Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-1682; XG-112, A Coruña-Boedo, con anexos, por substitución da concesión V-1682; XG-112, A Coruña-Val de Loureda, con prolongación e anexo.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 14 de decembro de 1999, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Trolebuses Coruña-Carballo, S.A. a concesión de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-1682; XG-112, A Coruña-Boedo, con anexos, por substitución da concesión V-1682; XG-112, A Coruña-Val de Loureda, con prolongación e anexo, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

-A Coruña, Meicende, A Pastoriza, Oseiro, Seixeda, Arteixo, O Foxo, Barreiras, Erbedíns, Mins, Loureda, Balai, Regocheo e Boedo.

-A Pastoriza e Suevos.

-Oseiro, Reñobre e Seixeda.

2. Expedicións.

A Coruña-A Pastoriza-Arteixo-Boedo (21 km):

-Catro expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

-Dúas expedicións de ida e volta os sábados laborables.

A Coruña-A Pastoriza-Arteixo-Loureda (17 km):

-Seis expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

-Tres expedicións de ida e volta os sábados laborables.

-Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos.

A Coruña-A Pastoriza-Suevos (9 km):

-Trece expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

-Nove expedicións de ida e volta os sábados laborables.

-Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos.

A Coruña-A Pastoriza-Oseiro-Rañobre (11,4 km):

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

3. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 12,4318 pesetas.

-Tarifa usuario: 13,3020 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,8648 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase intepoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes