comisión de Goberno, na sesión extraordinaria celebrada o día 27 de novembro de 2000, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do Baño.

O que se fai público en cumprimento do disposto nos artigos 43.3º e 46 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para efectos de que durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no DOG, poidan formula-las reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Mugardos, 1 de decembro de 2000.

O alcalde

Rubricado