Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.373

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 76/2000, interposto por Fernando García Quintela.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado Contencioso-Administrativo número catro da Coruña providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 76/2000, interposto por Fernando García Quintela contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 10 de febreiro de 2000, pola que se desestima o recurso de reposición formulado contra a Orde do 1 de decembro de 1999, pola que se convoca o concurso 5/1999.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer como

parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública