A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 03/0007961/2000, E.M., interposto por María Mercedes Casal Jiménez, en nome do Colexio Oficial de Biólogos, contra a Orde do 28 de abril de 2000, (DOG nº 89, do 10 de maio) desta consellería, pola que se establecen axudas para o desenvolvemento de programas de defensa sanitaria dos cultivos.
En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2000.
Ángel Bernardo Tahoces
Secretario xeral da Consellería de Agricultura,
Gandería e Politíca Agroalimentaria