Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.075

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da subestación de Lourizán a 220/66/20 kV. (Expediente IN407A 98/287).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Unión Fenosa Distribución, S.A. con identificación fiscal A-82153834 e enderezo para efectos de notificacións en Avda. de Arteixo, 15008 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O día 9 de novembro de 1998 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. solicita a autorización administrativa e a aprobación de seu proxecto de execución da subestación transformadora Lourizán a 220/66/20 kV.

Xuntan á dita solicitude o preceptivo proxecto a que fan referencia os artigos 8 e 10 de Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente segundo o disposto na disposición tran

sitoria primeira da Lei 54/1997, do 28 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-Dous transformadores de 75 MVA e un de 40 MVA, relación de transformación 220/66 kV e 220/20 kV respectivamente, cos correspondentes módulos de liña, protección dos transformadores e de medida nas barras, con 12 saídas de liña de 20 kV en Lourizán. Concello de Pontevedra.

Segundo.-O citado anteproxecto someteuse a información pública, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra do 23-11-1998, publicándose no DOG do 14 de xaneiro e no BOP de Pontevedra do 20 de xaneiro de 1999.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Durante o período legalmente establecido non se recibiron alegacións.

Terceiro.-O 31 de marzo de 2000 a empresa promotora presenta o modificado nº1 do proxecto oficial, debido ás condicións impostas por Demarcación de Costas de Estado, o que modifica a configuración inicial da subestación, pero mantendo as súas características xerais, variando exclusivamente a disposición dos diversos compoñentes co fin de mante-las distancias mínimas esixidas. Posteriormente, a empresa presenta o anexo ó modificado nº1 do proxecto subestación de Lourizán a 220/66/20 kV, o 17-7-2000, por considera-la delegación provincial insuficiente o contido do citado modificado nº 1.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial de Pontevedra.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autoriza-la subestación Lourizán a 220/66/20 kV, concello de Pontevedra.

-Aproba-lo proxecto de execución da citada subestación.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria