Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador AG-SA-9/2000-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo que se menciona a resolución dictada no expediente con data do 21-9-2000, por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955.

Para os efectos previstos no artigo 21 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación, poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, de conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 2 de novembro de 2000.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-9/2000-PO.

Denunciado: José Méndez Caramés.

Último enderezo coñecido: Toxa-Silleda.

Feito denunciado: oposición ó saneamento gandeiro.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 209.3º do Decreto 4-2-1955, polo que se aproba o Regulamento á Lei de epizootias de 20-12-1952.

Sanción: 90.000 pesetas segundo o artigo 209.3º.