Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 8 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se lle comunica a resolución do expediente sancionador S-6/2000 incoado a Rocío Fernández Álvarez.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por esta cédula notifícaselle a Rocío Fernández Álvarez a resolución do delegado provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, do 4 de outubro de 2000, despois de intentada a súa notificación no último domicilio coñecido sen resultado positivo.

O correspondente expediente figura á disposición do interesado para coñecemento íntegro e constancia do mencionado acto nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, co enderezo no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo; Ronda da Muralla nº 70-baixo 2º.

A sanción imposta, o prazo de ingreso e o procedemento de pagamento figuran no anexo seguinte.

ANEXO

Expediente: S-6/2000.

1. Denunciada: Rocío Fernández Álvarez, DNI: 33.344.030.

2. Último domicilio coñecido: rúa Río Narla nº 50-2º, 27003 Lugo.

3. Feitos imputados: como consecuencia do labor inspector e de control das condicións sanitarias de producción e comercialización de productos pesqueiros e da acuicultura que teñen atribuída os funcionarios da Xefatura Provincial da Policía Autonómica de Lugo, con data do 26 de xaneiro de 2000 procedeuse á identificación de Rocío Fernández Álvarez, que realizaba venda de peixe fresco carecendo de guía-factura e non levando o carné de manipulador de alimentos. Estes feitos quedan reflectidos na acta de inspección Rº Sª 225 do día 26 de xaneiro de 2000, da Xefatura Provincial da Policía Autonómica en Lugo.

Resultado das citadas inspeccións, a Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en Lugo incoou expediente administrativo sancionador nº S-6/2000 mediante Resolución do 4 de outubro de 2000, por infraccións das normas sanitarias e de hixiene aplicables á producción e comercialización de productos pesqueiros e da acuicultura.

4.Preceptos infrinxidos: artigo 35 a) 3º da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; artigo 2.1º.1 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; artigo 1.1º d) do Decreto 157/1985, do 11 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia sanitaria; artigo 4.1º do Decreto 239/1986, do 24 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos; artigo 3.1º.7 do Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e da acuicultura (modificado polo Real decreto 1840/1997, do 5 de decembro); artigos 17.2º e 23.2º do Real decreto 419/1993, do 17 de decembro, da Xunta de Galicia, polo que se refunde a normativa vixente sobre descarga e primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco.

5. Cualificación da infracción: de acordo co artigo 35 a) 3º da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, debe cualificarse como leve.

6. Sanción imposta: vinte mil pesetas (20.000 pesetas).

7. Prazo de ingreso: de conformidade co disposto no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, Regulamento xeral de recadación, do 20 de decembro, o dito prazo é o seguinte:

-As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, deberanse pagar desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte, ou o inmediato día hábil posterior.

-As sancións notificadas entre os días 16 e derradeiro de cada mes deberanse pagar desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte, ou o inmediato día hábil posterior.

Se, non obstante, deixase transcorre-los prazos indicados, seralle esixido o ingreso en vía executiva.

8. Procedemento de pagamento: de acordo coa Orde do 22 de maio de 1987 da Consellería de Economía e Facenda, o pagamento efectuarase mediante transferencia bancaria á Xunta de Galica, conta restrinxida da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, recadación de multas e sancións, con número de conta 0182-5947-11-0010140179 da sucursal do BBV, Banco Bilbao Vizcaya, co enderezo en Santiago de Compostela.

9. Recurso procedente: en cumprimento dos artigos 114 a 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, o interesado dispón do prazo dun mes, desde a publicación desta resolución, para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais; edificio administrativo San Caetano en Santiago de Compostela.

Lugo, 8 de novembro de 2000.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo