Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 9 de novembro de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan, liquidacións de xuros de demora pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Ballesteros Mosquera, José Ángel).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidacións de xuros de demora, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Vigo, en aplicación do artigo 61.2º da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio de Secretaría desta Delegación Territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 9 de novembro de 2000.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Interesado: Ballesteros Mosquera, José Ángel.

DNI: 36.054.050D.

Av. Redondela, 206, 2º I, Chapela, Redondela.

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. Z-696/2000.

Liquidación: 000000010107.