Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do estudio informativo da autovía Ferrol-Vilalba, tramo: Igrexafeita-Candamil. (Clave: AC/98/144-0).

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 29 de marzo de 2000, da Dirección

Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do estudio informativo da autovía Ferrol-Vilalba, tramo: Igrexafeita-Candamil. Clave: AC/98/144-0, que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Director xeral de Obras Públicas

ANEXO

O Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, establece a obriga de formular declaración de impacto ambiental (DIA), con carácter previo á resolución administrativa que se adopte para a realización, ou se é o caso, a autorización da obra, instalación ou actividade, das abranguidas no anexo da citada disposición. En particular o proxecto correspondente ó estudio informativo de la autovía Ferrol-Vilalba. Tramo Igrexafeita-Candamil, está incluído no punto 7 do citado anexo, polo que segundo establece o Decreto 442/1990, do 13 de setembro, deberá formularse DIA.

O obxecto do estudio informativo citado é a avaliación das alternativas para a autovía Ferrol-Vilalba, tramo Igrexafeita-Candamil. Esta nova vía permitirá dar continuidade ó eixe: Ferrol-As Pontes de García Rodríguez-Vilalba-Rábade-Autovía do Noroeste-Lugo, salvando a depresión das Pontes de García Rodríguez, onde se sitúa a mina e a entulleira da térmica Endesa e o núcleo urbano das Pontes de García Rodríguez.

As características xeométricas do trazado en planta e alzado desta vía responden ás esixidas para unha autovía AV-80. Propóñense 3 alternativas, das que o promotor escolle a A-1 ou central.

A zona que se estudia vai desde o final do primeiro tramo do corredor CR-G-1.1, situado no lugar de Igrexafeita (p.k. 18+300), T.M. de San Sadurniño da provincia da Coruña, ata a intersección da futura autovía coa estrada autonómica C-640, que coincide coa delimitación norte da área Parda-Ladra-Támoga, pertencente á proposta da Rede Natura 2000, no T.M. de Xermade da provincia de Lugo, e afecta a catro concellos da Coruña: San Sadurniño, As Somozas, A Capela e As Pontes de García Rodríguez, e un de Lugo: Xermade. A lonxitude do tramo é duns 25 km.

No anexo I descríbese o estudio informativo e resúmense as medidas correctoras propostas.

En virtude do establecido no artigo 5, punto 2º do citado decreto, a Dirección Xeral de Obras Públicas, trala aprobación técnica do estudio informativo o día 20 de xaneiro de 1999 e, mediante a publicación no BOE nº 103, do 30 de abril, e no DOG nº 88, do 10 de maio, da resolución da Subdirección Xeral de Estradas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, somete a información pública o estudio informativo da autovía

Ferrol-Vilalba. Tramo: Igrexafeita-Candamil, de clave: AC/98/144.0, nos concellos da Capela, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas (A Coruña) e Xermade (Lugo) e anúnciase a apertura do proceso de información pública, por un período de trinta días hábiles, contados a partir da data de publicación. Durante o período de información pública consta a presentación das alegacións que se recollen resumidas no anexo III.

En aplicación do estipulado no Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental, os documentos e proxectos técnicos, sometidos a consulta e información pública, foron remitidos ós seguintes organismos: Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Urbanismo, Dirección Xeral de Saúde Pública, servicios provinciais de estradas da Coruña e Lugo, deputacións provinciais da Coruña e de Lugo e ós concellos da Capela, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas e Xermade.

Con data do 14 de decembro de 1999 (rexistro nº 10.961), recíbese nesta dirección xeral o expediente do proxecto, remitido pola Dirección Xeral de Obras Públicas contendo, xunto co seu informe, os resultados de información pública e os informes dos concellos das Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño e As Somozas, da Deputación Provincial de Lugo, e das direccións xerais de Montes e Medio Ambiente Natural, Urbanismo, Patrimonio Cultural e Saúde Pública.

No anexo II resúmese o contido dos informes recibidos como resultado das consultas efectuadas. O resultado destas consultas tívose en conta, no que procede, no condicionado da presente DIA.

No anexo III recóllense as alegacións remitidas durante o proceso de información pública.

No que se refire ás alegacións presentadas, e no que afecta ós efectos ambientais, concretamente sobre a hidroloxía, a fauna e o patrimonio, estes foron tidos en conta nos puntos 3, 5, e 6, da presente DIA. No que respecta ós efectos sobre o patrimonio, requíreselle ó promotor unha prospección arqueolóxica superficial intensiva da zona que abrangue a explotación sobre a que deberá emitir informe a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Examinada a documentación recibida, solicítaselle ó promotor, o 12 de xaneiro de 2000, documentación complementaria que presenta o 20 de marzo de 2000.

Unha vez cumprida a tramitación, conforme se establece no Decreto 442/1990, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 482/1997, formula a DIA do estudio informativo da autovía Ferrol-Vilalba. Tramo: Igrexafeita-Candamil. Clave: AC/98/144.0, localizado nos municipios da Capela, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas (A Coruña) e Xermade (Lu

go), promovido pola Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

O órgano substantivo para este proxecto é a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, e o órgano ambiental é a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

-Estudio informativo da autovía Ferrol-Vilalba. Tramo: Igrexafeita-Candamil. Setembro 1998.

-Documentación adicional ó estudio informativo da autovía Ferrol-Vilalba. Treito: Igraxafeita-Candamil.

E considerando a alternativa elixida polo promotor (A1) como a máis viable ambientalmente, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente DIA as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudio ambiental e na documentación complementaria presentada, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o estipulado no estudio de impacto ambiental (EIA) e a presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

Co obxecto de garanti-la minimización dos impactos ambientais negativos establece, ademais das medidas incluídas no estudio de impacto ambiental, as seguintes condicións:

Condicionado

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese, en exclusiva, ó estudio informativo da autovía Ferrol-Vilalba. Tramo Igrexafeita-Candamil, aprobado tecnicamente o 20 de xaneiro de 1999.

O obxecto do estudio informativo citado é a avaliación das alternativas para a autovía Ferrol-Vilalba, tramo Igrexafeita-Candamil, que afecta a catro concellos da Coruña: San Sadurniño, As Somozas, A Capela e As Pontes de García Rodríguez, e un de Lugo: Xermade. As características xeométricas do trazado en planta e alzado desta vía responden ás esixidas para unha autovía AV-80.

A alternativa escollida polo promotor é a A-1 ou central.

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre a emisión de po e gases.

Controlaranse as emisións de po na fase de movemento de terras mediante a humidificación de vías

en época seca, adoptándose as medidas necesarias co fin de que nos núcleos habitados próximos ó lugar onde se realizan as obras (Igrexafeita, Quintas, O Carballo, Percordeiro, San Martiño), non se superen os límites para partículas sedimentables establecidos polo Real decreto 1321/1992, do 30 de outubro, polo que se modifica parcialmente o Real decreto 1613/1985, do 1 de agosto, e se establecen novas normas de calidade do aire no referente á contaminación por dióxido de xofre e partículas.

En concreto, e ademais das medidas recollidas no estudio, cumpriranse as seguintes:

-A composición dos gases dos motores de combustión interna deberán axustarse en todo momento ós valores regulamentados.

-Queda prohibida a queima de restos e de calquera outro tipo de material.

Así mesmo, cumprirase, de se-lo caso, o establecido nas ordenanzas municipais ó respecto.

2.2. Sobre o ruído.

Durante a realización do proxecto constructivo, levarase a cabo un estudio acústico detallado estudiando as zonas que poden resultar afectadas e especificando as medidas correctoras adoptadas para palia-los efectos da elevación dos niveis sonoros.

O estudio acústico, que deberá ser presentado perante esta dirección xeral tal e como consta no punto 9.1.1. da DIA e, de acordo co disposto no artigo 11 do capítulo III do Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación atmosférica, conterá unha memoria técnica, o seu orzamento e unha serie de planos:

* No caso de ruído aéreo:

-Definición do tipo de actividade.

-Horario previsto.

-Niveis sonoros de inmisión.

-Identificación das fontes sonoras máis destacables da actividade e valoración do seu nivel acústico.

-Localización e descrición das características da zona máis probable de recepción do ruído orixinado na actividade, sinalando expresamente os límites de ruído legalmente admisibles na devandita zona.

-Valoración, en función dos datos anteriores, da necesidade do illamento acústico ó ruído aéreo.

-Deseño, se é o caso, da instalación acústica proposta, con descrición dos materiais utilizados e detalles constructivos da súa montaxe.

-Xustificación analítica da validez da instalación proposta.

* Planos:

-Plano de situación da actividade, en relación con vivendas, instalacións sanitarias ou edificios docentes.

-Planos de illamento acústico 1/50, con detalles 1/5 dos materiais, espesores e xuntas.

Adoptaranse as medidas correctoras necesarias para garantir que os niveis de presión sonora orixinados nas fases de obra e funcionamento cumpran co disposto na Lei 7/1997, de protección contra a contaminación acústica (DOG do 20 de agosto).

Así mesmo, cumprirase, de se-lo caso, o establecido nas ordenanzas municipais ó respecto.

3. Protección das augas.

De forma previa á execución das obras, procederase ó replanteo e balizado da zona de traballo no ámbito dos puntos de paso sobre a rede fluvial, co obxecto de evitar afeccións innecesarias ós sistemas fluviais do territorio.

No caso da construcción de estructuras para supera-los leitos fluviais, éstas deseñaranse de xeito que os piares de apoio queden fóra do leito e das marxes, sempre que sexa tecnicamente viable, definindo así mesmo os elementos auxiliares necesarios para a defensa e control de arrastres de materiais en fase de execución das obras, pantallas de madeira ou calquera outro desmontable. No caso de que os piares deban ir apoiados no leito ou nas marxes dos cursos fluviais, levaranse a cabo a restauración e revexetación oportuna para devolver ó seu estado preoperacional as zonas afectadas.

Queda prohibido o vertido de calquera tipo de material ou substancia ás augas continentais, en especial cemento, formigón e hidrocarburos. Se durante a fase de construcción se ocasionara algún vertido accidental de substancias perigosas (aceites, lubricantes, etc...) nunha zona que puidese afectar ó encoro de Ribeira ou a calquera outra captación de auga para consumo público, deberá comunicarse inmediatamente á Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e á Central de Emerxencias de Galicia.

Os valores límite que garantan a calidade físicoquímica das augas de vertido, para os parámetros que se indican a continuación, son, segundo o establecido na táboa 3 do anexo ó título IV do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, os seguintes:

pH: 5,5-9,5.

Sólidos en suspensión (mg/L): 80.

Materiais sedimentables (mL/L): 0,5.

Sólidos grosos: ausentes.

Coidarase que a achega da drenaxe transversal á rede natural se faga de xeito que non se modifique en exceso o caudal habitual das regas, sendo a repartición entre os cursos de auga proporcional á súa capacidade de acollida, deseñando as obras de dre

naxe transversal e lonxitudinal de xeito que cumpran esta condición. Non se alterarán, en modo ningún, os fluxos e balances hídricos nas cuncas e microcuncas afectadas pola alternativa proposta. Evitaranse os trasvases de augas dunhas cuncas a outras. Este deseño tamén deberá asegurar que as obras de drenaxe transversal non produzan erosión.

A achega de auga farase gradualmente ó longo do curso, salvando así un aumento brusco do caudal nunha sección concreta.

En todo caso, disporanse sistemas de disipación de enerxía, sempre tentando consegui-la máxima integración no medio, utilizando preferentemente grandes pedras similares ás presentes na zona.

Tomaranse as medidas correctoras necesarias para evita-la desecación das fontes naturais presentes no territorio.

Para calquera afección no dominio público hidráulico, zona de servidume e policía de leitos, será preceptiva a autorización administrativa outorgada polos organismos de conca correspondente.

Os labores de mantemento, servicio e reparacións da maquinaria, a excepción da maquinaria móbil, efectuaranse nunha zona previamente delimitada (de acordo co requirido no punto 9.1.2. da DIA), evitando derrames de aceites e combustibles, debendo ser xestionados os seus residuos conforme a súa natureza. Así mesmo, os camións deberán realizar estes labores en taller autorizado.

4. Protección do solo.

Delimitarase un espacio dedicado a parque de maquinaria e almacenamento de materiais, que deberá situarse nun terreo degradado e carente de interese ambiental. Aplicarase o mesmo criterio para situar aquelas instalacións auxiliares que puidesen necesitarse (plantas de fabricación de aglomerado asfáltico...).

As tarefas de mantemento de equipos e maquinaria realizaranse en instalacións axeitadas e nunca no ámbito das obras.

Tódolos residuos, tanto os non perigosos (materias sobrantes das escavacións, excedentes de terra,...) como os perigosos (aceites, hidrocarburos, pinturas,...), resultantes da execución do proxecto da autovía Ferrol-Vilalba. Tramo Igrexafeita-Candamil, deberán xestionarse de acordo coa lexislación vixente. Segundo a súa natureza, serán entregados ós correspondentes xestores legalmente autorizados para garanti-la súa adecuada xestión.

Retirarase e almacenarase a terra vexetal procedente dos labores de preparación e movemento de terras, co obxecto de utilizala posteriormente nos labores de restauración e acondicionamento paisaxístico dos espacios afectados polas obras, tal e como se sinala no EIA.

No caso de que o período de almacenamento da terra vexetal sexa superior a un ano, co fin de conserva-las propiedades da terra vexetal amoreada ata

o momento da súa reposición, será preciso adopta-las medidas necesarias para o seu mantemento: regas periódicas, removido temporal (mínimo cada seis meses), achega de fertilizante mineral e sementeiras a base de leguminosas a razón de 15 g/m con achega de mulch en cantidade suficiente para manter entre un 5 e un 6% de materia orgánica.

5. Protección da fauna e da flora.

Aqueles labores do proceso de obras que impliquen a realización de voaduras, levaranse á práctica fóra do período de reproducción e cría das especies faunísticas do territorio.

Na fase de proxecto constructivo realizarase un estudio destinado a avalia-la permeabilidade da vía con respecto ás comunidades faunísticas da área, considerando a presencia na zona de especies de interese cinexético como é o caso do corzo e do xabarín.

Na totalidade dos leitos fluviais permanentes construiranse obras de drenaxe ou de paso que garantan a circulación da fauna piscícola en ámbolos dous sentidos, evitando a adopción de seccións pechadas e a alteración da configuración do leito dos ríos.

Respectarase sistematicamente todo tipo de vexetación existente que non estea afectada directamente pola execución da obra, co fin de que sirva como pantalla visual, acústica e contra o po.

A eliminación da vexetación da área que se vaia explotar será sempre mediante sistemas de roza.

A corta de vexetación ripícola debe ser previamente autorizada polo Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural. En todo caso, o promotor queda obrigado a devolver ó seu estado preoperacional as zonas de ribeiras que puidesen verse afectadas polas obras.

En relación coa prevención de incendios actuarase segundo a Resolución do 14 de xaneiro de 2000 sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2000.

6. Protección do patrimonio.

6.1. Levaranse a cabo as seguintes actuacións arqueolóxicas nos termos e períodos temporais que se indican a seguir:

-Antes do inicio das obras, realizarase unha prospección arqueolóxica intensiva da alternativa seleccionada que abarcará unha banda de 200 m contada a partir da aresta exterior da esplanación.

-Trala realización da prospección arqueolóxica, elaboraranse as propostas de novas medidas correctoras. Estas medidas deben estar valoradas economicamente para efectos da inclusión dunha partida económica na fase de execución do proxecto.

-Na fase de obra, realizarase un control e seguimento arqueolóxico das obras de construcción de tal modo que, se encontrasen xacigos arqueolóxicos na prospección arqueolóxica intensiva, ou se confirmasen as afeccións indicadas no EIA, realizaranse

tamén nesta fase escavacións e actuacións puntuais naqueles xacigos que resultasen afectados.

Todo isto se realizará de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia e axustarase ás directrices da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

7. Restauración.

Deberase redactar un proxecto de restauración e acondicionamento paisaxístico dos espacios alterados polas obras. Nel incluiranse os obxectivos e medios expostos no EIA, así como aqueloutros que sexan necesarios para dar cumprimento ás medidas expostas na presente declaración, incorporándoas ás correspondentes partidas orzamentarias. Deberá ser redactado e aprobado de forma conxunta co proxecto constructivo.

Realizarase a reposición das vías afectadas polo trazado, sobre todo as máis transitadas e as de acceso a vivendas. Tódolos camiños auxiliares que non teñan utilidade permanente deben ser restaurados e revexetados.

8. Vixilancia ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras incluídas no estudio de impacto ambiental e no condicionado da presente declaración. O programa pode permitir detectar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da declaración, permitindo determinar ou cuantificar impactos non previsibles e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

O Plan de Vixilancia Ambiental deberá orzarse, incorporarse ás correspondentes partidas orzamentarias e tamén deberá ser remitido ó órgano ambiental.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá a esta dirección xeral dúas (2) copias de:

8.1. Antes da emisión da acta de recepción das obras:

Informe do programa de vixilancia ambiental que reflicta o cumprimento de tódalas medidas correctoras incluídas no estudio así como as impostas na DIA, e en concreto:

-Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, no que se describa o estado da explotación así como dos traballos de restauración levados a cabo, indicando de se-lo caso, as variacións producidas con respecto ó proxectado.

-Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos aceites provenientes dos labores de mantemento da maquinaria que se realicen na explotación.

-Informe sobre as medidas de prevención de ruído en zonas habitadas realmente executadas.

8.2. Despois da recepción das obras e anualmente durante tres anos:

-Informe dos niveis de ruído realmente medidos nas zonas nas que se instalaron as medidas de prevención citadas anteriormente e, se é o caso, accións complementarias que adoptar.

-Informe da evolución e eficacia das medidas adoptadas para a recuperación e restauración das áreas afectadas polas obras.

9. Documentación adicional.

9.1. Antes do inicio das obras presentaranse dúas (2) copias de:

9.1.1. Estudio acústico detallado de acordo co Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica, estudiando as zonas que poden resultar afectadas e especificando as medidas correctoras adoptadas para palia-los efectos da elevación dos niveis sonoros.

9.1.2. Planos de localización dos parques de maquinaria e almacenamento de materiais e de todas aquelas instalacións auxiliares que puidesen ser necesarias, coma as destinadas ó mantemento de maquinaria non móbil.

9.1.3. Proxecto de restauración e acondicionamento paisaxístico dos espacios alterados polas obras no que se indique, como mínimo as especies que se van utilizar, técnicas e fertilizado. Nel incluiranse os medios expostos no estudio de impacto ambiental, así como aqueles outros que sexan necesarios para dar cumprimento ás medidas expostas na presente declaración, incorporándoas ás correspondentes partidas orzamentarias.

9.1.4. Prospección arqueolóxica intensiva da alternativa seleccionada, que abarcará unha banda de 200 m contada a partir do bordo externo do trazado definitivo da alternativa seleccionada.

9.1.5. Novas propostas de medidas correctoras á vista dos resultados obtidos pola prospección arqueolóxica intensiva, modificando, de se-lo caso, o trazado proposto para garantir que ningún dos elementos do patrimonio cultural se vexa afectado polas obras, asegurando a súa conservación ou establecendo as actuacións arqueolóxicas necesarias para a protección do patrimonio cultural. Estas medidas deberán estar valoradas economicamente para efectos da inclusión dunha partida económica na fase de execución do proxecto.

9.1.6. Tal e como se di no punto 6.1.8 do estudio de impacto ambiental: proxecto de adecuación da infraestructura ás comunidades faunísticas do territorio, considerando a presencia na zona de especies de interese cinexético como é o caso do corzo e do xabarín. Especificaranse os pasos necesarios para evita-lo impacto asociado para o efecto barreira da infraestructura viaria sobre as poboacións de vertebrados terrestres.

9.1.7. Novo orzamento de execución por contrata dos labores de restauración da zona afectada pola explotación, que inclúa os custos derivados da implantación do Plan de vixilancia ambiental e da aplicación de tódalas medidas protectoras e correctoras propostas no estudio e impostas na DIA.

Esta documentación remitirase a esta dirección xeral para a valoración e, se procede, consulta ós organismos competentes sobre a súa adecuación. Unha vez feita a súa avaliación, remitiráselle á Dirección Xeral de Obras Públicas informe ó respecto.

10. Condicións adicionais.

10.1. A Dirección Xeral de Obras Públicas comunicará a esta dirección xeral a data de comezo de execución das obras.

10.2. Se unha vez emitida esta DIA se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata dertermina-las causas que xeran os mencionados impactos, e se corrixan. Do mesmo xeito, poderase proceder no caso de incumprimento total ou parcial das condicións expostas nesta declaración.

10.3. De acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, a contía do aval deberá ser fixada polo órgano substantivo. Deberá ser suficiente para responder dos danos que se lle poidan causar ó ambiente e do seu custo de restauración garantindo ademais o cumprimento das medidas correctoras.

Proponse como importe provisional do aval o 4% do investimento que se vaia realizar. O importe definitivo do aval proporase cando o promotor presente o orzamento das medidas correctoras e plan de restauración do proxecto.

10.4. As condicións sinaladas nesta DIA son de obrigado cumprimento. Non obstante, o promotor, poderá solicitarlle ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas nesta DIA co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves deficiencias para a súa execución, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan alcanza-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, o promotor solicitarao, nun prazo máximo dun (1) mes de lle ser notificada a presente declaración, á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas e comunicaralle o acordo adoptado ó promotor, que non poderá comeza-los traballos antes de contar cunha resolución desta dirección xeral para o efecto.

10.5. Tódolos datos e conceptos relacionados coa execución das medidas correctoras incluídas no EIA

e na presente declaración, figurarán xustificados tecnicamente na memoria e anexos do proxecto constructivo, establecendo o seu deseño, localización e dimensións no documento planos, as súas esixencias técnicas no prego de prescricións e a súa definición económica no orzamento do proxecto.

10.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración en función dos resultados que se obteñan no desenvolvemento da actividade, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non recollido nesta.

10.7. O órgano ambiental da Xunta de Galicia, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no desenvolvemento das súas funcións, poderá exercer labores de inspección ambiental e toma-las medidas pertinentes, no caso de observarse anomalía ou incorrecta execución das obras con repercusión ambiental, o que comunicará ó órgano substantivo.

10.8. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable deste, notificando o seu nomeamento ó órgano ambiental.

10.9. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime a empresa promotora de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificala.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2000.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I

DESCRICIÓN DO PROXECTO E RESUMO DE MEDIDAS CORRECTORAS

Descrición do proxecto.

A intención do estudio informativo da autovía de Igrexafeita a Candamil é definir unha nova vía que permita dar continuidade ó eixe Ferrol-As Pontes de García Rodríguez-Vilalba-Rábade-autovía do Noroeste-Lugo, salvando a depresión das Pontes de García Rodríguez.

Este fin reflíctese na intención de continua-lo final do corredor CR-G 1.1 Ferrol-Igrexafeita en dirección á estrada C-641. Para isto, partirase do lugar de Igrexafeita no concello de San Sadurniño (A Coruña), para rematar no contorno da C-641 xa no concello de Xermade (Lugo).

A súa posición establece tres posibles corredores que, partindo dun punto común (p.k. 18+300 do corredor CR-G 1.1 en Igrexafeita) e rematando de igual xeito (conexión provisional coa C-641 preto de San Martiño en Xermade), difiren na súa posición respecto á depresión das Pontes de García Rodríguez, ó norte (alternativa 3), ó sur (alternativa 2) ou central (alternativa 1), que atravesa a depresión das Pontes de García Rodríguez polo corredor da

estrada C-641, situado entre a mina e a entulleira de Endesa.

Proposta de alternativas.

A alternativa central ou A-1 utiliza no seu treito inicial o corredor norte e no final o corredor sur, conectando ambos corredores a través do correspondente á estrada C-641.

Alternativa norte (A-3).

Ten a súa orixe no lugar de Igrexafeita (p.k. 18+300). No p.k. 18+375 atópase o enlace de Igrexafeita coa C-641.

Durante o primeiro treito discorre de forma paralela á C-641, por unha rexión de relevo moi movido que constitúe o interfluvio entre o río Pequeno e o río Castro, afluentes ámbolos dous do río Grande de Xubia; sendo necesario salva-las valgadas máis pronunciadas mediante os viaductos de Castiñeira (180 m), Ramadela (300 m), Pena Meda (340 m), A Espariza (400 m) e Pena de Eiriz en dous treitos (255 m e 435 m) sobre dous pequenos afluentes do río Grande.

No p.k. 27+350 prodúcese o enlace coa AC-101 (As Somozas-Espiñaredo). Continúa o trazado bordeando polo sur a mina das Pontes de García Rodríguez, superando a nivel pequenos regatos que verten cara á mina, ata atravesa-la valgada do río Meidelo, onde se proxecta un viaducto de 894 m. O trazado continúa pola divisoria de augas ata o val do río Ponte da Pedra, que atravesa mediante un viaducto de 1.236 m.

No p.k. 35+000, esta alternativa enlaza coa AC-101 e o núcleo urbano das Pontes de García Rodríguez, descendendo cara ó val do río Eume, que salva cun viaducto de 350 m sobre o río e outro viaducto de 172 m sobre o seu afluente, o río Cuíña.

Atravesa a C-641 á altura da zona industrial de Cruz das Cabezas, na que se prevé un enlace no p.k. 38+900. A partir deste punto discorre de forma máis ou menos paralela á estrada C-641, cara ó val do río Trimaz, salvando a valgada do río Cocido mediante un viaducto de 270 m. No seu percorrido cara ó val atravesa a nivel o río Chamoselo e os seus afluentes en cinco ocasións.

Presenta un enlace coa C-640 no p.k. 45+180 (similar e próximo ó que se produce nas outras alternativas). Remata no p.k. 48+000 de igual xeito e no mesmo punto cás outras dúas alternativas.

A alternativa así definida ten un percorrido de 29.700 m cunha superficie de ocupación de 1.880.000 m. Desta superficie 76.949 m, distribuídos polos concellos das Pontes de García Rodríguez e Xermade, correspóndense con terreos cualificados polo planeamento municipal como protección de leitos, e 140.279 m no concello de San Sadurniño como protección da natureza. En conxunto, representa unha superficie total de protección de 217.225 m.

Alternativa sur (A-2).

Desenvolve o seu trazado polo sur da mina e do núcleo urbano das Pontes de García Rodríguez.

Iníciase o trazado no mesmo punto que no caso da alternativa anterior, en Igrexafeita (p.k. 18+300). No p.k. 18+375 atópase o enlace de Igrexafeita coa C-641.

A continuación, a estrada debe atravesa-lo profundo val do río Castro, o que determina a necesidade de executar un viaducto de 1.026 metros, para seguidamente atoparse cun dos seus principais afluentes, o Mariaqueira, que se salva cun viaducto dividido en dous tramos de 255 e 263 m de longo respectivamente.

Continúa o trazado atravesando os cumes da Serra de Forgoselo durante preto de 2,3 km, entre os concellos de San Sadurniño e A Capela, discorrendo sobre o macizo granítico de Forgoselo, que polo seu carácter de substrato impermeable, dá lugar a unha rede de escorrentía superficial moi activa, causante da aparición dun recubrimento superficial de solos tipo Anmoor, que dá lugar ó establecemento nestas superficies dunha formación de brañas de extensión considerable.

A alternativa abandona as brañas para continuar pola zona de cumes atravesando pequenos cursos de auga ata o val do río Sande, dunha complexidade topográfica que fai precisa a construcción dun viaducto de 610 m.

No contorno de p.k. 27+800 o trazado atravesa a estrada AC-124, na localidade de Goente, atravesando a vila establecida de forma lineal ó longo da estrada AC-124 e dividíndoa de feito malia o paso subterráneo proxectado. Pasada a vila de Goente, no p.k. 28+350, localízase o enlace con esta estrada AC-124.

Desde este punto, o trazado discorre ó sur da AC-142 de forma máis ou menos paralela, salvando mediante un viaducto de 500 metros a valgada dos Regalados, continúa atravesando polo seu extremo norte o proxectado polígono industrial de Pena Porreira, comunicando con este mediante un enlace situado no p.k. 32+540.

Segue circulando ó sur do núcleo das Pontes de García Rodríguez, enlazando coa estrada C-641 e co núcleo urbano das Pontes de García Rodríguez no p.k. 36+450. Metros antes do enlace, a alternativa atravesa a nivel o río Maciñeira.

A continuación, o trazado atravesa o val do río Eume cun viaducto de 1.300 m de lonxitude, remonta as ladeiras do monte Losquedo ata alcanza-lo límite sur do polígono dos Airíos, onde se proxecta un enlace no p.k. 39+400.

Unha vez superado o polígono, o trazado descende polo interfluvio que separa o río Chamoselo da cunca do río Trimaz, atravesando o val do río Labadoiro, afluente do Chamoselo, mediante un viaducto de 271 metros.

A alternativa entra no val do río Trimaz, xa no concello de Xermade, atravesando a nivel o regato de Porto Souto afluente do Trimaz, no p.k. 44+520. Comunica coa C-640 en Cabreiros, p.k. 45+350, e atravesa a nivel o río Trimaz no p.k. 46+050. A alternativa remata no p.k. 47+800, producíndose unha conexión provisional coa C-641 nas proximidades do lugar de San Martiño.

A alternativa así definida ten un percorrido de 29.500 metros cunha superficie de ocupación de 1.727.000 m. Desta superficie, 167.877 m, discorren por terreos protexidos polo planeamento urbanístico do concello da Capela como superficie de protección agrícola forestal; 92.358 m distribuídos polos concellos das Somozas, As Pontes de García Rodríguez e Xermade correspóndense con terreos cualificados polo planeamento como protección de leitos fluviais e 93.740 m no concello de San Sadurniño como protección da natureza. De forma global representa unha superficie total de protección de 353.975 m.

Alternativa central (A-1).

Ten a súa orixe no mesmo lugar cás outras dúas alternativas, en Igrexafeita (p.k. 18+300). No p.k. 18+375 atópase tamén o enlace de Igrexafeita coa estrada C-641.

Entre o p.k. 18+300 e o p.k. 25+450, o seu trazado é coincidente co da alternativa norte (A-3), polo tanto, neste primeiro treito o seu trazado discorre de xeito paralelo á estrada C-641, por unha rexión de relevo moi accidentado que constitúe o interfluvio entre o río Pequeno e o río Castro, afluentes ámbolos dous do río Grande de Xubia; sendo preciso salva-las valgadas máis pronunciadas mediante os viaductos de Castiñeira (180 m), Ramadela (300 m), Pena Meda (340 m) e A Espariza (400 m).

É tralo viaducto da Espariza (p.k. 25+450), cando o trazado desta alternativa diverxe do correspondente á A-3 e toma orientación SE e, tras superar mediante un viaducto duns 280 m a cabeceira do regato do Chao de Paleira, segue descendendo ata enlazar coa estrada C-641 no p.k. 27+450.

A situación deste enlace permite dar servicio ó enlace tanto coa estrada C-641, como coa estrada AC-101.

A partir do punto antes citado (p.k. 27+450), o trazado progresa en dirección SE polo mesmo corredor polo que discorre a C-641, o espacio situado entre a mina das Pontes de García Rodríguez e a entulleira de estériles da mina, que queda á dereita da calzada.

No p.k. 30+950 proxéctase o enlace coa estrada AC-142 e co proxectado polígono industrial de Pena Porreira.

A continuación (p.k. 33+100), prodúcese o entroncamento do seu trazado co proxectado para a alternativa meridional (A-2), sendo coincidente

o trazado de ambas alternativas entre este punto e o final do proxecto.

Así, no p.k. 33+400 proxéctase o enlace coa estrada C-641 e co núcleo urbano das Pontes de García Rodríguez. Metros antes do enlace, a alternativa atravesa a nivel o río Maciñeira.

A continuación, o trazado atravesa o val do río Eume cun viaducto de 1.300 m de lonxitude, remonta as ladeiras do monte Losquedo ata acada-lo límite sur do polígono dos Airíos, onde se proxecta un enlace no p.k. 36+400.

Unha vez superado o polígono, o trazado descende polo interfluvio que separa o río Chamoselo da cunca do río Trimaz, atravesando o val do río Labadorio afluente do Chamoselo, mediante un viaducto de 271 metros.

A alternativa entra no val do río Trimaz, xa no concello de Xermade, atravesando a nivel o regato de Porto Souto afluente do Trimaz, no p.k. 41+520. Comunica coa C-640 en Cabreiros, p.k. 42+350, e atravesa a nivel o río Trimaz no p.k. 43+050. A alternativa termina no p.k. 44+800, producíndose unha conexión provisional coa C-641 nas proximidades do lugar de San Martiño.

A alternativa así definida ten un percorrido total de 26.500 metros.

* Outros aspectos de interese.

Área de afección do trazado (m):

A área de afección é de 1.864.394 m no caso da alternativa A-1, de 1.994.075m na alternativa A-2 e de 1.880.000 m na alternativa A-3.

Volume total de movementos de terras (m):

A alternativa A-1 implica un movemento de terras de 9.979.993 m, a alternativa A-2 un de 8.558.117 m, e a alternativa A-3 un de 11.693.250 m.

Desmonte (m):

A escavación en desmonte é de 6.696.043 m na alternativa A-1, 5.680.533 m na alternativa A-2 e 8.030.314 m na alternativa A-3.

Terraplén (m):

Os terrapléns incluídos teñen un volume de 3.283.950 m na alternativa A-1, 2.877.584 m na alternativa A-2 e 3.662.936 m na alternativa A-3.

Estima de sobrantes (m):

Calcúlanse uns sobrantes de 3.412.093 m na alternativa A-1, 2.802.949 m na alternativa A-2 e 4.367.378 m na alternativa A-3.

Superficie dos viaductos (m):

A superficie dos viaductos é de 70.058 m na alternativa A-1, 97.175 mna alternativa A-2 e 111.136 m na alternativa A-3.

Resumo das medidas correctoras.

Sobre emisións á atmosfera.

Evitar traballar con ventos fortes durante períodos secos, regas en zonas onde se poida emitir po e recubrimento dos materiais que se vaian transportar.

Sobre o ruído.

Proponse a realización de pantallas anti-ruído conformadas a base de material vexetal e plantacións, a localización das cales obedece ós resultados obtidos dun estudio de previsión da incidencia sonora do tráfico, realizado no marco do EIA.

Sobre o solo.

Planificación e delimitación das zonas sometidas á actividade, de xeito que se xeren as actuacións estrictamente necesarias.

Delimitación clara das áreas de circulación, estacionamento, almacenamento de materiais, etcétera, para reducir ó máximo as áreas sometidas a alteración.

Recoméndase a utilización da propia traza da autovía como vía de obra, establecendo sobre ela o parque de estacionamento de maquinaria e a área de almacenamento de materiais.

Se non fose posible emprega-lo trazado procurarase localizar estas superficies en zonas de baixa calidade.

Habilitar zonas especiais para o estacionamento da maquinaria, encargando a xestión dos residuos a empresas especializadas. As reparacións e manipulacións de maquinaria realizaranse en talleres especializados.

Recuperación e tratamento do máximo volume de solo fértil.

Sobre as augas.

Proponse a definición dun plan viario e de accesos á obra e a adecuada localización de todas aquelas instalacións de tipo auxiliar que, en fase de obras, se consideren precisas.

Evitarase a colocación de estructuras sobre o leito e as ribeiras, a deposición de materiais nesas zonas e a realización de calquera tipo de vertedura. Así mesmo, establécese a necesidade de deixa-las ribeiras e leitos nun estado similar ó preoperacional unha vez rematen as obras.

Con respecto ós procesos de escorrentía, deséñanse os correspondentes sistemas de drenaxe, tanto en sentido transversal como lonxitudinal, recomendándose a realización dun seguimento co obxecto de comproba-lo seu funcionamento.

Sobre a fauna.

Recoméndase a realización, na fase correspondente ó proxecto constructivo, dun estudio específico destinado a asegurar unha correcta permeabilidade da vía con respecto ós compoñentes das comunidades faunísticas do territorio.

Sobre a paisaxe.

Establécense as liñas mestras e condicionantes mínimos para o desenvolvemento dun proxecto de restauración, que deberá considera-la disposición das pantallas sónicas de tipo vexetal que se estimen precisas, segundo o estudio de ruídos realizado. Este proxecto de restauración deberase redactar na fase correspondente ó proxecto constructivo.

Sobre o patrimonio.

Establece a necesidade de realizar unha prospección arqueolóxica intensiva en fase de proxecto constructivo nunha banda de 200 m a cada lado do trazado. A prospección débese realizar segundo o Decreto 199/1997, que regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Dado o grao de definición propio dun estudio informativo, establécense medidas de carácter provisional, a falta de realiza-la prospección citada, sobre os elementos seguintes: GA 15070129 e o identificado como «Sen referencia». Nestes casos podería ser preciso realiza-la escavación arqueolóxica dos ditos elementos. Os elementos con referencia GA 15070128, GA 15070130, GA 15070071, GA 15070072 e GA 1507073 precisarían dun balizamento e control na fase executiva.

Por último, como medida correctora xeral establécese a necesidade de realizar un seguimento e control dos movementos de terra durante a execución do proxecto, que se realizará segundo o Decreto 199/1997, que regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Sobre o medio socioeconómico.

Establécense medidas do tipo da correcta sinalización das vías en fase de obra, humidificación do terreo para evita-las emisións de po, restauración das vías interceptadas, valoración adecuada dos terreos que se van expropiar, creación de pantallas sonoras.

ANEXO II

RESULTADO DAS CONSULTAS EFECTUADAS

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural considera a alternativa proposta como a menos impactante das estudiadas, aínda que consideran que hai determinados aspectos tratados de forma moi global, polo que estiman preciso localiza-los trazados propostos a unha escala máis pequena para permitir obter unha visión conxunta do trazado, recomendando o emprego de escalas 1/100.000 á 1/50.000.

Engaden que a alternativa proposta atravesa a área de Parda-Ladra-Támoga, proposta como lugar de importancia comunitaria pola Xunta de Galicia e que se corresponde coa chaira de inundación do río Trimaz, onde sinalan a presencia de hábitats prioritarios e de interese comunitario. Esta zona presenta un valor ecolóxico insubstituíble.

Neste sentido, solicitan que se estudie unha modificación do trazado e, se iso non fora posible, se deseñen as medidas de corrección e mellora dos recursos que se consideren oportunas. Engaden que neste caso, solicitarán as medidas compensatorias que consideren adecuadas para equilibra-la balanza ecolóxica.

Engaden, ademais, que a vía proxectada atravesa numerosos cursos fluviais e recordan que estes non poden resultar afectados, nin no que respecta á configuración do seu leito, marxes e ribeiras, calidade das augas, etcétera.

Deseñaranse e dimensionaranse os sistemas de drenaxe transversal de forma que non alteren, en modo ningún, os fluxos e balances hídricos nas cuncas e microcuncas afectadas pola alternativa proposta. Evitarán, así mesmo, a xeración de procesos erosivos e os trasvases de augas dunha cuncas a outras.

Concretarase ó máximo posible o Programa de recuperación e xestión de solos e terra vexetal.

Establecerase un plan de xestión de materiais sobrantes e de amoreamentos.

Desenvolverase un proxecto de restauración dos espacios afectados polas obras.

Estableceranse en modo, forma e os lugares adecuados, os pasos para a fauna que se consideren precisos para asegura-la permeabilidade da vía.

A Dirección Xeral de Urbanismo emite informe favorable, indicando que en todo caso, debe respectarse a normativa urbanística vixente.

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural indica que o trazado proxectado non afecta, en principio, a ningún ben do patrimonio arquitectónico, pois quedan tódolos bens inventariados a máis de 200 m de distancia, polo que neste marco se emite informe favorable do estudio informativo. En todo caso, indican que debe prestarse atención ós elementos nº 36, nº 37, nº 42, nº 54 e nº 68, que pola súa proximidade poderían ser afectados polo proceso constructivo da autovía.

No que respecta ó patrimonio arqueolóxico, dado que existe unha notable cantidade de xacementos arqueolóxicos na zona e contorno dos trazados proxectados e que non foi realizada unha prospección arqueolóxica, indican que esta debe realizarse sobre a alternativa proposta e débese acompañar das preceptivas propostas de medidas correctoras, modificando, nos casos en que sexa preciso para salvagarda-lo patrimonio cultural, o trazado da alternativa proposta. Esta documentación deberá ser remitida á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Conclúe o escrito indicando que non pode emitir informe a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural antes de contar con esa documentación.

A Dirección Xeral de Saúde Pública emite informe favorable do estudio informativo e estudio de impacto ambiental.

Unicamente sinalan que no caso de que no curso das obras se producira unha vertedura accidental de substancias perigosas na zona onde se localiza a captación de augas de uso público do concello das Pontes de García Rodríguez, pé de presa do encoro de Ribeira, se avise inmediatamente a Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña e ó Centro de Emerxencias de Galicia.

A Deputación Provincial de Lugo emite informe favorable do estudio informativo.

O Concello das Pontes de García Rodríguez formula as seguintes alegacións:

1. A autovía proxectada afecta ó polígono industrial dos Airios e ós solos urbanizables industriais de Sa e Pena Porreira.

2. No caso dos Airios, afecta a unha zona verde e indícase que o acceso proxectado ó polígono pode afectar a algunha das parcelas.

3. No caso do SAU (solo apto para urbanizar), o trazado proxectado atravesa unha zona de sistemas de espacios libres de dominio e uso público.

4. No SAU de Pena Porreira, indican que non parece ser posible solucionar satisfactoriamente o acceso á autovía desde o SAU.

Indican que no convenio con Endesa está recollida a cesión de terreos da mina, polo que se podería modifica-lo trazado da vía de acceso ó núcleo urbano, polo que a rotonda de acceso situada preto do núcleo de Vila debería modificarse no que respecta á súa localización.

O Concello de San Sadurniño formula as seguintes alegacións ó respecto do estudio informativo:

1. O trazado proxectado afecta á parroquia de Igrexafeita, que é unha entidade de poboación consolidada e que vería drasticamente transformada a súa estructura actual e mingrada a posibilidade de asentamentos no seu territorio, ó discorre-la autovía por onde está arraigada a poboación, configurando unha partición da parroquia en tres franxas de terreo.

Ademais, indican que o trazado proxectado afecta seriamente a unhas trinta vivendas habitadas e implica a desaparición de polo menos cinco delas, o que suporá un impacto moi forte na parroquia sen que, por outra parte, o estudio informativo prevexa contraprestacións (urbanización doutras zonas da parroquia afastadas da autovía, estudios de vías de servicio alternativas, etcétera.) para a parroquia.

2. Dado que a zona de afección da autovía se estende a 100 m a cada lado da plataforma, os usos e hábitos normais da parroquia veranse alterados, establecéndose importantes limitacións sobre múltiples economías domésticas dos habitantes da parroquia, polo que indican que debe realizarse un estudio serio do impacto socioeconómico da obra proxectada sobre a poboación da parroquia.

3. O proxecto debe incluí-la conservación de tódolos camiños e vías públicas, así como as servidumes aparentes de acceso ós predios, en especial os accesos a vivendas e lugares habitados.

4. En función da orografía, localización da poboación e da vertebración do territorio, deberíanse estudiar trazados alternativos que evitaran achegarse ás vivendas de Igrexafeita.

O Concello das Somozas realiza as seguintes observacións ó respecto do estudio informativo:

1. Indica que a conexión proxectada coa AC-110 debe ser modificada no sentido do estudio que presentan, realizado por Proyfe, S.L.

Así e segundo o estudio presentado, o actual treito da AC-110, delimitado polo inicio da variante descrito no estudio presentado e a súa intersección coa C-641, debería pasar a ser unha vía de titularidade municipal.

A variante da estrada AC-110 proposta no estudio presentado, deberá se-lo tramo final da propia AC-110.

Todo isto implica que se realicen as seguintes modificacións ó estudio informativo proposto:

* Supresión dos dous semienlaces propostos para a conexión da autovía coa estrada AC-110 en Espiñaredo.

* Implantación dun novo e único enlace coa AC-110, segundo consta nos planos que acompañan ó estudio presentado polo concello.

* Construcción da variante da AC-110 segundo consta no estudio presentado, variante que se propón como treito final da propia estrada autonómica AC-110.

ANEXO III

RESUMO DAS ALEGACIÓNS

Celso Barro García e 60 veciños máis do lugar da Vila, parroquia de Vilavella (As Pontes de García Rodríguez) opóñense ó estudio informativo alegando que a autovía proxectada pasa polas proximidades do núcleo de Vila a escasos metros das vivendas e invade as terras de labor e cultivo, base das explotacións agropecuarias dos veciños do lugar, os que xa resultaron afectados no pasado a consecuencia da actividade de Endesa.

Indican que a execución do proxecto menoscabará o seu patrimonio e posibilidades económicas, dividirá as parcelas e dificultará os accesos ás explotacións agropecuarias e vivendas, ademais de afectar ó ambiente.

Indican que todo isto se verá acentuado pola avanzada idade dunha gran parte dos afectados.

Solicitan a modificación do trazado proxectado, desprazándoo uns 100 m cara á cinta transportadora de carbón, terreos que son propiedade de Endesa e que indican que non teñen, na actualidade, ningún uso efectivo.

O Grupo Ecoloxista Niño de Azor apoia a alegación anterior. (Celso Barro García e 60 veciños da Vila).

Endesa alega o seguinte:

1. Dado que o trazado discorre pola zona de actividade mineira e, malia o grao de definición propio dun estudio informativo, que non permite valorar con detalle as interferencias entre ámbalas dúas actividades, indican que sería conveniente tratar de consensua-lo trazado definitivo da autovía.

2. O trazado parece afectar ó parque de carbón de Sa, de importación e procedente de Ferrol, polo que haberá que dispoñer un acceso entre a autovía e o parque de Carbóns.

3. Ó discorre-lo trazado entre a mina e a entulleira, sinalan que debe existir comunicación vial e a través de cinta transportadora entre ámbalas dúas partes, o que debe ser considerado no momento de redacta-lo proxecto constructivo.

4. Dado que existen instalacións de Endesa que se comunican a través da C-641, que ó transformarse en autovía terá accesos limitados, sinalan que se requirirá unha vía de servicio que permita o acceso ás citadas instalacións.

Os herdeiros de Elías Bermúdez Rivera alegan que o trazado proxectado afecta a un predio da súa propiedade situada en Percordeiros, quedando a vivenda situada no predio a uns 20 m do trazado e, polo tanto, inscrita na zona de servidume.

O predio está dedicado a plantación de piñeiros e outras árbores e a casa quedaría sen servicio e illada.

Ó se-lo terreo nesa zona «areoso» e «lamacento», é posible que durante as obras, ou despois, se produzan derrubamentos sobre o predio e a vivenda.

Tamén existe unha traída de auga ó predio e á vivenda e un acceso, que se cortarían e para os que se solicita restitución.

Polo tanto, solicitan o desprazamento do trazado uns 70 m cara ó sur, para afastado do citado predio.

David Filgueiras Tojeiro expón que é propietario dunha explotación gandeira (100 cabezas) no Cornocelo, As Pontes de García Rodríguez, ó sur do p.k. 37+500 e á que se chega a través da vía de Mariñaleda ó Cornocelo, que será cortada e para a que non se prevé reposición.

Pola súa vez, indica que o paso superior proxectado no p.k. 37+920, dá servicio a un camiño sen asfaltar e que debe facerse no p.k. 37+500, onde se localiza a verdadeira vía de comunicación da zona: vía de Mariñaleda ó Cornocelo.

Dado que o seu predio tamén resulta afectado polo enlace co P.I. Os Airios, solicita un prezo xusto nas expropiacións, además da reposición do paso á altura do p.k. 37+500.

Manuel Bouza Bouza: vicepresidente da Cooperativa Transpuerto Ferrol-As Pontes de García

Rodríguez indica que a rotonda proxectada para o enlace coa AC-110 en Espiñaredo localízase sobre terreos propiedade da Cooperativa Transpuerto Ferrol-As Pontesde García Rodríguez, nos que se está construíndo unha estación de servicio (licencia de obras 1768/97).

Solicita unha modificación da rotonda proxectada para evita-la afección ás obras en curso.

Mónica Picos Martínez, presidenta da asociación de veciños Adiante de Igrexafeita e 14 veciños máis de Igrexafeita, alegan o seguinte:

1. O trazado proxectado afecta á parroquia de Igrexafeita, que é unha entidade de poboación consolidada e que vería drasticamente transformada a súa estructura actual e mingrada a posibilidade de asentamentos no seu territorio, ó discorre-la autovía por onde está arraigada a poboación, configurando unha partición da parroquia en tres franxas de terreo.

2. Ademais, indican que o trazado proxectado afecta seriamente a unhas trinta vivendas habitadas e implica a desaparición de polo menos cinco delas, o que suporá un impacto moi forte na parroquia sen que, por outra parte, o estudio informativo prevexa contraprestacións (urbanización doutras zonas da parroquia afastadas da autovía, estudios de vías de servicio alternativas, etcétera) para a parroquia.

3. Dado que a zona de afección da autovía se estende a 100 m a cada lado da plataforma, os usos e hábitos normais da parroquia veranse alterados, establecéndose importantes limitacións sobre múltiples economías domésticas dos habitantes da parroquia, polo que indican que debe realizarse un estudio serio do impacto socioeconómico da obra proxectada sobre a poboación da parroquia.

4. O proxecto debe incluí-la conservación de tódolos camiños e vías públicas, así como as servidumes aparentes de acceso ós predios, en especial os accesos a vivendas e lugares habitados.

5. En función da orografía, localización da poboación da vertebración do territorio, deberíanse estudiar trazados alternativos que evitaran achegarse ás vivendas de Igrexafeita.

Os herdeiros de Francisco Montero Meizoso subscriben a anterior alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engaden que:

O trazado proxectado pasa a uns 17 m da súa vivenda, que ó estar xa sobre a C-641, vai quedar entre ámbalas dúas vías.

Solicita que ou ben o trazado se desprace uns 60 m cara ó sur (p.k. 18+700) ou que se lle expropie o predio e a vivenda na súa totalidade.

Secundino García Casal subscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

No estudio informativo non se considera a disposición de pasos para fauna, o que implica unha degradación do espacio natural.

María Meizoso Caaveiro subscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

O trazado afecta a unha fonte e traída de auga no lugar de Regas do Cabrón.

José Conrado Picos Picos subscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita, ademais, engade que:

O trazado afecta a unha fonte e traída de augas no lugar de Regas do Cabrón.

Manuel Castro Yánez subscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

No lugar de Damadría afectase a unha traída de auga.

José Antonio Soto Novo suscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

Se afecta a unha fonte no lugar da Pallota e tamén solicita a conservación do paso cara á C-641 pola Pallota.

Manuel Lamas Prieto suscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

Se afecta a unha fonte privada no lugar de Monte do Viveiro.

Manuel Benigno Lamas Salgado subscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

Se afecta a unha fonte privada no lugar de Monte do Viveiro.

Domingo Formoso Salgado suscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

Tódolos predios da súa propiedade quedan dentro da zona de afección da autovía e engade que aínda non cobraron as indemnizacións correspondentes á vía rápida Igrexafeita-As Pontes de García Rodríguez.

Francisco García Redondo subscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

Se afecta á traída de agua da súa casa, que queda moi próxima ó terraplén da Fraguela.

Jesusa Garabana Lamas subscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

O trazado significará a demolición da súa vivenda e carece de posibilidades económicas e de terreos para construír outra.

Josefa Lamas Salgado subscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

O trazado afecta a varios predios de monte e regadío, así como a unha fonte.

Manuel Casal Prieto subscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

Afecta a un predio dedicado a froiteiras e árbores autóctonas.

Margarita Castro Rodríguez subscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

Se afecta a unha traída de augas no lugar do Coto.

Daniel Caaveiro Yánez subscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

Se afecta a un manancial en Couce da Fraga.

Marcos Castro Rodríguez subscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

Se afecta á traída de augas en Feal.

Marina Castro Cabarcos subscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

É propietaria de vivenda non reflectida no estudio informativo, sita no lugar de Tonia Mariña e que consideran que resulta afectada polo trazado.

José Soto Calvo subscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

Se afecta a unha traída de agua no lugar do Coto.

Josefa Martínez Pérez subscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

O trazado afecta á palleira, garaxe e vivenda da alegante.

María Soledad Piñeiro Torrente subscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

Afecta a un predio chamado Fraga do Rexo.

José Soto Buyos subscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

Se corta unha traída de augas no lugar do Coto.

José Antonio e Gumersindo Soto García subscriben a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engaden que:

Se afecta á explotación familiar de gando vacún leiteiro e a un manancial da súa propiedade.

Engade que a súa casa queda a uns 20 m dun terraplén de 17 m de altura.

Manuela Piñón Tuidos subscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

Ademais, aféctase a un pozo e a súa vivenda queda moi próxima a un terraplén de 17 m de altura.

Manuel Dopico Puentes alega que o trazado afecta a un predio onde se sitúa a súa vivenda situada en Carballo Infante, que quedaría entre a AC-110 e a nova autovía.

Ademais, a autovía discorre pola dita zona nun desmonte de 20 m, o que implicaría riscos debido a posibles movementos de terras.

Solicita ou ben un cambio de trazado, ou ben que se lle expropien a totalidade das propiedades citadas e engade que, dado que é propietario de varios predios de uso agrícola na mesma zona, se creen nela as necesarias estructuras de acceso transversal.

Luciano Rodríguez Lamas subscribe a alegación da AAVV Adiante de Igrexafeita e, ademais, engade que:

O trazado afecta a unha fonte e, ademais, a súa vivenda queda moi preto dun terraplén de 17 m de altura.

Salvador Hermida Galdo, pte. Couto de Caza Naraío, solicita a creación de pasos específicos para a fauna para facilita-lo tránsito das especies cinexéticas propias do couto por toda a súa extensión superficial.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2000.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas