Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 14 de decembro de 2000 Páx. 16.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 28 de novembro de 2000, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se lles notifica ós abaixo relacionados os prazos de ingreso en período voluntario e período executivo, polos servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire, non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que alegaron distintos motivos para non recibi-las notificacións as personas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046-0315-97-0000081424 do Banco Gallego nos prazos que se sinalan no art. 20 do R.D. 1684/1990, do 20 de decembro (BOE nº 3, do 3 de xaneiro de 1991), polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR), modificado a través do R.D. 448/1995, do 24 de marzo (BOE nº 74, do 28 de marzo).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora, segundo o arti

go 21 da Lei 11/1992, do 7 de outubro (DOG nº 200, do 14 de outubro), de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Transcorridos 6 meses desde o remate sen que se produza o cobramento, comezará o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpor no prazo de 15 días, a partir do seguinte ó desta notificación, recurso de reposición ante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal

Económico Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste, sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Ley 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Burela, 28 de novembro de 2000.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital da Costa de Burela

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

Sonia Garrote Piñeiro44.718.897FRA.20000015824-8-199924.840
Arturo Carnerero Menéndez11.410.798FRA.20000096824-5-2000140.702
Natalia Maestre González32.753.722FRA.20000097111-12-199924.840
Carmen Beltrán Barro11.339.124FRA.20000168619-2-200024.840
Lucero Arias González41.906.275FRA.2000018693-1-2000139.254