Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2870; XG-319, Viveiro-O Morgallón, anexos, por substitución da concesión V-2870; XG-319, San Miguel de Negradas-Viveiro.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 5 de outubro de 2000,

resolveu outorgar, con carácter definitivo, a Wenceslao Eter Fanego Martínez, a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2870; XG-319, Viveiro-O Morgallón, con anexos, por substitución da concesión V-2870; XG-319, San Miguel de Negradas-Viveiro, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

-Viveiro, O Folgueiro, A Encrucillada, A Pallaza, A Pena, O Mosteiro, A Áspera e O Morgallón.

-A Áspera e San Roque.

-A Encrucillada e A Penela.

2. Expedicións.

O Morgallón-A Áspera-San Roque-A Áspera-A Encrucillada-A Penela-A Encrucillada-Viveiro (22,1 km):

-Unha expedición de ida e volta os xoves.

-Unha expedición de ida e volta o día 1 de cada mes.

-Unha expedición de ida e volta o 3º domingo de cada mes.

3. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 11 pesetas.

-Tarifa usuario: 11,77 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,65 pesetas.

Contra o citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, computados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes