Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 9 de novembro de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan aumentos de base impoñible pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Rodríguez Álvarez, José Enrique e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aumentos de base impoñible, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Vigo, en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio de Secretaría desta Delegación Territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 9 de novembro de 2000.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Interesado: Rodríguez Álvarez, José Enrique.

DNI: non consta.

3ª travesía estrada provincial, 22-A. Vigo.

Procedemento: imposto de sucesións e doazóns.

Expte: D-8/98. Doc. 651600114166.

Interesado: Solla González, Manuel.

DNI: non consta.

Fragoso, 16, 3º D. Vigo.

Procedemento: imposto de sucesións e doazóns. Expte. D-380/98. Doc. 651800110042, 651800110043, 651800110044, 651800110045 e 651800110046.