Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.354

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de novembro de 2000 pola que se aproban os programas que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso nos corpos superior e de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupos A e B), escalas superior e técnica de estatística.

A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, establece no seu artigo 32.1º que as probas selectivas de funcionarios serán teóricas e prácticas e deberán adecuarse ós postos de traballo que se vaian ocupar.

De conformidade co devandito precepto, esta consellería resolve aproba-los programas que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso nos corpos superior e de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupos A e B), escalas superior e técnica de estatística creadas pola Lei 12/1992, do 9 de novembro, de creación de determinadas escalas de persoal funcionario ó servicio da Xunta de Galicia, e que se publican como anexo á presente orde.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

PROGRAMA QUE REXERÁ AS PROBAS SELECTIVAS PARA O ACCESO

Á ESCALA SUPERIOR DE ESTATÍSTICOS DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA

DE GALICIA

I. Estatística teórica.

1. Fenómenos aleatorios. Definicións de probabilidade. Fundamentación axiomática. Propiedades e teoremas.

2. Probabilidade condicionada. Independencia de sucesos. Propiedades e teoremas. Teorema de Bayes.

3. Variables aleatorias unidimensionais. Distribución de probabilidade de variables aleatorias discretas e continuas. Función de probabilidade, función de densidade e función de distribución. Cambios de variable.

4. Características dunha distribución unidimensional. Esperanza matemática. Momentos. Cuantís. Medidas de tendencia central, de dispersión e de forma. Desigualdade de Chebychev.

5. Distribución unidimensional de probabilidade. Función xeratriz. Función característica. Propiedades. Teoremas. Fórmula de inversión.

6. Distribucións discretas unidimensionais máis relevantes: Bernoulli. Binomial. Xeométrica. Binomial negativa. Hiperxeométrica. Poisson. Relacións asintóticas.

7. Distribución normal e distribucións asociadas: khi-cadrado, F de Fisher-Snedecor, t de Student. Distribución log-normal.

8. Distribución de Pareto. Distribución de Cauchy. Distribucións exponencial, gamma, beta: relacións coas distribucións binomial e Poisson.

9. Variables aleatorias multidimensionais. Función de distribución. Propiedades. Función de probabilidade e función de densidade. Distribucións marxinais e condicionadas. Independencia.

10. Esperanza matemática dunha distribución multidimensional. Momentos. A matriz de covarianzas. Función característica. Cambios de variable.

11. Principais distribucións multidimensionais: multinomial, hiperxeométrica multivariante. A distribución normal multivariante.

12. Regresión e correlación nunha distribución multidimensional. Esperanza condicionada. Propiedades. Regresión simple: recta de regresión e curva de regresión. Regresión múltiple: hiperplano de regresión e superficie xeral de regresión.

13. Converxencia de sucesións de variables aleatorias. Tipos de converxencia e relacións entre elas. Leis dos grandes números. Teoremas centrais do límite. Teorema de Moivre. Teorema de Lindeberg-Levy.

14. Procesos estocásticos en tempo discreto. Teorema de Kolmogorov. Cadeas de Markov.

15. Procesos de Markov en tempo continuo e espacio de estados discreto. Procesos de Poisson e xeneralizacións.

16. A inferencia estatística. Inferencia paramétrica e non paramétrica, clásica e bayesiana. Mostraxe aleatoria simple. Mostraxe nunha poboación finita: diversos procedementos de mostraxe. Método de Mortecarlo.

17. Estimación puntual de parámetros. Estatísticos. Estimadores. Propiedades dos estimadores puntuais: innesgadura, eficiencia, consistencia, suficiencia, robustez.

18. Estimadores da media, a proporción, a diferencia de medias e a diferencia de proporcións. Propiedades e distribución na mostraxe. Estimadores da varianza e do cociente de varianzas. Normalidade. Teoremas de Cohran e Fisher.

19. Estatísticos ordenados. Distribución dun estatístico ordenado. Distribucións conxuntas. Recubrimentos. Distribución do máximo, do mínimo e do percorrido. Distribución asintótica dun estatístico ordenado.

20. Métodos de estimación de parámetros. Método de analoxía. Método dos momentos. Método de mínimos cadrados.

21. Método de estimación de máxima verosimilitude. A función de verosimilitude. Propiedades asintóticas dos estimadores de máxima verosimilitude.

22. Estimación por intervalos de confianza. Conceptos xerais. Métodos de construcción de intervalos de confianza: método do estatístico pivote e método xeral de Neyman. Aplicacións. Determinación do tamaño da mostra.

23. Métodos de remostraxe. Métodos boostrap e jacknife: aplicacións á estimación de parámetros.

24. Estimación bayesiana. Distribucións a priori e a posteriori. Función de perda e funcións de risco. Estimador de Bayes. Comparación co método de máxima verosimilitude.

25. Contrastes de hipóteses. Formulación xeral. Hipóteses simples e compostas. Tipos de erro. Nivel de significación. Potencia dun contraste. Contrastes clásicos de parámetros.

26. Contrastes da razón de verosimilitudes. Teorema de Neyman-Pearson. Contrastes aleatorizados. Contrastes xerais da razón de verosimilitudes. Aplicacións.

27. Contrastes de bondade de axuste. Contraste khi-cadrado. Contraste de Kolmogorov-Smirnov. Contrastes de normalidade. Transformacións para conseguir normalidade.

28. Estimadores non paramétricos da función de densidade e da función de regresión. Método núcleo.

29. Contrastes de independencia e homoxeneidade. Contrastes de refachos. Contrastes de autocorrelación. Contrastes de Wilcoxon. Análise de táboas de continxencia.

30. Control de calidade. O concepto de proceso baixo control. Control por atributos e por variables. Capacidade do proceso. Inspección para aceptación ou rexeitamento. Plans de inspección. Curva característica. Plans dobres, múltiples e secuenciais.

II. Métodos estatísticos.

31. Deseño de experimentos. Conceptos xerais e principios fundamentais. Deseño cun factor completamente aleatorizado: análise da varianza (ANOVA I). Estimación dos parámetros. Contraste de igualdade de medias. Comparacións múltiples. Validación do modelo. Contraste non paramétrico de Kruskal-Wallis.

32. Deseños experimentais con dous ou máis factores. Deseños factoriais. Interacción. A análise da

varianza con dous factores (ANOVA II) e extensións. O concepto de fracción dun experimento.

33. Deseño de experimentos en bloques aleatorizados. Deseño en bloques cun factor principal: comparación co deseño completamente aleatorizado. Contraste non paramétrico de Friedman. Deseños en cadrados latinos e greco-latinos. Deseños por bloques incompletos.

34. Deseños factoriais con dous niveis (2). Algoritmo de Yates. Técnicas de confusión. Deseños fraccionarios. Resolución dun deseño. Deseños con tres niveis por factor (3).

35. Modelo de compoñentes da varianza. Modelo con efectos aleatorios. Modelos mixtos. Deseños xerárquicos ou aniñados en dúas ou máis etapas. Deseños xerárquicos e factores cruzados.

36. O modelo de regresión múltiple. Formulación e estimación puntual. Hipóteses básicas. Estimación dos parámetros. Propiedades do axuste. Propiedades dos estimadores. Estimación da varianza. Descomposición da varianza. A varianza residual.

37. Intervalos de confianza e contrastes. Formulación xeral. Intervalos de confianza e contrastes para os coeficientes de regresión. Rexións de confianza para conxuntos de coeficientes. Contrastes para grupos de coeficientes. Intervalos de confianza para a varianza.

38. Correlación en regresión múltiple. O coeficiente de determinación. O coeficiente de determinación corrixido. Correlación parcial. Correlación parcial e regresión por etapas. Relación entre correlacións simples, parciais e múltiples.

39. Predicción. Predicción do valor medio. Intervalos de confianza para o valor medio. Predicción dun valor individual. Intervalo de confianza para un valor individual.

40. Multicolinearidade. Formulación do problema; definición e consecuencias; índices e tests para a súa detección; o seu tratamento. A hipótese de normalidade; definición e consecuencias; a súa identificación e tratamento.

41. Erros de especificación. Erros de especificación na forma funcional; test de linearidade. Outras formas funcionais. Erros de especificación nos regresores. Métodos de selección de regresores.

42. Mínimos cadrados xeneralizados. Descrición do método. A hipótese de heterocedasticidade: definición e consecuencias; a súa identificación e tratamento.

43. Autocorrelación. Definición e consecuencias. Test de autocorrelación. Estudio especial dos tests de Durbin e Watson. Formas de corrección.

44. Regresión con variables cualitativas. O concepto de variable ficticia. Interacción entre atributos. Interacción entre atributos e regresores. Modelos de regresión con variable resposta cualitativa.

45. Regresión lineal con regresores estocásticos. Formulación. Regresión lineal estocástica independente. Regresión lineal autorregresiva. Regresión lineal incorrelada contemporaneamente. Regresión lineal estocástica xeral.

46. Sistemas de ecuacións lineais simultáneas. O modelo estructural. Identificación. Estimación da forma reducida. Métodos para a estimación estructural.

47. Regresión e modelos de deseño experimental. Análise da varianza cun factor e regresión. Análise da covarianza. O modelo lineal xeral.

48. Introducción á análise multivariante. Visión xeral e clasificación dos métodos. Utilización de distribucións multivariantes: distribución normal, de Wishart, T de Hotelling e de Wilks. A distancia de Mahalanobis.

49. Análise de compoñentes principais. Definición e propiedades. Interpretación xeométrica. Distribución na mostraxe e contrastes de hipótese sobre compoñentes principais. Análise de correspondencias.

50. Análise factorial. O modelo factorial. Métodos de estimación dos parámetros. Rotación dos factores. Relacións entre a análise factorial e a análise de compoñentes principais.

51. Análise de correlación canónica. Coordenadas canónicas e representación canónica. Tratamento de datos cualitativos e de datos cualitativos e cuantitativos. Redundancia e proporción de varianza explicada.

52. Análise discriminante. O problema de clasificación con dúas ou máis poboacións. Funcións discriminantes. Probabilidade de clasificación incorrecta. Análise discriminante non paramétrica.

53. Análise clúster. Distancias e similitudes con variables cuantitativas, cualitativas e ordinais. Técnicas de formación de grupos: modelos xerárquicos e modelos de optimización. Relación entre a análise clúster e a análise discriminante. Escalamento multidimensional.

54. Series temporais e procesos estocásticos. O concepto de proceso estocástico. Procesos estacionarios. Proceso de ruído branco. Procesos integrados.

55. Procesos autorregresivos. Proceso autorregresivo de primeira orde. Proceso autorregresivo de segunda orde. Proceso autorregresivo xeral. A función de autocorrelación parcial.

56. Procesos de media móbil. Descomposición de Wold. O proceso de media móbil de orde un. O proceso de media móbil xeral. Procesos ARMA.

57. Procesos non estacionarios. Paseo aleatorio. O proceso de alisamento exponencial simple. Procesos ARIMA: concepto. Procesos ARIMA estacionais.

58. A identificación do modelo ARIMA. Identificación da estructura non estacionaria. A identificación da estructura ARMA.

59. A estimación do modelo ARMA. Estimación de procesos AR. Estimación de modelos MA e mixtos. Propiedades dos estimadores.

60. Diagnose do modelo. Contrastes básicos. Reformulación. Sobreaxuste. Busca de compoñentes deterministas. Análise do grao de diferenciación.

61. Predicción do modelo ARIMA. A esperanza condicionada como predictor óptimo. A ecuación de predicción dun modelo ARIMA. Interpretación das prediccións. Varianza das prediccións. Adaptación das prediccións. Contraste de estabilidade do modelo.

62. Modelos de regresión dinámica. Fundamentos conceptuais. Establecemento dos parámetros da función de transferencia. Características da función de resposta a impulsos. Modelización do proceso de inercia. Cointegración.

63. A identificación do modelo. A función de covarianzas cruzadas. Relación entre as funcións de covarianzas cruzadas e de resposta a impulsos. Estimación da función de covarianzas cruzadas. Identificación da función de transferencia. Identificación do proceso de inercia. Estimación.

