Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.375

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de novembro de 2000 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado Fingoi de Lugo para imparti-las ensinanzas de música correspondentes ó grao elemental.

Segundo o disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, é competencia da Comunidade

Autónoma galega a regulamentación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, e o artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23 de xullo), establece que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que lle corresponden as ditas competencias.

Examinado o expediente promovido por Mª Asunción Fernández Puentes, no que solicita autorización de apertura dun centro para imparti-las ensinanzas musicais de grao elemental que establece a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Vistos os informes da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo sobre o cumprimento efectivo dos requisitos mínimos que establece o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, para os centros que impartan as ensinanzas artísticas regradas previstas no capítulo primeiro, título II da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e que a estructura e planificación académica do centro se axusta ó disposto no Decreto 253/1993, do 29 de xullo (DOG do 25 de outubro), polo que se establece o currículo do grao elemental e do grao medio das ensinanzas de música e o acceso ós ditos graos.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorízase o centro privado Fingoi de Lugo para imparti-las ensinanzas de música correspondentes ó grao elemental establecidas na Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, segundo os datos que figuran no anexo desta orde.

Segundo.-En cumprimento do que establece a disposición adicional terceira do Decreto 253/1995, do 29 de setembro, o centro autorizado de música Fingoi queda adscrito, para efectos administrativos, ó conservatorio profesional de música de Lugo.

Terceiro.-Esta autorización de ensinanzas musicais de grao elemental serán impartidas na quenda de tarde e noite.

Cuarto.-O mencionado centro queda obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las medidas necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Localidade: Lugo.

Enderezo: avenida Aviación Española, nº 37.

Código: 27020598.

Titular: Colegio Fingoi, S.A.

Denominación: Centro Autorizado de Música Fingoi.

Postos escolares: grao elemental 80.