Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-3256; XG-362, Melide-Arnade, con anexos, por substitución da concesión V-3256; XG-362, Melide-Vilouriz.

O conselleiro de Política Territorial, obras Públicas e Vivenda, con data 27 de setembro de 2000, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Autos Puntero, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-3256; XG-362, Melide-Arnade, con anexos, por substitución da concesión V-3256; XG-362, Melide-Vilouriz, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

-Melide, empalme Ribadulla, Ribeiro de Arriba, Currutelo, Ponte da Pedra, Vilamor Abaixo, Vilamor Arriba, Penaventosa, Couso, Vilouriz e Arnade.

-Ponte da Pedra, San Martiño Oleiros, Fondevila, Río Furelos, Meire, O Castro, Érmora, Goiás e Vilouriz.

-Ponte da Pedra, San Xulián e Couso.

-Melide, Real Novo, Garea, Loures, Pedrouzos, Xubial, Marín, cruzamento Paredes, Castiñeiroa, Salgueiros, Baltar, Golán, Mundis, Orois, Maceda, Conchados e Priorada.

II. Prohibicións de tráfico.

-De e entre Melide e empalme de Ribadulla, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Marín e cruzamento Paredes, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Melide e Real Novo, puntos intermedios e viceversa, e deste tramo para o tramo Marín-cruzamento de Paredes, e viceversa.

III. Expedicións.

Melide-Currutelo-Ponte da Pedra-San Martiño de Oleiros-Fondevila-Río Furelos-Meire-Castro-Goiás-Vilouriz-Couso-San Xulián-Ponte da Pedra-Melide (32,9 km).

-Unha expedición de ida os días lectivos.

-Unha expedición de volta os xoves laborables e domingos.

Melide-Currutelo-Ponte da Pedra-Vilamor Abaixo-Vilamor Arriba-Penaventosa-Couso-Vilouriz-Arnade (11,5 km).

-Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

Melide-Real Novo-Garea-Loures-Pedrouzos-Xubial-Marín-Paredes (cruzamento)-Castiñeiroa-Salgueiros-Baltar-Golán-Mundis-Orois-Maceda-Conchados-Priorada-Melide (34 km).

-Unha expedición de ida os días lectivos.

IV. Tarifas.

-Tarifa aplicables.

-Tárifa partícipe por viaxeiro/km: 12,4675 pesetas.

-Tarifa usuario: 13,3402 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,8701 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes