Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.385

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a proposta de resolución do expediente sancionador Secretaría 44/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumplimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.3º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.

Expediente sancionador: Secretaría 44/2000.

Denunciado/a: Fructuosa Álvarez Seoane.

DNI/CIF: 34.397.188 K.

Último enderezo coñecido: rúa de Colón, P-4-4-1 A. Ferrol.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: quince mil pesetas.

A Coruña, 7 de setembro de 2000.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña