Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 13 de decembro de 2000 Páx. 16.353

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 30 de novembro de 2000 pola que se dispón o nomeamento dun vocal en representación do Concello de Vilagarcía de Arousa no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola

Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos Consellos de Administración das autoridades portuarias de interese xeral sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia de 5 e 26 de marzo de 1998 facultan ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto na artigo 40 da Lei 27/1992, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, disponse que a separación dos vocais do Consello de Administración será acordada polo órgano competente da Comunidade Autónoma, por proposta das organizacións, organismos e entidades a que aqueles representen, polo que, recibida certificación do acordo do pleno, con data do 26 de outubro de 2000, do Concello de Vilagarcía de Arousa, pola que se nomea novo representante da dita corporación municipal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O nomeamento de Manuel Rodríguez Cuervo, como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2000.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda