Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2523; XG-250, O Carballiño-Ribadavia, con anexos, por substitución da concesión V-2523; XG-250, de igual denominación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 28 de xullo de 2000, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á empresa Autocares Rodríguez Carballiño, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2523; XG-250, O Carballiño-Ribadavia, con anexos, por substitución da concesión V-2523; XG-250, de igual denominación, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares.

1. Itinerarios e puntos de parada.

-O Carballiño, Mesego, Banga, Cabanelas (Fondo), Cabanelas (Cima), empalme Cabanelas, Leiro, Lebosende, Paredes, Saa, Serantes, Lamas, cruzamento Corneira, Faramontaos, Casares, Fornelos, Abelenda, cruzamento Muimenta, Carballeda de Avia, Fiscas, A Costeira, empalme Carballeda de Avia, Ribadavia (instituto) e Ribadavia.

-Carballeda de Avia, Vilariño, cruzamento Vilar de Condes, Vilar de Condes e Fermosas.

-Cruzamento Muimenta, Muimenta e cruzamento Vilar de Condes.

-Paredes e Orega.

-Lamas e Nogueira.

-Cruzamento Corneira e Corneira.

2. Prohibicións de tráfico.

-De e entre Ribadavia e empalme Carballeda de Avia, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Leiro e empalme Cabanelas, puntos intermedios e viceversa.

-Do tramo Ribadavia-empalme Carballeda de Avia para o tramo Leiro-empalme Cabanelas e viceversa.

3. Expedicións.

O Carballiño-Leiro-Paredes-Orega-Paredes-Lamas-cruzamento Corneira-Corneira-cruzamento Corneira-Abelenda-cruzamento Muimenta-Carballeda de Avia-Ribadavia (35,1 km):

-Unha expedición da ida e volta de luns a venres laborables.

Nogueira-Lamas-Abelenda-cruzamento Muimenta-Muimenta-cruzamento Vilar de Condes-Vilar de Condes-cruzamento Vilar de Condes-Carballeda de Avia-Ribadavia (26,1 km):

-Unha expedición de ida e volta os xoves laborables (cando o xoves coincida con festivo a expedición realizarase o día laborable seguinte).

-Unha expedición de ida e volta os días 10 e 25 de cada mes (cando os días 10 e 25 de cada mes coincidan con domingo ou festivo a expedición realizarase o día laborable seguinte).

Ribadavia-Carballeda de Avia-cruzamento Muimenta-Abelenda-cruzamento Corneira-Corneira-cruzamento Corneira-Lamas (14,6 km):

-Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

Ribadavia-Carballeda de Avia-cruzamento Muimenta-Abelenda-cruzamento Corneira-Corneira-cruzamento Corneira-Lamas-Paredes-Orega (21,6 km):

-Unha expedición de ida de luns a venres laborables en período lectivo.

-Unha expedición de volta de luns a venres laborables.

Fermosas-Vilar de Condes-Carballeda de Avia-Ribadavia (12,4 km):

-Unha expedición de ida e volta os días 10 e 25 de cada mes (cando coincidan con domingo ou festivo a expedición realizarase o día laborable seguinte).

3. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,6359 pesetas.

-Tarifa usuario: 10,3297 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,4481 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes