Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/233-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Ponte Nova Oeste-Morade.

Situación: Baiona.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 411 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, desde o apoio N.1 da L.M.T. Sopegal-Xuncal ata o C.T. que se proyecta en Ponte Nova Oeste-Morade, concello de Baiona. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 815 m de lonxi

tude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos afectados, presentan alegacións os propietarios dos predios 12, 15, 16 e 22. Todos eles coinciden en que posúen terreos nos que se pode edificar e que co paso da liña perden valor, polo que se opoñen ó paso da mesma.

Trasladadas as alegacións á empresa eléctrica, esta contesta manifestando que a servidume de paso dunha liña non impide ó dono do terreo cercalo, plantar ou edificar nel, deixando a salvo a dita servidume, e que está prohibida a colocación de apoios en zonas de influencia de estradas da rede veciñal, a distancias inferiores a 15 m e aínda cumprindo co anterior, a menos de 8 m da arista exterior da explanación ou a unha distancia do borde de plataforma inferior a vez e media a altura do apoio, e que no predio nº 22, a liña pasa moi próxima ó lindeiro.

Trasladouse copia da contestación da empresa a cada un dos afectados, volvendo a presentar alegacións o propietario do predio 22, ratificándose no seu anterior escrito e o mesmo fai a empresa eléctrica cando se lle envía copia das novas alegacións.

Considerando que a única alegación comun é a depreciación dos predios debido á servidume de paso da liña eléctrica, pero non a existencia de prohibicións nin á proposta real dun trazado alternativo, e que a cuestión económica resólvese no procedemento de expropiación, e que respecto ó predio 22 temos que indicar que a liña non afecta á utilización e uso que o propietario indica, dada a altura do poste, 17.5 m e dos conductores sobre o terreo.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial

RESOLVE:

Autorizar, declarar, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos reglamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 16 de outubro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra