Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de diciembre de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Asistencia técnica das expropiacións da obra de alargamento e mellora da estrada LU-612. Treito: Mougán-Río Ferreira.

Adxudicatario: Estudios del Noroeste S.A.

Orzamento: 2.770.889 pesetas.

-Asistencia técnica das expropiacións acondicionamento da estrada LU-133. Treito: Vilamartín-Covelas.

Adxudicatario: Estudios del Noroeste S.A.

Orzamento: 3.896.426 pesetas.

-Asistencia técnica das expropiaciones da obra de acondicionamento da estrada OU-310 de Verín a Vilardervós. Treito: Verín-Enlace Autovía das Rías Baixas.

Adxudicatario: Estudios del Noroeste, S.A.

Orzamento: 2.901.347 pesetas.

-Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción incluída cartografía da obra de acondicionamento da estrada PO-400 Salvaterra de Miño-Filgueira. Treito: Crecente-Filgueira.

Adxudicatario: Iceacsa.

Orzamento: 18.493.810 pesetas.

-Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción incluída cartografía da circunvalación interior de Monforte.

Adxudicatario: Norcontrol S.A.

Orzamento: 5.286.955 pesetas.

-Asistencia técnica para a realización de labores de control e vixilancia incluídos os labores de coordinación de seguridade e saúde da obra na estrada AC-141 e AC-142: Cabanas-As Pontes, Fase I. Treito: Cabanas-A Capela-Goente.

Adxudicatario: GOC, S.A.

Orzamento: 13.691.828 pesetas.

-Asistencia técnica para o seguimento, vixilancia e control ambiental de obras consonte o Decreto 442/1990, Decreto 327/1991 e Lei 1/1995, de protección ambiental para Galicia.

Adxudicatario: Ambiotec S.L.

Orzamento: 4.908.356 pesetas.

-Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción de alargamento e mellora da C-53 de Vilagarcía á N-640 en Caldas de Reis (Alto do Pousadoiro).

Adxudicatario: Ciisa.

Orzamento: 3.994.878 pesetas.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público ós efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda