Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.077

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador AG-SA-95/2000-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo que se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción ó Regulamento de epizootías, Decreto do 4-2-1955.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a José Antonio de Soto Rodríguez e secretaria a María Magdalena Santiago Pereira.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 58 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo ser recusadas en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Pontevedra, 2 de novembro de 2000.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-95/2000-PO.

Denunciado: Julio Martínez Diéguez.

Último enderezo coñecido: avda. de Zamora, 13-3.

Feito denunciado: carecer de libro-rexistro de movementos e compravenda de gando.

Data do acordo de incoación: 6-10-2000.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 10 da Orde do 23 de agosto de 1955.

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias, segundo a actualización das sancións realizada polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio.

Sanción: de 35.000 pesetas.