Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 07 de decembro de 2000 Páx. 16.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 8 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifica a resolución de reintegro de pagamentos indebidos á persoa que se sinala (Concepción Fernández Núñez).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase por medio deste anuncio, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, a resolución da Dirección Xeral de Tributos pola que se lle require á persoa que se relaciona no anexo o reintegro do importe que se indica e polo concepto que se sinala.

A delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda que se indica notificaralle a oportuna liquidación, na que constará a forma e prazo de ingreso.

Contra a resolución obxecto de notificación poderá interpor, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:

-Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro.

-Recurso económico-administrativo perante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido no Decreto 34/1997, do 20 de febreiro.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2000.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Debedor/a: Concepción Fernández Núñez.

NIF: 33.321.065-E.

Importe: 507.066 pesetas.

Concepto: nóminas.

Delegación Economía e Facenda: Lugo.