Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2000 de aprobación definitiva dun proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola construcción do polígono número 1 do parque empresarial de Celanova (Ourense).

Vista a documentación que consta no expediente nº 307/2000, remitido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, con base nos seguintes

I. Antecedentes.

1. O Instituto Galego da Vivenda e Solo remite o expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución do plan parcial do parque empresarial de Celanova (Ourense), de conformidade co disposto polo artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG).

2. O Instituto Galego da Vivenda e Solo, o 14 de xuño de 2000, acordou inicia-lo proxecto de taxación conxunta e sometelo a información pública polo prazo dun mes, anunciándoo no diario La Región do 24 de xuño de 2000 e no DOG do 27 de xuño de 2000.

3. A taxación foilles notificada individualmente ós que aparecen como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da correspondente folla de valorización e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulasen

alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da Lei do solo de Galicia.

4. O Instituto Galego da Vivenda e Solo emitiu informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas polos interesados, de conformidade co artigo 145.6º da Lei do solo de Galicia, e remite o expediente de expropiación forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.

II. Fundamentos xurídicos.

1. O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta de conformidade co disposto no artigo 145 da Lei do solo de Galicia.

2. O proxecto de expropiación abarca a superficie correspondente ó ámbito do polígono nº 1 de actuación delimitado no plan parcial do parque empresarial de Celanova, en Ourense, aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación en sesión do 29 de decembro de 1998, no que se determina como sistema de actuación o de expropiación.

En virtude do disposto polos artigos 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e os artigos 54, en relación co 124 e 145, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a dita aprobación implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade da ocupación dos terreos incluídos no ámbito do polígono, resultando lexítimada a expropiación proposta.

3. O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 145.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia:

-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto a situación, superficie e lindeiros.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.

-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións, se é o caso.

4. Os criterios de valoración fixados no proxecto de valoración axústanse ós establecidos polos artigos 23 e seguintes da Lei 6/1998, sobre réxime do solo e valoracións.

5. A competencia para aproba-lo expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle por delegación ó director xeral de Urbanismo, de acordo co artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 1999, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, (DOG do 10 de xaneiro de 2000), pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo.

Na súa virtude, vista a Lei 1/1997, do solo de Galicia, a Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e as demais disposicións aplicables, proponse adopta-la seguinte resolución:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola construcción do polígono nº 1 do parque empresarial de Celanova (Ourense), para os efectos previstos polos artigos 145 e 146 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con estimación ou desestimación das alegacións nos termos que aparecen nos informes de contestación a estas que constan no expediente.

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 146.1º da Lei do solo de Galicia.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 146.2º da Lei do solo de Galicia).

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución aprobatoria do expediente ó Instituto Galego da Vivenda e Solo e de xeito individualizado a tódolos que aparezan como titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente, ós que se lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días durante o que poderán manifestar por escrito ante esta Dirección Xeral de Urbanismo a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, de conformidade co disposto polo artigo 145.7º da Lei do solo de Galicia, advertíndoos de que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a seguinte relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

Relación de propietarios afectados polo polígono de actuación nº 1 do parque empresarial de Celanova

PedidoTitularesCaracterísticas do predio

NaturezaSuperficie

que hai que

expropiar m

Outros bens

indemnizables

Prezo xusto

(pesetas)

1Mouriño Villar, Fernando. Celso Emilio Ferreiro nº 18, 1º esquerda, CelanovaRústica2.1052.360.547

3Mouriño Villar, Fernando. Celso Emilio Ferreiro nº 18, 1º esquerda, CelanovaRústica185207.459

10Mouriño Villar, Fernando. Celso Emilio Ferreiro nº 18, 1º esquerda, CelanovaRústica1.3201.480.248

11Mouriño Villar, Fernando. Celso Emilio Ferreiro nº 18, 1º esquerda, CelanovaRústica525588.735

12Mouriño Villar, Fernando. Celso Emilio Ferreiro nº 18, 1º esquerda, CelanovaRústica158177.181

13Mouriño Villar, Fernando. Celso Emilio Ferreiro nº 18, 1º esquerda, CelanovaRústica739828.715

14Mouriño Villar, Fernando. Celso Emilio Ferreiro nº 18, 1º esquerda, CelanovaRústica200224.280

15Mouriño Villar, Fernando. Celso Emilio Ferreiro nº 18, 1º esquerda, CelanovaRústica274307.264

16Mouriño Villar, Fernando. Celso Emilio Ferreiro nº 18, 1º esquerda, CelanovaRústica632708.725

21-AVázquez Gimeno, Manuel Outeriño. San Paio de Veiga, CelanovaRústica1.6141.809.940

29Mouriño Villar, Fernando. Celso Emilio Ferreiro nº 18, 1º esquerda, CelanovaRústica768861.235

34González Caamiña, Delfín. San Paio de Veiga. O Portiño, CelanovaRústica59515 carballos706.608

36Vázquez Gimeno, Manuel Outeriño. San Paio, CelanovaRústica400568.260

53González Caamiña, Delfín. San Paio de Veiga, CelanovaRústica2203 carballos254.583

55Casal Blanco, Julio. San Paio de Veiga, CelanovaRústica509570.793

60Vázquez Gimeno, Manuel Outeriño. San Paio de Veiga, CelanovaRústica1.9602.197.944

67González Caamiña, Delfín. San Paio de Veiga, O Portiño, CelanovaRústica32010 carballos385.098

89-ASuárez González, Paulino. CelanovaRústica736825.350

104López Díaz, Emilio. CelanovaRústica2.2032.674.144

106 González Caamiña, Delfín. San Paio de Veiga, O Portiño, CelanovaRústica6515 carballos743.156

107Andrés Rodríguez, Manuel Gontán. Berea, CelanovaRústica5302 carballos599.592

111Andrés Rodríguez, Dolores Gontán. Berea, CelanovaRústica9341.047.388

112Andrés Rodríguez, Manuel Gontán. Berea, CelanovaRústica2.06555 carballos

(5 madeirables

4 castiñeiros)

2.641.191

Así mesmo, a publicación e a exposición no taboleiro de edictos do concello servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto, de conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución á Fiscalía da Audiencia Provincial, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios des

coñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación (artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa).

Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

Todo isto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifesta-la súa desconformidade, como se indicou no número 2 desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 145.8º da Lei do solo de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2000.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo