Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7020; XG-394, Melide-Vila de Cruces, con anexos, por substitución da concesión V-7020; XG-394, de igual denominación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 27 de setembro de 2000, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á empresa Autobuses de Melide, S.L. a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7020; XG-394, Melide-Vila de cruces, con anexos, por substitución da concesión V-7020; XG-394, de igual denominación, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

-Melide, A Florida, Cabazás, A Costa, San Martiño-As Varelas, Quintela, O Maniño, cruzamento Rendos, Vilar do Monte, Gandareira, Vilar de Ferreiros, cruzamento Moreda, Ribadulla-Busel, cruzamento das Breas, cruzamento Agra, Brocos, Ponte do Corvo, Larazo e Vila de Cruces.

-Cruzamento Agra, Agra, O Seixo, O Val, Sesto e Brocos.

-Melide, Moldes, Novela, Pezobre, Trebolo, Arcediago, Santiso, Belmil, Novela, Liñares, Campos e A Florida.

-Cruzamento Moreda, Amboaxe, O Barco, Ximonde, Balocos, Beigondo, A Graña, Gandareira e Visantoña.

2. Prohibicións de tráfico.

-De e entre Ponte do Corvo e Vila de Cruces, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Melide e Moldes, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Belmil e Arcediago, puntos intermedios e viceversa, e deste tramo para Melide e viceversa.

-De e entre cruzamento Rendos e cruzamento de Pezobre, puntos intermedios e viceversa.

3. Expedicións.

Melide-A Florida-Cabazás-San Martiño/Varela-cruzamento Rendos-Vilar do Monte-Vilar de Ferreiros-Ribadulla-Busel-cruzamento Agra-Brocos-Larazo-Vila de Cruces (28 km).

Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables e domingos.

Melide-A Florida-Cabazás-San Martiño/Varela-cruzamento Rendos-Vilar do Monte-Vilar de Ferreiros-Ribadulla-Busel-cruzamento Agra-A

gra-O Seixo-O Val-Sesto-Brocos-Larazo-Vila de Cruces (33,9 km).

Unha expedición de ida e volta os luns e mércores laborables.

Unha expedición de ida e volta os domingos.

Unha expedición de ida e volta os días festivos e días de feira (4 e 17 de cada mes).

Melide-Moldes-Novela-Pezobre-Trebelo-Arcediago-Santiso-Belmil-Novela-Liñares-Campos-A Florida-Melide (24 km).

Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

Melide-Cabazás-Carballido-Saa-cruzamento Pezobre-Rendos-cruzamento Rendos-O Maniño-Riazón-San Román-Montoutiño-A Costa-Melide (20,9 km).

Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

Melide-A Florida-A Costa-Quintela-O Maniño-cruzamento Rendos-Gandareira-cruzamento Moreda-cruzamento das Reas-Brocos-Vila de Cruces (28 km).

Unha expedición de ida e volta os xoves laborables e domingos.

Melide-A Florida-A Costa-Quintela-O Maniño-cruzamento Rendos-Gandareira-Vilar de Ferreiros-cruzamento Moreda-Amboaxe-O Barco-Ximonde-Balocos-Beigondo-A Graña-Gandareira-Visantoña.

Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

Melide-A Costa-Quintela-O Maniño-cruzamento Rendos-Gandareira-Visantoña (11,7 km).

Dúas expedicións de ida e volta os días lectivos.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km.: 10,9856 pesetas.

-Tarifa usuario: 11,7546 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,6478 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produzca a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes