Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 14 de decembro de 2000 Páx. 16.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de contratos de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda dar publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións:

-Adquisición de equipamento da consulta de fisioterapia con destino ó centro de saúde de Sada (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-60/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento da consulta de fisioterapia.

c) Lote: lote único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 148, do 1 de agosto de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: sete millóns duascentas trinta e dúas mil catrocentas corenta e seis pesetas, IVE incluído 7.232.446 pesetas, IVE incluído) (43.467,88 euros).

Lote único: 7.232.446 pesetas, 43.467,88 euros.

5. Adxudicación.

Lote nº 1: equip. consulta fisioterapia.

Data: 5 de outubro de 2000.

b) Contratista: Equip. Enraf Nonius Ibérica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: seis millóns oitocentas noventa e tres mil setenta e seis pesetas, IVE incluído (6.893.076 pesetas, IVE incluído) (41.428,22 euros).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos