Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 11 de decembro de 2000 Páx. 16.265

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/17-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Tirabao.

Situación: Vilanova de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 292 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 24 da L.M.T. Tivo-Curro, entre as derivacións Serantes e Carballo, ata o C.T. que se proxecta en Tirabao, concello de Vilanova de Arousa. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 570 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. de Tirabao. R.B.T., aérea, de 110 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. sobre apoios de formigón, desde o C.T. Serantes.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos afectados, presentan alegacións os propietarios dos predios 4, 5, 6, 7, 8, 9, 11 e 12, alegando todos eles que nos seus terreos se dá algunha das prohibicións que establece o artigo 25 do Decreto 2619/1966 e qeu se varíe o trazado da liña, ofrecendo dúas alternativas.

Trasladadas as alegacións á empresa eléctrica esta contesta que nos predios sinalados non se dan ningunha das prohibicións que establece o artigo 25, que a servidume de paso dunha liña non lle impide ó dono do terreo cercalo, plantar ou edificar nel, dixando a salvo dita servidume, e que está prohibida a colocación de apoios en zonas de influencia de estradas da rede veciñal, a distancias inferiores a 15 m e aínda cumprindo co anterior, a menos de 8 m da aresta exterior da explanación ou a unha distancia do borde de plataforma inferior a vez e media a altura do apoio, e que o dono do predio servente pode propoñer trazado alternativo, se é tecnicamente posible, sempre que acredite a conformidade previa dos afectados.

Os afectados presentan novas alegacións ratifícandose nas anteriores e engadindo que o trazado alternativo non varía as afeccións é que se trata dunha liña de media tensión, polo que non e de aplicación

o Regulamento de alta tensión. Trasladadas as alegacións á empresa esta ratifícase no seu anterior escrito, engadindo que a liña en cuestión é de alta tensión, de terceira categoría, a 20 kV, polo que si é de aplicación o citado regulamento. Trasladáronse novamente os escritos da empresa ós afectados, sen que estes volvesen a presentar novas alegacións.

Tendo en conta que das alegacións que indican existir prohibición segundo a súa redacción non se desprende tal extremo e que a compañía pola súa parte négaas indicando que os predios non está fechados nin unidos ás viviendas, e que as alternativas propostas non demostran que non se ven afectadas por servidume outros predios particulares, nin se concreta que se cumpran os requisitos que establece el artículo 26 del Decreto 2619/1966.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustaran en tódolas súas partes que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Esta autorización queda condicionada a que en calquera caso se repecte o cumprimento do artigo 25 do Decreto 2919/1966.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 16 de outubro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegado provincial de Pontevedra