Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.353

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 12 de decembro de 2000 pola que se lle encarga ó director xeral de Administración Local o despacho dos asuntos da Dirección Xeral de Xustiza.

Con motivo da ausencia temporal da directora xeral de Xustiza é necesaria a súa substitución, de xeito que se asegure o correcto funcionamento do servicio e a resolución dos asuntos encomendados á dirección xeral de que é titular.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 34.3º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente

DISPOÑO:

Artigo único.-O exercicio das competencias da Dirección Xeral de Xustiza, previstas no artigo 5º do Decreto 161/2000, do 29 de xullo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, quedan enco

mendadas ó director xeral de Administración Local ata que se reincorpore ó seu posto a titular da citada dirección xeral.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2000.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais