Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.373

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de decembro de 2000, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

O incremento da actividade do Centro de Control de Calidade do Medio Mariño en canto a controis analíticos das condicións oceanográficas, fitoplancto, biotoxinas e toda clase de compoñentes contaminantes, químicos e de microbioloxía, para obter tódalas garantías sanitarias de cara ó consumidor, leva a adecua-lo cadro de persoal do centro ó dito incremento de actividade.

Todo isto así como as modificacións puntuais formuladas pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, fai necesario modifica-la relación de postos de traballo da dita consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería Pesca, Marisqueo e Acuicultura, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do un de decembro de dous mil, adoptou o seguinte,

ACORDO:

1. Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

2. Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do un de decembro de dous mil, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Modificacións/creacións de formacións específicas:

Modifícanse as descricións dos seguintes códigos de formación específica quedando da seguinte forma:

711. Experiencia mínima de dous anos en técnicas analíticas de microbioloxía e patoloxía de moluscos (R.I.).

717. Experiencia mínima de dous anos en programas de control e técnicas de análise de microbioloxía e patoloxía de moluscos (R.I.).

880. Experiencia mínima de dous anos en técnicas de análise de nutrientes, carbono e pigmentos fotosintéticos en auga de mar (R.I.).

881. Experiencia mínima de dous anos en avaliación da calidade das zonas de producción no medio mariño (R.I.).