64. Contrastación. Contrastes sobre os parámetros. Contrastes sobre os residuos. Contrastes de cointegración. Predicción. Introducción á análise de intervención.

65. A mostraxe de poboacións finitas. Conceptos de poboación, marco e mostra. Espacio mostral. Procedementos de mostraxe aleatoria: deseño mostral, esquema de mostraxe. Selección con e sen reposición. Probabilidades de inclusión: propiedades.

66. Procedementos de estimación. Estimadores lineais. Formación de estimadores. Propiedades dos estimadores. Erro de mostraxe. Uso da distribución normal. O nesgo e os seus efectos. O erro cuadrático medio. Estimación con máis dunha variable.

67. Mostraxe aleatoria con probabilidades iguais, con reposición e sen reposición. Estimadores de medias, proporcións e totais. Propiedades. Estimación en subpoboacións. Límites de confianza: métodos exactos para mostras pequenas na estimación de proporcións.

68. Mostraxe con probabilidades iguais: determinación do tamaño da mostra. Formulación do problema. Especificación da precisión e confianza. Mostraxe inversa para atributos raros. Tamaño de mostra para a estimación de máis dunha variable. O tamaño da mostra como problema de decisión. Efecto do deseño.

69. Mostraxe con probabilidades desiguais e reposición. Métodos de selección. O estimador de Hansen-Hurwitz. Mostraxe con probabilidades desiguais sen reposición. Métodos especiais de selección da mostra. O estimador de Horvitz-Thompson. Probabilidades óptimas de selección.

70. Mostraxe aleatoria estratificada. Principios fundamentais. Estimadores lineais, varianzas e estimación das varianzas. Métodos de asignación das mostras. Asignación óptima. Ganancia de precisión na mostraxe estratificada. Determinación do tamaño da mostra.

71. Mostraxe estratificada. Efecto das desviacións da asignación óptima e dos erros dos tamaños dos estratos. Asignación con máis dunha característica. Construcción dos estratos. Estratificación a posteriori.

72. O estimador de razón. Aproximación da varianza e a súa estimación. Comparación coa estimación simple. Nesgo do estimador de razón. Estimador de razón na mostraxe estratificada: estimador separado e combinado.

73. O estimador de regresión. Estimación con pendente predeterminada. Estimación con pendente calculada da mostra. Varianza e a súa estimación. Nesgo. Comparación co estimador simple e de razón. O estimador de regresión en mostraxe estratificada.

74. Mostraxe de conglomerados nunha etapa. Motivación. Medida da homoxeneidade dos conglomerados. Mostraxe simple de conglomerados: estimador sen nesgo e estimador de razón. Mostraxe con probabilidades proporcionais ó tamaño. Comparacións.

75. Mostraxe de conglomerados en dúas etapas. Estimadores lineais sen nesgo. Cálculo de esperanzas e varianzas. Teorema de Madow. Mostras autoponderadas.

76. Mostraxe de conglomerados en dúas etapas. Estimación das varianzas. Teoremas I e II de Durbin. Mostraxe con e sen reposición e probabilidades desiguais en primeira etapa. Probabilidades de selección e fraccións de mostraxe e submostraxe óptimas.

77. Mostraxe sistemática. Descrición. Relación coa mostraxe de conglomerados e comparación coa mostraxe estratificada. Estimador da media. Varianza. O problema da estimación da varianza: modelos da poboación.

78. Métodos de estimación de varianzas. Método xeral de linearización. Grupos aleatorios. Conglomerados últimos. Semimostras reiteradas. Método jacknife. Métodos boostrap.

79. Mostraxe dobre ou bifásica. Descrición e aplicacións. Mostraxe repetida da mesma poboación. Estimación do cambio e do nivel na segunda ocasión. Rotación e superposición das mostras.

80. Fontes de erro nunha enquisa por mostraxe. Marcos imperfectos: unidades baleiras e unidades repetidas. Efectos da non-resposta. Tratamento. Modelo para os erros de medición. Estudio do erro de medición.

III. Economía.

81. A oferta, a demanda e o mercado. Os mercados. A curva de demanda. A curva de oferta. A relación entre a oferta e a demanda: o equilibrio do mercado.

Factores subxacentes á curva de demanda. Desprazamentos da curva de demanda. Factores subxacentes á curva de oferta. Desprazamentos da curva de oferta.

82. Elasticidades e axustes do mercado. A elasticidade-prezo da demanda. A elasticidade da demanda e os ingresos dos vendedores. A elasticidade da demanda: casos extremos. Os bens substitutivos e a elasticidade-prezo. Outras elasticidades da demanda. A elasticidade-prezo da oferta. A demanda e a oferta a curto prazo e a longo prazo. A intervención do sector público no mercado: a imposición dun prezo máximo ou mínimo; a incidencia dos impostos; os problemas na agricultura e a renda agraria. Análise dinámica. O teorema da tea de araña.

83. A conducta dos consumidores e a demanda do mercado. As curvas de demanda dos individuos e do mercado. A utilidade marxinal decrecente e as curvas de demanda. A utilidade e a conducta. A restricción orzamentaria. Curvas de indiferencia. Efecto-renda e efecto-substitución dunha variación do prezo. O excedente do consumidor.

84. A producción e os custos. Eficiencia técnica e eficiencia económica. A función de producción. O curto e o longo prazo. A producción a curto prazo. As curvas de custo a curto prazo. A producción e os custos a longo prazo. Economías e deseconomías a escala.

85. A oferta nunha industria competitiva. A empresa e os mercados perfectamente competitivos. A decisión de oferta a curto prazo da empresa. As curvas de oferta a curto prazo da empresa e do mercado. As curvas de oferta a longo prazo.

86. Competencia e eficiencia económica. A asignación eficiente dos recursos. O sistema de prezos e a eficiencia. O excedente dos consumidores e dos productores. A competencia na economía e a eficiencia no sentido de Pareto.

87. O monopolio. Os mercados imperfectamente competitivos. O ingreso marxinal e a producción do monopolio. O monopolio fronte á competencia. O porqué da existencia dos monopolios. Extensións do modelo básico de monopolio. Monopolio e progreso. O Estado e o problema do monopolio. A regulación.

88. O oligopolio. A concentración e a diferenciación. Colusión e rivalidade no oligopolio. Variedades da conducta oligopolística. A competencia. A competencia non baseada nos prezos: variedade e publicidade.

89. Os fallos do mercado. Os fallos do mercado, a política e a regulación. A regulación na práctica. As externalidades. Información e protección.

90. O modelo clásico. Introducción. O mercado de traballo e a oferta agregada no modelo clásico. A función de producción agregada. A demanda e a oferta de traballo. O equilibrio no mercado de traballo e o pleno emprego. A curva de oferta agre

gada. A teoría cuantitativa do diñeiro e a demanda agregada no modelo clásico. A teoría clásica do tipo de xuro.

91. A teoría xeral de Keynes. A Gran Depresión. As críticas ó modelo clásico. O principio da demanda efectiva.

92. O gasto agregado e a curva IS. As compoñentes do gasto agregado nunha economía cerrada. O gasto en consumo: a función de consumo keynesiana; a revisión da función de consumo keynesiana; outras teorías acerca do gasto en consumo. O gasto en investimento: a eficiencia marxinal do capital; a función de investimento. O gasto público e os impostos. Determinación do nivel de gasto agregado de equilibrio. A construcción da curva IS.

93. A demanda de diñeiro. O diñeiro, os activos financeiros e a teoría keynesiana do tipo de xuro. A teoría keynesiana da demanda de diñeiro: a demanda de diñeiro para transaccións e a demanda de diñeiro por precaución; a demanda especulativa de diñeiro; o enfoque de inventario na demanda de diñeiro para transaccións. O comportamento fronte ó risco e a demanda especulativa de diñeiro. A función de demanda de diñeiro.

94. A oferta de diñeiro e a curva LM. O banco central e a base monetaria. O sistema bancario e o multiplicador monetario. O equilibrio no mercado de diñeiro. A construcción da curva LM.

95. O modelo IS-LM e a curva de demanda agregada. O equilibrio entre a IS e a LM. Estática comparativa no modelo IS-LM: a política monetaria; a política fiscal. A eficacia das diferentes políticas de demanda: versións do modelo IS-LM. A construcción da curva de demanda agregada.

96. O modelo estático de oferta e demanda agregadas. O mercado de traballo keynesiano e o desemprego involuntario: a rixidez de salarios (modelo keynesiano extremo); salarios monetarios flexibles e expectativas de prezos (modelo keynesiano xeral). A construcción da curva de oferta agregada. O equilibrio entre a oferta e a demanda agregadas.

97. A política macroeconómica no modelo estático. As versións clásica e keynesiana do modelo. As políticas de demanda en ámbalas versións do modelo: a política monetaria; a política fiscal. As políticas de oferta en ámbalas versións do modelo: a política fiscal polo lado da oferta; a política de rendas. Comparación entre o modelo clásico e o modelo keynesiano: o modelo keynesiano e o modelo clásico como casos particulares dun modelo máis xeral; a relevancia do modelo keynesiano: a trampa da liquidez; a relevancia do modelo clásico: o efecto riqueza; o curto prazo, o longo prazo e a necesidade da política económica.

98. A inflación. A relación entre a inflación e o desemprego: a curva de Phillips. A xustificación teórica da curva de Phillips. As aplicacións da relación entre inflación e desemprego para a política económica.

99. A hipótese da taxa natural de paro e o monetarismo. A curva de Phillips ampliada con expectativas adaptativas (modelo de percepcións erróneas dos traballadores). A hipótese da taxa natural de paro e a curva de Phillips a longo prazo. A efectividade das políticas de demanda: a hipótese aceleracionista. A concepción monetarista da política económica: a reformulación da teoría cuantitativa do diñeiro; o papel da política monetaria; a política fiscal e o efecto expulsión.

100. A hipótese de expectativas racionais e a nova macroeconomía clásica. A hipótese de expectativas racionais. O modelo de nova macroeconomía clásica (NMC): a curva de Phillips ampliada con expectativas racionais; a curva de oferta sorpresa de Lucas. A política económica no modelo de NMC: a crítica de Lucas; a concepción da política económica na NMC.

101. Os contratos salariais e a nova macroeconomía keynesiana. A fixación de prezos en mercados de competencia imperfecta: o mark-up. A fixación de salarios en condicións de competencia imperfecta: a negociación sindical. A reinterpretación da curva de Phillips e a taxa de paro non aceleradora da inflación ou NAIRU. O modelo de nova macroeconomía keynesiana (NMK). Os efectos da política económica nun modelo de NMK: as políticas de demanda: a persistencia do desemprego e a histérese; as políticas de oferta.

102. A balanza de pagamentos e os tipos de cambio. A balanza de pagamentos. O funcionamento dos mercados de divisas non intervidas: o réxime de tipos de cambio flexibles. Os fluxos comerciais e a determinación do tipo de cambio: a condición de Marshall e Lerner; as operacións financeiras internacionais e a determinación do tipo de cambio: as condicións de paridade de xuros. A intervención nos mercados de divisas: o réxime de tipos de cambio fixos. Os tipos de cambio reais e a paridade do poder adquisitivo.

103. A demanda agregada nunha economía aberta: o modelo Mundell-Fleming. A curva IS nunha economía aberta. A curva LM nunha economía aberta. A condición de equilibrio externo e a construcción da curva BP. O grao de mobilidade do capital e o equilibrio externo: as economías pequenas e a mobilidade perfecta do capital; as economías grandes e a mobilidade imperfecta do capital. Equilibrio do modelo Mundell-Fleming (MF): o equilibrio con tipos de cambio fixos e mobilidade perfecta do capital; o equilibrio con tipos de cambio flexibles e mobilidade perfecta do capital; o equilibrio con tipos de cambio fixos e mobilidade imperfecta do capital. O equilibrio con tipos de cambio flexibles e mobilidade imperfecta do capital.

104. As políticas de demanda no modelo Mundell-Fleming. As políticas monetaria e fiscal con tipos de cambio fixos e mobilidade perfecta do capital. As políticas monetaria e fiscal con tipos de cambio flexibles e mobilidade perfecta do capital. As

políticas monetaria e fiscal con tipos de cambio fixos e mobilidade imperfecta do capital. As políticas monetaria e fiscal con tipos de cambio flexibles e mobilidade imperfecta do capital.

105. O modelo de oferta e demanda agregadas dunha economía aberta. A curva de demanda agregada nunha economía aberta. A curva de oferta agregada dunha economía aberta no modelo NMC. A curva de oferta agregada dunha economía aberta nun modelo NMK. As taxas de desemprego e producción sostibles nunha economía aberta.

106. A política económica nunha economía aberta. Os efectos das políticas económicas nunha economía aberta no modelo NMC: as políticas de demanda con tipos de cambio fixos e flexibles; as políticas de oferta con tipos de cambio fixos e flexibles. Os efectos das políticas económicas nunha economía aberta no modelo NMK: as políticas de demanda con tipos de cambio fixos e flexibles; as políticas de oferta con tipos de cambio fixos e flexibles. A depreciación como instrumento de política económica.

107. O circuíto económico e o SEC. O circuíto máis elemental: representacións alternativas. A introducción da conta de capital. O circuíto económico nunha economía aberta. Un esquema máis completo do circuíto económico. Estructura do sistema SEC.

108. Conceptos básicos. Producción. A nación e o resto do mundo: territorio económico; unidades residentes. Unidades económicas. Operacións. Sistema de contas.

109. Bens e servicios. Introducción. Operacións de bens e servicios: producción de bens e servicios; consumo intermedio; consumo final; formación bruta de capital; exportacións e importacións. Os impostos na valoración das operacións de bens e servicios: impostos ligados á producción (excluído o IVE) e á importación; subvencións; impostos netos; diferentes tipos de prezos; imposto de valor engadido e o equilibrio de bens e servicios.

110. Salarios e outras operacións de distribución. Introducción. Operacións de distribución: remuneración de asalariados; rendas da propiedade e da empresa; transferencias correntes sen contrapartida; transferencias de capital. O circuíto dos salarios, as cotizacións e as prestacións sociais: o seu rexistro.

111. Contas dos sectores institucionais: a táboa económica de conxunto. Introducción. Delimitación dos sectores institucionais. Sectores financeiros: empresas de seguros (primas e indemnizacións); institucións de crédito. O sector das administracións públicas. Estructura xeral da táboa económica de conxunto. Os agregados de contabilidade nacional: producto interior bruto a prezos de mercado (PIBpm); producto nacional bruto a prezos de mercado (PNBpm); excedente bruto de explotación da economía; renda nacional bruta dispoñible; capacidade ou necesidade de financiamento da nación.

112. Contas das ramas de actividade: as táboas input-output. Introducción. Estructura dunha táboa input-output: unidades; deseño; contas contidas na TIO. Valoración e tratamentos especiais da TIO: valoración dos fluxos da táboa; transferencias; intraconsumos; producción imputada de servicios bancarios. O modelo input-output: as ecuacións de equilibrio; matriz de coeficientes técnicos; matriz inversa de Leontief; limitacións do modelo e as súas extensións.

113. Operacións financeiras. Introducción. Engarzamento entre contas financeiras e non financeiras. Clasificación das operacións financeiras. Tratamento das operacións financeiras na contabilidade nacional.

114. Índices de prezos e volume. Introducción. Índices de valor, de prezos e de volume: índices elementais; índices agregados. Cambios de calidade: diferencias de calidade; diferencias de prezos non debidas á calidade; tratamento dos cambios de calidade. Aplicación de índices de prezos e volume en contabilidade nacional: obtención de fluxos a prezos constantes. A elección do ano base; delimitación do ámbito das contas a prezos constantes; fluxos de bens e de servicios destinados á venda; fluxos de servicios non destinados á venda; impostos e subvencións sobre os productos e as importacións; principios aplicables ó valor engadido bruto e ó PIB; deflación dos compoñentes de renda.

115. Contas trimestrais e rexionais. Introducción. Contabilidade trimestral: métodos e información estatística dispoñible; tratamento da estacionalidade; coherencia entre as contas trimestrais e as contas anuais; cobertura das contas trimestrais; revisións dos datos. Contas rexionais: territorio e unidades económicas na rexión; delimitación rexional na Unión Europea; métodos de rexionalización; operacións das contas rexionais; as contas rexionais en España; a contabilidade rexional de Galicia.

116. Extensións da contabilidade nacional. Introducción. As contas de patrimonio: introducción; o método do inventario permanente (MIP); contas patrimoniais en España. A matriz de contabilidade social. O circuíto económico e a matriz de contabilidade social. Contas satélite: as súas características principais

IV. Demografía, informática e dereito público e organización do Estado.

117. As características demográficas dunha poboación. Delimitación temporal: o diagrama de Lexis. Clasificación por sexo e idade. Pirámides de poboación.

118. Os fenómenos demográficos. Análise lonxitudinal e transversal. Intensidade e calendario. Taxas e probabilidades.

119. A nupcialidade. Medicións transversais. Taxas e probabilidades. Intensidade e calendario. Nupcialidade do momento e por xeracións. Tipos

e modelos de nupcialidade. Determinantes da nupcialidade.

120. A natalidade, fecundidade e reproducción. Taxas. Intensidade e calendario. Medicións indirectas da fecundidade. Fecundidade dos matrimonios. Fecundidade natural e dirixida. Factores determinantes da fecundidade.

121. A mortalidade. Mortalidade xeral: taxa de mortalidade e esperanza de vida. Taxas brutas e específicas. As táboas de mortalidade. Táboas tipo. Mortalidade infantil e a idades avanzadas. Mortalidade por causas e diferencial por sexo.

122. As migracións. Definicións. Análise transversal do fenómeno migratorio. Mobilidade dunha xeración. Migración e urbanización. Determinantes da migración. Factores de atracción e de repulsión.

123. Crecemento dunha poboación. Medición do crecemento. Taxa de crecemento. Reproducción dunha poboación. Proxeccións de poboación. Procedementos matemáticos. Método das compoñentes.

124. Dinámica da poboación. Poboación malthusiana. Poboación estable. Poboación estacionaria. Análise da interacción entre a estructura e o movemento dunha poboación estable.

125. Fontes estatísticas demográficas.

126. Funcións básicas en demografía. Introducción. A función de Folwell. A función de Makeham. A curva loxística. Conclusións.

127. Conceptos xerais de informática: o ordenador e os seus compoñentes, redes, sistemas operativos e software de aplicación.

128. Conceptos de bases de datos relacionais. A linguaxe SQL.

129. A rede Internet. Servicios dispoñibles. O contorno Web como forma de difusión estatística.

130. Seguridade informática. Os conceptos de confidencialidade, dispoñibilidade integridade e non repudio. Control de accesos. Criptografía.

131. A Constitución española de 1978. Estructura e contido. Os dereitos e deberes fundamentais e liberdades públicas, a súa garantía e protección. O Tribunal Constitucional. O Defensor do Pobo.

132. A Coroa. As Cortes Xerais: o Congreso dos Deputados e o Senado, composición e funcións. O Goberno: composición e funcións. O control parlamentario do Goberno en España. O Poder Xudicial. O Tribunal de Contas.

133. A Administración pública: principios constitucionais informadores. A administración xeral do estado. A súa organización. Órganos superiores e órganos directivos. A administración periférica do estado. Os delegados do Goberno nas comunidades autónomas: carácter e atribucións.

134. As administracións locais: a posición constitucional dos municipios e provincias. Distribución de competencias entre o Estado e as comunidades

autónomas sobre Administración local. A Administración institucional. Os organismos públicos. Os organismos autónomos. As entidades públicas empresariais. A Administración corporativa.

135. O Estado das autonomías: a súa regulación na Constitución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. A Administración de xustiza en Galicia. O Valedor do Pobo.

136. A Administración pública galega. A Administración central. As consellerías: organización e estructura. A Administración periférica da Comunidade Autónoma. A Administración institucional da Comunidade Autónoma. As corporacións de dereito público de Galicia. As fundacións de interese galego.

137. O dereito administrativo. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos leis e decretos lexislativos. O regulamento. O ordenamento xurídico de Galicia: o réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego. Supletoriedade do dereito estatal.

138. O acto administrativo: concepto e clases. A eficacia do acto administrativo. Executividade e suspensión. Procedementos de execución. Nulidade de pleno dereito. Anulabilidade. Revogación e revisión de oficio.

139. O procedemento administrativo: concepto. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Especial referencia ó silencio administrativo. Os recursos administrativos: concepto e clases. Os dereitos dos cidadáns na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A responsabilidade da Administración pública e do persoal ó seu servicio.

140. Os contratos administrativos: concepto e clases. Formas de adxudicación dos contratos. Contido e efectos dos contratos administrativos. Cumprimento, resolución, rescisión e renuncia.

141. A función pública galega: bases do seu réxime xurídico. Persoal funcionario e persoal laboral. Persoal funcionario: sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción. Situacións administrativas dos funcionarios. Dereitos, deberes e réxime disciplinario. Persoal laboral: convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. Selección e contratación. Dereitos, deberes e réxime disciplinario.

142. As comunidades europeas. Natureza, obxectivos e fins. Fontes do dereito comunitario. Tipoloxía, características e efectos. A integración do dereito comunitario en España. As institucións comunitarias e o seu funcionamento: o Consello, a Comisión, o Parlamento, o Tribunal de Xustiza e o Tribunal de Contas.

143. O orzamento: concepto. Estructura e contido. Elaboración e aprobación. Modificacións orzamen

tarias. O procedemento de execución orzamentaria. O control orzamentario. O Consello de Contas.

144. A Lei 12/1989, do 9 de maio, da función estatística pública: principios e estructura. A recolla de datos. Segredo estatístico. Difusión da información estatística. A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal: a súa incidencia no ámbito estatístico.

145. A Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia: ámbito, principios, estructura e contido. O Consello Galego de Estatística. O Plan Galego de Estatística 1998-2001.

PROGRAMA QUE REXERÁ AS PROBAS SELECTIVAS PARA O ACCESO

Á ESCALA TÉCNICA DE ESTATÍSTICOS DA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA

DE GALICIA

I. Estatística descritiva.

1. Delimitación do concepto de estatística. Fases dunha investigación estatística. Niveis, escalas e unidades. Conceptos básicos: poboación, elementos e caracteres. Variables e atributos. Principais métodos de recolla de datos.

2. Estatísticas derivadas. Razóns, proporcións, porcentaxes e taxas. Números índices simples. As frecuencias e as súas propiedades: absolutas, relativas e acumuladas.

Distribucións unidimensionais.

3. Tabulación. Criterios básicos de tabulación. Tabulación segundo tipo de estatísticas. A construcción de intervalos: regras e criterios para a súa determinación.

4. Representacións gráficas. Representacións de variables: diagramas, polígonos e histogramas. Representacións de atributos: diagramas, pictogramas e cartogramas.

5. Medidas de tendencia central. As medias. As medias aritmética, xeométrica e cuadrática: concepto, propiedades e formas de cálculo.

6. Medidas de tendencia central. A mediana, a moda e os cuantís: concepto, propiedades e formas de cálculo.

7. Medidas de dispersión absolutas. Os percorridos ou rangos: percorrido total e percorridos intercuantílicos. As medias de desviacións: desviacións medias, desviacións absolutas medias e desviacións potenciais medias. Estudio especial da varianza e a desviación típica.

8. Medidas de dispersión relativas. O coeficiente de apertura. Os percorridos relativos. Percorrido semiintercuartílico. Estudio especial do coeficiente de variación.

9. Medidas de asimetría. Concepto de asimetría. O índice de Fisher. Os índices de Pearson. O índice centílico. O índice de Bowles-Yule. Índice de asimetría absoluta. O coeficiente de nesgo percentílico. Outros indicadores de asimetría.

10. Medidas de apuntamento. Concepto de apuntamento ou curtose. O índice de Fisher e o índice de Kelley: propiedades e formas de cálculo.

11. Medidas de concentración. Concepto de concentración. O índice de Gini. A curva de Lorenz. Os índices de Theil. Outras medidas de concentración.

12. Relacións entre características. Relación entre as medias. Relación entre desviacións absolutas medias. Relación entre a media aritmética, a mediana e a moda baixo hipótese de simetría/asimetría. A desigualdade de Chebychev.

13. Os momentos. Os momentos potenciais: respecto a un punto calquera, respecto á media e respecto á orixe. Relación entre momentos centrados e momentos respecto á orixe. Os momentos factoriais e a súa relación cos momentos respecto á orixe.

Distribucións bidimensionais.

14. As frecuencias. Formulación do problema. As frecuencias conxuntas absolutas e relativas. As frecuencias marxinais e condicionadas. Independencia estatística: concepto e formulacións alternativas.

15. Representacións gráficas. Representación de dous caracteres numéricos: diagrama de dispersión, estereograma e diagramas de contorno e superficie. Representación de dous caracteres cualitativos: diagramas de barras múltiples e colocadas unhas enriba das outras. Representación de estatísticas mixtas: os perfís e as pirámides de poboación.

16. Os momentos. Momentos respecto á orixe e momentos centrados. Relacións dos momentos coas características das distribucións marxinais. Estudio especial da covarianza.

17. Características condicionadas. A media aritmética condicionada: propiedades. A varianza condicionada: propiedades. Xeneralizacións.

Métodos descritivos.

18. Regresión e correlación. Regresión I e II. Regresión lineal e coeficientes de regresión. Coeficientes de correlación. Estudio especial do coeficiente de correlación lineal simple de Pearson. Descomposición da varianza e coeficiente de determinación.

19. Regresión e correlación múltiple. Regresión e correlación en máis de dúas variables: correlacións múltiples e parciais. O modelo descritivo de regresión lineal múltiple.

20. Números índices. Números índices simples e complexos. Propiedades dos números índices. Enlaces e cambios de base. Índices en cadea.

21. Números índices. Índices de prezos, cantidade e valor. Deflactación de series. Participación e repercusión.

22. Series de tempo. Concepto e representación gráfica. Compoñentes dunha serie. Esquemas de enlace. Ánalise da tendencia: concepto e métodos de determinación.

23. Series de tempo. Variacións estacionais: concepto e métodos de determinación. Variacións cíclicas: conceptos e a súa determinación. As variacións irregulares e o seu tratamento.

24. Estatísticas de atributos. Introducción. A correlación por rangos. Asociación entre caracteres nominais: as táboas de continxencia.

II. Estatística teórica e mostraxe.

25. Fenómenos aleatorios. Conceptos de probabilidade. Propiedades. Independencia de sucesos. Teorema de Bayes.

26. Variables aleatorias unidimensionais. Distribución de probabilidade de variables aleatorias discretas e continuas. Función de probabilidade, función de densidade e función de distribución. Cambios de variable.

27. Características dunha distribución unidimensional. Esperanza matemática. Momentos. Varianza. Cuantís. Desigualdade de Chebychev. Función característica e función xeratriz de momentos.

28. Distribucións discretas notables. Distribución binomial. Distribución hiperxeométrica. Distribución de Poisson. Propiedades e relacións entre elas.

29. Distribucións continuas notables. Distribución uniforme. Distribución exponencial. Distribución de Pareto. Distribución normal. O papel da distribución normal na estatística. Aproximacións pola distribución normal.

30. Distribución asociadas á normal: khi-cadrado, F de Fisher-Snedecor, t de Student. Importancia destas distribucións na estatística. Distribución log-normal.

31. Variables aleatorias multidimensionais. Distribucións conxuntas e marxinais. Distribucións condicionadas. Independencia.

32. Esperanza matemática dunha distribución multidimensional. A matriz de covarianzas. Correlación. Cambios de variable.

33. Regresión e correlación nunha distribución bidimensional. Esperanza condicionada. Propiedades. Rectas de regresión e curvas de regresión.

34. Distribución multinomial. Distribución normal multivariante. Propiedades.

35. A inferencia estatística. Poboación e mostra. Mostraxe aleatoria simple. Outros tipos de mostraxe.

36. Estimación puntual de parámetros. Estatísticos e estimadores. Distribución dun estimador na mostraxe. Propiedades dos estimadores puntuais.

37. Métodos de obtención de estimadores. Método dos momentos. Método de máxima verosimilitude. Propiedades.

38. Estimación de parámetros en poboacións normais. Propiedades e distribución na mostraxe. Estimadores da media, a proporción, a diferencia de medias e de proporcións en poboacións xerais. Propiedades.

39. Estimación por intervalos de confianza. Concepto xeral de intervalo de confianza e procedementos de obtención. Intervalos de confianza para os parámetros máis usuais. A determinación do tamaño da mostra.

40. Contraste estatístico de hipóteses. Formulación e conceptos xerais. Contrastes de significación. Nivel crítico. Contrastes clásicos de parámetros de poboacións normais.

41. A formulación de Neyman-Pearson no contraste de hipóteses. Tipos de hipóteses. Erros de tipo I e II. Potencia dun contraste. Relación cos intervalos de confianza.

42. Contrastes de bondade de axuste. Contraste khi-cadrado de Pearson. Contrastes de independencia e homoxeneidade. Contraste de Kolmogorov-Smirnov.

43. Control de calidade. Concepto de proceso baixo control. Control por atributos e por variables. Capacidade do proceso. Plans de inspección para aceptación ou rexeitamento. Curva característica. Plans de inspección secuenciais.

44. A mostraxe de poboacións finitas. Conceptos de poboación, marco e mostra. Mostraxe probabilística e otros tipos de mostraxe. Principais etapas nunha investigación por mostraxe. Aspectos organizativos. Vantaxes e limitacións da mostraxe.

45. Espacio da mostra. Procedementos de mostraxe aleatoria: procedemento de selección da mostra e procedemento de estimación. Selección con e sen reposición. Probabilidades de inclusión na mostra: propiedades.

46. Mostraxe aleatoria con probabilidades iguais, con reposición e sen reposición. Estimadores de medias, proporcións e totais. Propiedades. Erro de mostraxe. Límites de confianza. Estimación en subpoboacións. Determinación do tamaño da mostra. Efecto do deseño.

47. Mostraxe sistemática. Descrición. Arranque aleatorio e período. Estimadores. Comparación coa mostraxe aleatoria simple. O problema da estimación das varianzas. Variantes da mostraxe sistemática para período non enteiro.

48. O manexo dunha variable auxiliar: estimadores de razón para medias e totais. Nesgo. Aproximación das varianzas e a súa estimación. Comparación cos estimadores simples. Estimadores de regresión.

49. Mostraxe aleatoria estratificada. Principios fundamentais. Estimadores e erros de mostraxe. Afixación da mostra. Afixación uniforme, proporcional e óptima. Consideración dos custos de mostraxe. Determinación dos tamaños das mostras.

50. Mostraxe con probabilidades desiguais e reposición. Selección da mostra: método de Lahiri e dos intervalos. O estimador de Hansen-Hurwitz. Probabilidades proporcionais ó tamaño. Probabilidades óptimas de selección. Referencia á mostraxe sen reposición.

51. Mostraxe de conglomerados nunha etapa. Motivación. Conglomerados do mesmo tamaño: mostra simple de conglomerados e estimadores. Comparación coa mostraxe de unidades elementais. A homoxeneidade dos conglomerados. Conglomerados de distinto tamaño.

III. Metodoloxía estatística, informática e dereito.

52. Censo de poboación e vivendas. Padrón municipal de habitantes e estatística de poboación. Estructura da poboación.

53. Movemento natural da poboación. Variacións residenciais.

54. Proxeccións da poboación.

55. Enquisa de poboación activa (EPA).

56. Enquisa de condicións de vida das familias.

57. Panel de fogares da Unión Europea.

58. Enquisa industrial de empresas. Enquisa industrial de productos.

59. Estatística da construcción: estatística de edificación e vivenda, licitación oficial en construcción, enquisa conxuntural da industria da construcción.

60. Estatística de comercio exterior de Galicia. Índices de valor unitario.

61. Macromagnitudes agrarias.

62. Táboa input-output de Galicia.

63. Contas económicas de Galicia.

64. Índice de producción industrial de Galicia.

65. Índice de prezos de consumo harmonizado.

66. Contabilidade trimestral de Galicia.

67. Estatísticas do sector turístico de Galicia.

68. O ordenador persoal: procesadores, memorias e medios de almacenamento secundario.

69. O sistema operativo: conceptos xerais. O sistema Windows e Windows NT.

70. Sofware ofimático. Follas de cálculo. Procesadores de texto. Paquetes estatísticos. Paquetes gráficos. Os sistemas de información xeográfica e de autoedición.

71. A Internet. Correo electrónico. A web. A linguaxe html.

72. Tipos de datos. Códigos alfanuméricos. O código ASCII.

73. Estructura da información: ficheiros, campos, rexistros, claves e índices.

74. Bases de datos relacionais. Independencia física e lóxica. Normalización, táboas e vistas. O concepto de integridade dos datos.

75. A linguaxe SQL. Cláusulas básicas de definición e acceso a datos.

76. SQL avanzado. Agregación e ordenación de resultados. Subconsultas. Consultas multitáboa.

77. Seguridade informática. Os conceptos de confidencialidade, dispoñibilidade, integridade e non repudio. Control de accesos. Criptografía.

78. A Constitución española de 1978. Estructura e contido. Os dereitos e deberes fundamentais e liberdades públicas, a súa garantía e protección. O Tribunal Constitucional. O Defensor do Pobo.

79. A Coroa. As Cortes Xerais: o Congreso dos Deputados e o Senado, composición e funcións. O Goberno: composición e funcións. O control parlamentario do Goberno en España. O Poder Xudicial. O Tribunal de Contas.

80. A Administración pública: principios constitucionais informadores. A Administración xeral do Estado, a súa organización. Órganos superiores e órganos directivos. A Administración periférica do Estado. Os delegados do Goberno nas comunidades autónomas. As administracións locais. O municipio e a provincia: organización e competencias. Outras entidades locais. A Administración institucional. Os organismos públicos. Os organismos autónomos. As entidades públicas empresariais. A Administración corporativa.

81. O Estado das autonomías: a súa regulación na Constitución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. A Administración de xustiza en Galicia. O Valedor do Pobo.

82. A Administración pública galega. A Administración central. As consellerías: organización e estructura. A Administración periférica da Comunidade Autónoma. A Administración institucional da Comunidade Autónoma. As corporacións de dereito público de Galicia. As fundacións de interese galego.

83. O dereito administrativo. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos leis e decretos lexislativos. O regulamento. O ordenamento xurídico de Galicia: o réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego. Supletoriedade do dereito estatal.

84. O acto administrativo: concepto e clases. A eficacia do acto administrativo. Executividade e suspensión. Procedementos de execución. Nulidade de pleno dereito. Anulabilidades. Revogación e revisión de oficio.

85. O procedemento administrativo: concepto e fases. Especial referencia ó silencio administrativo. Os recursos administrativos: concepto e clases. Os dereitos dos cidadáns na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A responsabilidade da Administración pública e do persoal ó seu servicio. Os contratos administrativos: concepto, clases e formas de adxudicación dos contratos.

86. A función pública galega: bases do seu réxime xurídico. Persoal funcionario e persoal laboral. Persoal funcionario: sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción. Situacións administrativas dos funcionarios. Dereitos, deberes e réxime disciplinario. Persoal laboral: selección e contratación. Dereitos, deberes e réxime disciplinario.

87. As comunidades europeas. Natureza, obxectivos e fins. Fontes do dereito comunitario. Tipoloxía, características e efectos. A integración do dereito comunitario en España. As institucións comunitarias e o seu funcionamento: o Consello, a Comisión, o Parlamento, o Tribunal de Xustiza e o Tribunal de Contas.

88. O orzamento: concepto, estructura e contido. Elaboración e aprobación. Modificacións orzamentarias. O procedemento de execución orzamentaria. O control orzamentario. O Consello de Contas.

89. A Lei 12/1989, do 9 de maio, da función estatística pública: principios e estructura. A recolla de datos. O segredo estatístico. Difusión da información estatística. A Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia: estructura e contido. O Plan Galego de Estatística 1998-2001.