Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de re-

solución do expediente sancionador OU 207/2000P, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúen por presuntas infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto), e mais do seu regulamento aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5ª planta, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 26 de outubro de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 207/2000P.

Denunciado: Gumersindo Fernández Pérez.

DNI: 34.961.433.

Derradeiro enderezo coñecido: edificio Miño, portal 6, 3º esquerda (Ourense).

Feito probado: pescar con dúas canas cebadas e na auga, atopándose estas a uns quince metros do pescador.

Precepto infrinxido: artigo 51.2º do Regulamento de ordenación da pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 33.3º da Lei de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: multa de 10.000 pesetas.