Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.365

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 12 de decembro de 2000 pola que se dictan normas para garanti-los servicios esenciais durante a folga convocada en tódolos centros de traballo dependentes da Administración da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra para os días 14 e 15 de decembro de 2000.

O exercicio do dereito de folga queda condicionado ó mantemento dos servicio esenciais definidos no artigo 2º do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20).

O artigo 3 do devandito decreto faculta os conselleiros competentes por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga determinen o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, e o persoal preciso para prestalos.

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) convocou unha folga en tódolos centros de traballo dependentes da Administración da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra para os días 14 de 15 de decembro de 2000 durante toda a xornada.

Ante o carácter de folga xeral, que pode afectar a todo o persoal da Administración autonómica do ámbito territorial da provincia da Pontevedra, parece máis axeitado regula-los servicios mínimos mediante unha única norma de aplicabilidade a tódolos centros, dependencias e servicios desta.

A necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servicios esenciais obriga a Administración autonómica, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servicios mínimos indispensables para o funcionamento dos servicios esenciais que se concretan e xustifican na presente orde.

Así pois, establécense servicios mínimos respecto de sectores e actividades dos que a regulación é competencia dalgunha das consellerías da Xunta de Galicia e que poden afecta-lo desenvolvemento ordinario da actividade cidadá.

Nas Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos establécense os servicios mínimos imprescindibles para atende-las incidencias que se produzan no Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA).

No que se refire á Delagación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública, desígnase o mínimo imprescindible de persoal necesario para a atención e coordinación das función que ten encomendadas.

Polo que se refire á Consellería de Economía e Facenda, en xeral, os servicios mínimos restrínxense a cubri-lo funcionamento imprescindible dos servicios administrativos e informáticos das diferentes unidades e organismos afectados, e dun xeito especial, garantíndolles ós cidadáns o exercicio, dentro de prazo, dos seus dereitos en relación coa presentación de autoliquidacións, recursos e ingresos, para poderen efectua-los pagamentos correspondentes sen sufrir recargas, para constituír ou liberar depósitos e fianzas, e para a comprobación e posterior ingreso das cantidades recadadas.

Polo que respecta á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o artigo 2 do Decreto 155/1988, do 29 de xuño, polo que se dictan normas para garanti-la prestación dos servicios esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma considera como tales os servicios de transportes e comunicacións e abastecementos de auga entre outros.

O seu mantemento esixe:

Na delegación contar cun auxiliar administrativo no rexistro para garanti-la entrada e saída de documentos, un auxiliar administrativo e un subalterno en funcións de apoio e atención ó público e un conductor para os desprazamentos que fose necesario realizar.

Prevese así mesmo, a presencia dun técnico no Servicio Provincial de Estradas e outro no Servicio Provincial de Transportes que poidan cubri-las necesidades derivadas de calquera eventualidade que xurda, así como dun auxiliar administrativo e un subalterno en funcións de apoio e atención directa ó público, tanto persoal como telefónica.

Que se estableza unha brigada retén de conservación de estradas para os efectos de atender calquera alteración, accidente ou incidencia nas vías de comunicación.

Polo que se refire ó ente público Portos de Galicia, prevese a presencia dun técnico que poida cubri-la aparición de calquera eventualidade, así como dun auxiliar administrativo en funcións de rexistro que garanta o funcionamento do servicio no relativo á entrada e saída de documentos.

Así mesmo, prevese a presencia dun celador nos portos que figuran na relación debido á importancia e tráfico que existe neles e, en consecuencia, a magnitude dos servicios que hai que prestar, o que esixe que non se poda prescindir das funcións despregadas polos ditos traballadores nos portos de referencia.

No relativo ó organismo autónomo Augas de Galicia prevese a presencia dun técnico no Servicio Territorial de Vigo para atende-las incidencias que se poidan producir con carácter urxente ou en situación de emerxencia, así como dun auxiliar administrativo en funcións de rexistro e un subalterno.

Polo que respecta á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria o artigo 28.2º da Constitución Española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servicios públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidad Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño).

O dereito á educación é un dereito de carácter social, e por tanto reclama dos poderes públicos as accións positivas necesarias para que poida ser levado a cabo en igualdade de tódolos que se encontran en calquera dos niveis formativos en calquera tipo de centro.

Por outra parte, a especial problemática de Galicia, coa maior porcentaxe de alumnos transportados e facendo uso dos comedores escolares ou o bo número de internados da nosa Comunidade Autónoma, non poden quedar paralizados no seu funcionamento como consecuencia do dereito constitucional de folga.

Polo que se refire á Consellería de Industria e Comercio, o Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se dictan normas para garanti-la prestación dos servicios esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma, establece que terán a consideración de servicios esenciais, polo que respecta ós prestados pola Consellería de Industria e Comercio afectados pola presente convocatoria de folga, os rexistros públicos, a subministración de gas e electricidade e os servicios de vixilancia.

A fundamentación da concreta determinación do mínimo de actividade e da fixación do persoal preciso para asegura-lo mantemento dos servicios esenciais prestados por esta consellería atópase, con carácter xeral, na necesidade de garanti-la entrada e saída de documentación de xeito ininterrompido, e a vixilancia das dependencias administrativas. En particular, as funcións de inspección e control da seguridade nos servicios de gas e electricidade que se prestan nas delegacións provinciais, debe garantirse adecuadamente para calquera eventualidade.

En canto á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, os servicios mínimos establécense co fin de asegura-los servicios esenciais da consellería, que son os de sanidade animal, rexistro, educación, e o de mantemento das instalacións e bens da consellería, que inclúen edificios e explotacións con cultivos e gando. Así mesmo, establécese tamén un mínimo para atende-lo resto dos servicios.

Polo que respecta ós servicios da Consellería de Cultura e Comunicación Social afectados pola folga e co fin de garanti-la utilización polos cidadáns dos servicios de arquivos e bibliotecas, dos cales é responsable esta consellería, fai necesario o mantemento dun mínimo imprescindible de persoal para a súa atención.

No referente á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, os servicios mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para mante-la adecuada cobertura dos servicios dos centros sanitarios, para evitar que se produzan graves prexuízos ós usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito á folga, coa atención ós usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servicio dispensado.

A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura desenvolve actividades de moi variada índole, que van desde o puro labor administrativo e planificador ata traballos de investigación científica en acuicultura e formación e docencia de persoal que desenvolve as súas tarefas no sector pesqueiro. O establecemento de servicios mínimos, pois, realízase desde a necesidade de manter vivos estes aspectos complementando o labor da consellería coa ineludible obriga de mante-la vixilancia nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Non se pode esquecer que tanto a formación como a docencia teñen carácter de dereitos dos cidadáns dun marcado matiz de irrenunciabilidade e que a súa impartición é absolutamente necesaria.

Así mesmo, a investigación científica comporta a necesidade de manter vivos os seres acuáticos que requiren pola súa vez coidados extremos e atención continuada xa que, en caso contrario, se perderían moitas xornadas de traballo sen proveito de ningún tipo.

A vixilancia pesqueira non só é necesaria para mante-lo control do sector senón que tamén coadxuva en tarefas e actuacións de salvamento e rescate cando as necesidades así o esixen.

Os servicios mínimos das distintas confrarías xustifícanse na necesidade de atende-las tarefas de información e rexistros de correspondencia.

Na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais debe terse en conta a prestación de servicios mínimos nos órganos da Administración de xustiza regulados no R.D. 755/1987, do 19 de xuño. Por outra banda, cómpre manter un servicio na área de seguridade e hixiene que preste atención ós posibles accidentes de traballo e tamén manter operativos os servicios de mediación, arbitraxe e conciliación; a esixencia dun servicio permanente que garanta o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma en materia de protección civil tal e como establece o Decreto 56/2000, do 3 de marzo, polo que se regula a planificación, as medidas de coordinación e a actuación de voluntarios, agrupacións de voluntarios e entidades colaboradoras, e por último asegura-lo cumprimento das competencias en materia de seguridade da Comunidade Autónoma establecidas na L.O. 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade do Estado.

Polo que se refire á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servicios esenciais que obriga a esta consellería a fixa-los servicios mínimos necesarios para o adecuado desenvolvemento das actividades en prol do principio constitucional de protección social da familia e garanti-los dereitos constitucionais como dispón o artigo 35.1º e 40.2º da Constitución, xa que de non realizar o servicio público encomendado a esta consellería, quedaría gravemente afectado un dereito institucionalmente protexido como é o de acceso ó traballo.

En canto á Consellería de Medio Ambiente, a motivación da concreta determinación do mínimo de actividade e da fixación do persoal preciso para asegura-lo mantemento dos servicios esenciais prestados por esta consellería afectados pola convocatoria de folga, é, respecto a cada un deles:

-Nos servicios administrativos, o ineludible desenvolvemento das funcións de información e de rexistro públicos, así como o seguimento do propio desenvolvemento da folga.

-No Centro de Investigacións Forestais e Ambientais, en Pontevedra é necesario contar con persoal que ademais das funcións de mantemento de edificios, bens e instalacións, realice o seguimento dos proxectos de investigación, cultivos e ensaios de laboratorio que se levan a cabo, xa que, de ser interrompidos poderían provocar situacións de difícil reparación tanto no seu desenvolvemento como dos medios materiais empregados na súa realización.

-No Servicio Provincial de Defensa contra Incendios Forestais e nos Distritos Forestais, nos que se reflicten, entre outras, as competencias encomendadas ós servicios de defensa contra incendios forestais, a imprevisibilidade do feito causante da prestación do servicio esencial de defensa contra incendios e a indeterminabilidade das súas consecuencias en canto a vidas e facendas, ante o que sería de aplicación plenamente e sen posibilidade de restricción ningunha o principio de que «salus populi máxima lex esto» se sucedese que fose menester, obviamente a xuízo dos responsables do servicio, a utilización do total dos efectivos de que se dispón.

-No Servicio de Montes e Industrias Forestais, a realización de funcións de vixilancia de bens e instalacións públicas dependentes do dito servicio.

-No Servicio de Medio Ambiente Natural, a realización de funcións de vixilancia e mantemento de edificios, bens e instalacións públicas, entre os que deben considerarse incluídos aqueles bens de dominio público ós que a Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia, define como augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, e de acordo co establecido no parágrafo 5.2º do Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia aprobado polo Decre

to 111/1984, do 25 de maio, e por proposta de tódalas consellerías da Xunta de Galicia e oído o comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Con carácter xeral en tódalas delegacións provinciais ou centros periféricos consideraránse servicios mínimos para asegura-lo mentemento dos servicios esenciais durante a folga convocada no ámbito territorial da provincia de Pontevedra, durante toda a xornada dos días 14 e 15 de decembro de 2000, os seguintes:

-Unha persoa en cada rexistro.

-Un subalterno.

-Un subalterno máis por cada local alleo á sede da delegación ou servicio provincial ou teritorial.

-Un auxiliar administrativo.

-Un auxiliar administrativo máis por cada local alleo á sede da delegación ou servicio provincial ou territorial.

-Un conductor.

Artigo 2º

Con independencia do disposto no artigo anterior, terán a consideración de servicios mínimos os que se relacionan a seguir:

2.1. Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos:

-Servicios periféricos:

-Pontevedra: un coordinador de infocentro.

-Vigo: un coordinador de infocentro.

Delegación Provincial de Pontevedra:

Secretaría Provincial.

-Un subalterno.

-Atención ó cidadán: un administrativo.

-Un letrado na Asesoría Xurídica.

-Dous informáticos.

Centro Galego de Tecnificación Deportiva Residencia Atlántico:

-Un facultativo médico.

-Dúas camareiras limpadoras en cada quenda.

-Un oficial primeiro de cociña e un axudante de cociña na quenda de mañá.

-Un oficial segundo de cociña e un axudante de cociña.

-Un ordenanza de residencia en cada quenda.

-Un ordenanza en estadio en quenda de mañá e dous en quenda de tarde.

Oficina de Atención ó Cidadán de Lalín.

-Un auxiliar administrativo.

2.2. Consellería de Economía e Facenda.

1. Servicios periféricos.

1.1. Delegacion Territorial de Pontevedra:

-Unha persoa no Servicio de Xestión Tributaria.

-Unha persoa no Servicio de Recadación.

-Unha persoa na Sección de Tesourería (Caixa Xeral de Depósitos).

-Unha persoa na Intervención Territorial.

1.2. Delegación Territorial de Vigo:

-Unha persoa no Servicio de Xestión Tributaria.

-Unha persoa no Servicio de Recadación.

-Unha persoa na Sección de Tesourería (Caixa Xeral de Depósitos).

-Unha persoa na Intervención Territorial.

1.3. CIXTEC:

-Un operador en cada unha das delegacións territoriais afectadas.

1.4. Igape:

-Unha persoa na oficina de Vigo.

2.3. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda:

-Un técnico no Servicio Provincial de Estradas.

-Un técnico no Servicio Provincial de Transportes.

-Un equipo de emerxencia composto por:

-Un capataz.

-Un conductor.

-Un operador de maquinaria pesada.

-Dous mecánicos.

-Catro peóns.

Ente público Portos de Galicia:

-Un técnico.

-Un auxiliar administrativo (en funcións de rexistro).

-Un celador nos portos de:

-Portonovo.

-Cambados.

-Cangas.

Organismo autónomo Augas de Galicia:

-Un técnico no Servicio Territorial de Vigo.

2.4. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Na delegación provincial:

-O xefe de Sección de Persoal.

Nos centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

-O director ou un membro do equipo da dirección e un subalterno en cada centro escolar.

-O 30% do persoal de comedores e do persoal docente encargado destes, nos centros de educación primaria/centros públicos integrados con servicio de comedor e centros públicos de ensino secundario, se é o caso.

-O 25% do persoal de comedores, limpeza e subalternos nas escolas-fogar.

-O 25% do persoal docente encargado de comedores das escolas fogar, garantindo un mínimo de dúas persoas.

-O 30% de persoal de comedores, limpeza e subalternos nos centros residenciais docentes.

-O 25% do persoal de limpeza, nos centros de ensino secundario.

A totalidade de persoal de comedores, ATS, limpeza, coidadores e persoal médico dos centros de educación especial.

2.5. Consellería de Industria e Comercio.

Delegación Provincial Pontevedra:

-Un técnico con funcións facultativas.

-O xefe do negociado de habilitación.

2.6. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Nos servicios provincinciais do Ilgga:

-Un técnico.

Na delegación provincial da consellería:

-Un funcionario por cada un dos servicios.

-Un Funcionario encargado do persoal.

Nas oficinas agrarias comarcais:

-Un veterinario por cada unha das áreas.

-Os veterinarios das comarcas nas que exista feira neses días.

Nos centros de capacitación agraria:

-Un auxiliar de internado.

-Un cociñeiro ou auxiliar de cociña.

-Un oficial ou peón.

2.7. Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Delegación Provincial de Pontevedra:

-Xefe de Negociado de Habilitación.

Biblioteca Pública de Pontevedra:

-Director.

-Un ordenanza.

Biblioteca Pública de Vigo:

-Director.

Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra:

-Director.

Poboado de Santa Trega:

-Un garda.

2.8. Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e Servicio Galego de Saúde.

1. Delegación Provincial en Pontevedra:

-Un auxiliar en información.

-Unha secretaria provincial.

Servicio de Xestión Económica:

-Un xefe de servicio.

Servicio de Planificación Sanitaria:

-Un xefe de servicio.

Servicio de Promoción da Saúde:

-Un xefe de servicio.

Servicio de Protección da Saúde:

-Un xefe de servicio.

Zona de Saúde Pública de Pontevedra:

-Un xefe de zona.

-Un director técnico de industrias alimentarias.

-Seis inspectores veterinarios de saúde pública de matadoiros.

-Un inspector veterinario de saúde pública.

Zona de Saúde Pública de Vigo:

-Un xefe de zona.

-Un director técnico de industrias alimentarias.

-Un inspector veterinario de saúde pública de lonxa.

-Sete inspectores veterinarios de saúde pública de matadoiros.

-Un inspector veterinario de saúde pública.

Zona de Saúde Pública de Lalín:

-Un xefe de zona.

-Seis inspectores veterinarios de saúde pública de matadoiros.

-Un inspector veterinario de saúde pública.

Laboratorio de saúde pública:

-Un xefe de servicio.

-Un posto base grupo A Lei 17.

2. Delegación Provincial en Vigo:

-Un auxiliar en información.

Área de Servicios Sociais:

-Un xefe de área.

Servicio de Axudas e Programas:

-Un xefe de servicio.

Servicio de Prestacións:

-Un xefe de servicio.

3. Centro de Cualificación de Minusvalidez Pontevedra:

-Un asistente social.

-Un titulado superior médico.

-Un psicologo/a.

4. Centro de Cualificación de Minusvalidez de Vigo:

-Un asistente social.

-Un titulado superior médico.

-Un psicólogo/a.

5. Centro social de Bouzas:

-Unha directora en quenda de mañá.

-Un ordenanza en quenda de tarde.

6. Centro social do Calvario:

-Un director en quenda de mañá.

-Un ordenanza en quenda de tarde.

7. Centro social de Vilagarcía:

-Un director en quenda de mañá.

-Un ordenanza en quenda de tarde.

8. Centro social de Tui:

-Unha directora en quenda de mañá.

-Un ordenanza en quenda de tarde.

9. Centro social de Vilaxoán:

-Unha directora en quenda de mañá.

-Un peón en quenda de tarde.

10. Centro social de Baiona:

-Un director en quenda de mañá.

-Un ordenanza en quenda de tarde.

11. Centro social de Rivera de Atienza:

-Unha directora en quenda de mañá.

-Un peón en quenda de tarde.

12. Centro social do Porriño:

-Un director en quenda de mañá.

-Un ordenanza en quenda de tarde.

13. Centro social de Teis:

-Unha directora en quenda de mañá.

-Un peón en quenda de tarde.

14. Centro social de Lalín:

-Unha directora en quenda de mañá.

-Un ordenanza en quenda de tarde.

15. Centro social de Coia:

-Unha directora en quenda de mañá.

-Un peón en quenda de tarde.

16. Centro social de Redondela:

-Unha directora en quenda de mañá.

-Un peón en quenda de tarde.

17. Fogar 3ª idade de Vigo:

-Unha directora en quenda de mañá.

-Unha limpadora en quenda de mañá.

-Un ordenanza en quenda de tarde.

18. Fogar 3ª idade de Pontevedra:

-Unha directora en quenda de mañá.

-Un ordenanza en quenda de tarde.

-Unha limpadora en quenda de mañá.

19. Centro ocupacional O Saiar Caldas de Reis:

-Unha directora.

-Un cociñeiro/a.

-Unha camareira-limpadora.

-Dous monitores.

-Un mestre de taller.

20. Pousada Casa do Mar de Vigo:

-Un ordenanza en quenda de tarde.

21. Residencia 3ª idade O Meixoeiro-Vigo:

-Un director.

-Un auxiliar de clínica en quenda de mañá.

-Un auxiliar de enfermería en quenda de tarde.

-Un auxiliar de enfermería en quenda de noite.

-Dez camareiras limpadoras en quenda de mañá.

-Catro camareiras en quenda de tarde.

-Un oficial 1ª cociña en quenda de mañá.

-Un oficial 2ª cociña en quenda de tarde.

-Un axudante de cociña en quenda de mañá.

-Un axudante de cociña en quenda de tarde.

-Un ordenanza en quenda de mañá.

-Un ordenanza en quenda de tarde.

-Un ordenanza en quenda de noite.

-Unha subgobernanta en quenda de mañá.

22. Residencia-fogar 3ª idade de Marín:

-Un director.

-Un ATS-DUE en quenda de mañá.

-Un auxiliar de enfermería en quenda de mañá.

-Un auxiliar de enfermería en quenda de tarde.

-Un auxiliar de enfermería en quenda de noite.

-Cinco camareiras-limpadoras en quenda de mañá.

-Dúas camareiras-limpadoras en quenda de tarde.

-Un oficial 2ª de cociña en quenda de mañá.

-Un oficial 2ª de cociña en quenda de tarde.

-Un axudante de cociña en quenda de mañá.

-Un ordenanza en quenda de mañá.

-Dous ordenanzas en quenda de tarde.

-Un ordenanza en quenda de noite.

23. Residencia 3ª idade Campolongo:

-Un director.

-Un ATS-DUE en quenda de mañá.

-Un auxiliar de enfermería en quenda de mañá.

-Un auxiliar de enfermería en quenda de tarde.

-Un auxiliar de enfermería en quenda de noite.

-Cinco camareiras-limpadoras en quenda de mañá.

-Dúas camareiras-limpadoras en quenda de tarde.

-Un oficial 2ª de cociña en quenda de mañá.

-Un oficial 2ª de cociña en quenda de tarde.

-Un axudante de cociña en quenda de mañá.

-Un axudante de cociña en quenda de tarde.

-Un ordenanza en quenda de mañá.

-Un ordenanza en quenda de tarde.

-Un ordenanza en quenda de noite.

-Un gobernante en quenda de mañá.

24. Residencia-fogar 3ª idade A Estrada:

-Unha directora na súa quenda habitual.

-Un auxiliar de enfermería en quenda de mañá.

-Un auxiliar de enfermería en quenda de tarde.

-Un oficial 1ª cociña na súa quenda habitual.

-Un axudante de cociña na súa quenda habitual.

-Dúas camareiras-limpadoras en quenda de mañá.

-Un camareira-limpadora en quenda de tarde.

-Un ordenanza en quenda de noite.

25. CAMP Redondela:

-Un director.

-Un ATS en quenda de mañá.

-Un ATS-DUE en quenda de tarde.

-Un ATS-DUE en quenda de noite.

-Tres ETAR en quenda de mañá.

-Dous ETAR en quenda de tarde.

-Vinte coidadores en quenda de mañá.

-Trece coidadores en quenda de tarde.

-Catro coidadores en quenda de noite.

-Oito camareiras-limpadoras en quenda de mañá.

-Catro camareiras en quenda de tarde.

-Un oficial 1ª cociña en quenda de mañá.

-Un axudante de cociña en quenda de mañá.

-Un oficial 2ª de cociña en quenda de tarde.

-Un oficial de SS.TT. en quenda de mañá.

-Un oficial SS.TT. en quenda de tarde.

-Dous ordenanzas en quenda de mañá.

-Un ordenanza en quenda de tarde.

-Un conductor.

-Un responsable persoal.

-Un responsable asistencial.

-Unha gobernanta en quenda de mañá.

26. Residencia Asistida 3ª Idade de Vigo:

-Un director.

-Dous responsables de área en quenda de mañá.

-Un auxiliar administrativo.

-Un oficial 1ª de cociña en quenda de mañá.

-Un oficial 1ª de cociña en quenda de tarde.

-Un axudante de cociña en quenda de tarde.

-Un axudante de cociña en quenda de mañá.

-Un gobernante en quenda de mañá.

-Un oficial de SS.TT. en quenda de mañá.

-Un oficial SS.TT. en quenda de tarde.

-Dous ordenanzas en quenda de mañá.

-Dous ordenanzas en quenda de tarde.

-Un ordenanza en quenda de noite.

-Dezaseis camareiras-limpadoras en quenda de mañá.

-Oito camareiras-limpadoras en quenda de tarde.

-Un médico en quenda de mañá.

-Un ATS-DUE coordinador en quenda de mañá.

-Cinco ATS-DUE en quenda de mañá.

-Dous ATS-DUE en quenda de tarde.

-Dous ATS-DUE en quenda de noite.

-Trinta e cinco auxiliares de enfermería en quenda de mañá.

-Vintedous auxiliares de enfermería en quenda de tarde.

-Oito auxiliares de enfermería en quenda de noite.

-Un encargado almacén en quenda de mañá.

27. Casa do Mar de Moaña:

-Unha limpadora na súa quenda habitual.

2.9. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

A) Servicios periféricos:

a) Centros: provincia de Pontevedra.

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo:

-O director.

-Un subalterno.

-Dous educadores.

-Un xefe de cociña.

-Un oficial 2ª de cociña.

-Dous axudantes de cociña.

-Dúas camareiras-limpadoras.

Instituto Galego de Formación en Acuicultura. A Illa de Arousa:

-O director.

Centro de Investigacións Mariñas. Vilanova de Arousa:

-Un vixilante.

-Un encargado xeral (mantemento).

Centro de Control da Calidade do Medio Mariño (Vilaxoán):

-O director.

-Un auxiliar de laboratorio.

b) Servicio de Protección de Recursos:

Bases de vixilancia de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía.

É necesario incluí-los servicios mínimos do persoal encargado da vixilancia nas augas da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, necesario non só para mante-lo control do sector senón tamén como coadxuvante en tarefas e actuación de salvamento e rescate cando as necesidades así o esixan. Polo tanto, os servicios mínimos, para cada unha das bases, son:

-Un xefe de base.

-Un patrón.

-Un mecánico.

-Dous vixilantes mariñeiros.

c) Confrarías da provincia de Pontevedra.

Os servicios mínimos das confrarías serán cubertos por un funcionario, para cada unha delas.

2.10. Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

-Persoal da Administración de xustiza:

-Un 30% do total de funcionarios dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza que presten servicios na Audiencia Provincial de Pontevedra.

-Un oficial, un auxiliar e un axente da Administración de xustiza para cada un dos xulgados do Contencioso-Administrativo, de Primeira Instancia, de Instrucción, de Primeira Instancia e Instrucción, do Social, de Menores, do Penal, coa excepción daqueles xulgados de Instrucción que actúen de garda, que deberán contar con toda a súa dotación de persoal.

-Un axente xudicial por cada un dos xulgados de paz.

-Un encargado de mantemento en cada edificio dos xulgados.

-Persoal de Protección Civil:

-Un técnico de Protección Civil.

-Persoal en materia de seguridade:

-Un técnico dependente do Servicio de Interior.

-Servicios de Mediación, Arbitraxe e Conciliación:

-Un letrado conciliador.

-Áreas de Seguridade e Hixiene:

-Un técnico de prevención de riscos laborais-especialidade de seguridade.

2.11. Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Provincia de Pontevedra.

Con carácter xeral, tódolos directores dos centros que a continuación se relacionan:

a) Garderías infantís:

* Campolongo: un oficial 1ª cociña, tres técnicos especialistas en xardín de infancia, unha camareira-limpadora.

* Relfas (Vigo): un oficial 1ª cociña, dous técnicos especialistas en xardín de infancia, unha camareira-limpadora.

* Bouzas (Vigo): un oficial 1ª cociña, dous técnicos especialistas en xardín de infancia, unha camareira-limpadora.

* O Toxo: un oficial 1ª cociña, dous técnicos especialistas en xardín de infancia, unha camareira-limpadora.

* Rosalía de Castro-Coia (Vigo): un oficial 1ª cociña, un mestre especialista en educación infantil, dous técnicos especialistas en xardín de infancia, dous camareiras-limpadoras.

* Cabral (Vigo): un oficial 1ª cociña, tres técnicos especialistas en xardín de infancia, dúas camareiras-limpadoras.

* Redondela: un oficial 1ª cociña, dous técnicos especialistas en xardín de infancia, unha camareira-limpadora.

b) Centros de menores:

* Avelino Montero: un cociñeiro, unha camareira-limpadora, seis educadores, un vixilante nocturno.

* San Paio (Vigo): un cociñeiro, unha camareira-limpadora, un educador.

c) Albergues, casas de xuventude, campamentos e residencias:

* Albergue Xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa): un garda.

* Casa de Xuventude de Forcarei: un ordenanza.

* Casa de Xuventude de Vilagarcía de Arousa: un ordenanza.

* Casa de Xuventude de Lalín: un ordenanza.

* Casa de Xuventude de Tui: un ordenanza.

* Campamento Xuvenil Pontemaril (Forcarei): un garda.

* Residencia Xuvenil Altamar (Vigo): un oficial 1ª cociña, dúas camareiras-limpadoras, un ordenanza.

* Centro de Formación Ocupacional de Vigo: un auxiliar.

d) Oficinas de emprego:

* Oficinas de emprego de Vigo (Coia, López Mora, Sanjurjo Badía e O Calvario) e Oficina de Rmprego de Pontevedra: ademais do director, dous auxiliares.

* Restantes oficinas de Emprego (A Estrada, Baiona, Cambados, O Porriño e Vilagarcía de Arousa): ademais do director, un auxiliar. (A Cañiza, Caldas de Reis, Cangas, Lalín, Ponteareas, Redondela e Tui): o director.

2.12. Consellería de Medio Ambiente:

Delegación Provincial de Pontevedra.

-Un emisorista do Servicio de Defensa contra Incendios Forestais.

Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán:

-Un técnico.

-Un aux. laboratorio.

-Un oficial de 1ª ou 2ª.

-Un péon.

-Un funcionario de Administración xeral.

Distritos forestais.

Cabeceira:

-Un técnico.

-Un axente forestal.

-Un emisorista.

Comarcas:

-Un axente forestal.

-Unha brigada de defensa contra incendios forestais.

-Un conductor-motobomba de defensa contra incendios forestais.

-Un vixilante fixo de defensa contra incendios forestais nas torres operativas.

No caso de que durante o tempo da folga se producisen incendios que, ó xuízo dos responsables do servicio, obrigasen a adoptar medidas complementarias ás adoptadas co persoal previsto como mínimo, este poderá elevarse ata o cento por cento.

Servicio de Medio Ambiente Natural:

-Un axente forestal por comarca con funcións no ámbito da vixilancia das augas continentais da Comunidade Autónoma e do seu uso socio-recreativo, espacios naturais protexidos e instalacións.

Servicio de Montes e Industrias Forestais/Viveiros e instalacións afíns:

-Un responsable en cada unidade.

Artigo 3º

O persoal que debe presta-los servicios relacionados nos artigos anteriores será destinado polos secretarios xerais nos servicios centrais das consellerías, polos delegados provinciais nos servicios periféricos e polos directores dos centros, organismos autónomos e empresas públicas nos restantes supostos.

Artigo 4º

O incumprimento da obriga de atende-los servicios mínimos fixados nesta orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable ós diversos colectivos.

Artigo 5º

O disposto nesta orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal na dita situación.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública