Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.061

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Residuos y Servicios Urbanos Ciudad Limpia, S.A. para o centro de traballo do servicio de recollida de lixo e limpeza viaria de Narón.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Residuos y Servicios Urbanos Ciudad Limpia, S.A. para o centro de traballo do servicio de recollida de lixo e limpeza viaria de Narón (código 1503711), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-10-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social, polo delegado de persoal, o día 5-6-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se apro

ba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de outubro de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo do centro de traballo Residuos y Servicios Urbanos Ciudad Limpia, S.A. de Narón

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio establece e regula as condicións de traballo do persoal dos servicios de recollida de lixo e limpeza viaria, dependentes da empresa Residuos y Servicios Urbanos Ciudad Limpia, S.A.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio regulará as condicións de traballo de tódolos traballadores e traballadoras que presten os seus servicios para a sociedade mencionada no artigo anterior, sendo de obligatoria e xeral observancia.

Exclúense do ámbito do presente convenio os supostos recollidos no artigo 1.3º e 2º a) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación en todo o termo municipal de Narón onde presten os seus servicios os traballadores e traballadoras da empresa Residuos y Servicios Urbanos Ciudad Limpia, S.A., sen prexuízo do establecido no artigo 1.4º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor ó día seguinte á súa publicación no BOP da Coruña e terá unha duración desde o 1 de xaneiro do 2000 ata o 31 de decembro do 2003.

Unha vez rematada a súa vixxncia inicial ou a de calquera das súas prórrogas, que serán dun ano de duración, continuará rexendo o seu contido normativo ata que sexa substituído por outro convenio.

Artigo 5º.-Denuncia.

A denuncia do presente convenio deberá facerse por escrito á outra parte e cun mínimo dun mes de antelación antes do seu vencemento ou de calquera das súas prórrogas.

A parte que promove a negociación deberá presentar proposta concreta sobre os puntos e contido para a negociación do seguinte convenio.

As partes reuniranse antes de transcorrido un mes desde a recepción da proposta citada.

Artigo 6º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible que regulan tódolos aspectos das relacións laborais entre as partes asinantes e serán consideradas globalmente para efectos da súa aplicación práctica.

Artigo 7º.-Dereito supletorio.

Tódolos aspectos que neste convenio colectivo non estivesen expresamente fixados, regularanse polo diposto no convenio xeral do sector, Estatuto dos traballadores e demais normas de carácter xeral, vixentes en cada momento.

Artigo 8º.-Compensación e absorción.

As retribucións e percepcións comprendidas neste convenio colectivo compensarán e absorberán tódalas as existentes ata o momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza e orixe das mesmas.

Os aumentos de retribucións que poidan producirse no futuro por disposicións legais de xeral aplicación, así como convenios colectivos ou contratos individuais, só poderán afectar ás condicións pactadas no presente convenio, cando consideradas as novas retribucións en cómputo anual superen as aquí pactadas, no caso contrario, serán compensadas absorbidas estas últimas, manténdose o presente convenio colectivo nos seus propios termos e na forma e condicións en que quedan pactadas.

Artigo 9º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as situacións económicas, persoais ou colectivas, que consideradas na súa globalidade, sexan máis beneficiosas cás fixadas no presente convenio, xa sexa en virtude de contrato individual ou de convenio colectivo subscrito conforme á lexislación laboral vixente.

Artigo 10º.-Comisión paritaria.

Créase unha comisión paritaria que estará composta por un máximo de tres membros, un representante da empresa, un das traballadoras e traballadores e un presidente. Ambas partes poderán á súa vez designar un asesor ou asesora, que poderá asistir ás reunións con voz pero sen voto.

O presidente ou presidenta será designado de mutuo acordo entre as partes, e terá voz pero non voto.

Artigo 11º.-Funcións da comisión paritaria.

a) Interpreta-la aplicación da totalidade do contido do convenio.

b) Vixia-lo cumprimento do pactado.

c) Estudiar e valora-las disposicións xerais promulgadas con posterioridade á súa entrada en vigor que afecten o seu convenio.

d) Cantas outras tendan á maior eficacia práctica do convenio e veñan establecidas no seu texto.

A comisión reunirase a instancia de calquera das partes, e logo de acordo de ambas sobre o lugar, dia e hora de celebración, que deberá efectuarse no prazo máximo de 15 días desde a solicitude. A reunión comprenderá tantas sesións como sexan necesarias.

Artigo 12º.-Sistema salarial.

Considerarase salario a totalidade das percepcións económicas dos traballadores e traballadoras, en cartos ou especie, pola prestación profesional dos servicios laborais por conta allea, tanto retribúan o traballo efectivo, calquera que sexa a forma de remuneración, como os períodos de descanso computables como de traballo.

Non terán a consideración de salarios as cantidades percibidas polo traballador ou traballadora en concepto de indemnización ou suplidos polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral, as prestacións e indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

Artigo 13º.-Percepcións salariais e non salariais.

a) Salario base: é aquela parte da retribución que se fixa entendendo exclusivamente a unidade de tempo. O seu importe será o que se fixa nas táboas salariais anexas.

b) Complemento de nocturnidade: establécese un complemento de nocturnidade por día efectivo de traballo segundo as táboas salariais anexas para todos aqueles traballadores e traballadoras que presten os seus servicios nos horarios comprendidos entre as 22 horas e as 6 horas.

c) Complemento de perigosidade, penosidade e toxicidade: establécese un complemento de perigosidade, penosidade e toxicidade por día efectivo de traballo polo importe establecido nas táboas salariais anexas.

d) Complemento de transporte: establécese un complemento de transporte por día efectivo de traballo polo importe establecido nas táboas salariais anexas.

e) Complemento de actividade e calidade de traballo: establécese un complemento de actividade e calidade no traballo a percibir polas categorías e polo importe que se determina nas táboas salariais anexas, por traballo efectivo realizado.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense tres (3) pagas extraordinarias correspondentes a xullo, Nadal e marzo, que serán aboadas na forma seguinte:

a) Paga extraordinaria de xullo, pola contía que se indica nas táboas, devengarase do 1 de xullo do ano anterior ó 30 de xuño.

b) Paga extraordinaria de Nadal, pola contía que se indica nas táboas, devengarase do 1 de xaneiro ata o 31 de decembro.

c) Paga de marzo, que será pola contía que se indica nas táboas e o seu devengo do 1 de xaneiro a 31 de decembro, sendo o seu aboamento en marzo do ano seguinte.

As datas de aboamento dos citados pagos será para cada unha delas os seguintes días:

-Paga de marzo: 15 de marzo.

-Paga de xullo: 15 de xullo.

-Paga de Nadal: 15 de decembro.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de paro existente, e co obxectivo de favorece-la creación de emprego, a empresa comprométese a reducir na medida do posible a realización de horas extraordinarias. Para o caso de que exista a necesidade de realización das mesmas, o seu prezo será para o ano 2000 de 1.568 pesetas e para os anos 2001, 2002 e 2003 incrementarase nunha porcentaxe do 4,5% anual, cunha cláusula de revisión anual sinalada no artigo 27º.

Artigo 16º.-Horas extraordinarias estructurais.

Dado o carácter público dos servicios que se prestan nesta actividade, consideraranse horas extraordinarias estructurais todas aquelas que se precisen para a finalización dos servicios concretados pola prolongación de tempos que se realicen motivados ben sexa por ausencias imprevistas, ben por procesos puntuais de producción non habituais e outras situacións estructurais derivadas da natureza do traballo de que se trata, todo iso ó amparo do disposto na O.M. do 1 de marzo de 1983, sendo a súa execución obrigatoria para o traballador ou traballadora.

Artigo 17º.-Aboamento de salario.

Os salarios aboaranse pola empresa entre os días 1 e 5 de cada mes seguinte ó do devengo ou ó seguinte a este último se fose festivo.

Artigo 18º.-Xornada laboral.

Para os anos de vixencia do presente convenio a xornada laboral será de 40 horas semanais, tanto en xornada continua como partida. En xornada continua os traballadores e traballadoras terán 20 minutos de descanso para o bocadillo, considerándose como tempo efectivo de traballo.

O tempo de traballo computarase de xeito que, tanto ó comezo como á finalización da xornada diaria o traballador ou traballadora encontrarase no seu

posto de traballo coa indumentaria pertinente e en disposición de realiza-lo seu labor.

Artigo 19º.-Incapacidade temporal.

No caso de baixa por incapacidade temporal derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional, contraída como consecuencia da prestación do traballo neste centro, a empresa complementará ata o 100% do salario real. No caso de maternidade ou hospitalización, tamén terá dereito ó dito complemento, que será aboado con pagamento directo a través do INSS.

No caso de enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa complementará segundo a seguinte escala.

1. A empresa complementará o 100% desde o primeiro día para a primeira baixa do ano.

2. A empresa complementará o 100% desde o cuarto día para a segunda baixa do ano.

3. A empresa complementará o 100% desde o décimo sexto día para a terceira baixa do ano.

4. En baixas sucesivas, a empresa complementará o 100% do salário real desde o décimo sexto día.

Non terán estes complementos aqueles traballadores e traballadoras que non teñan dereito ó cobramento do subsidios oficiais que outorga a Seguridade Social ou a mutua correspondente. As pagas extras non se verán afectadas no seu importe habitual pola situación de IT.

Artigo 20º.-Vacacións.

Todo o persoal terá anualmente 30 días naturais de vacacións.

O período de desfrute das vacacións será nos meses de xullo, agosto e setembro.

A remuneración do traballador ou traballadora que se atope de vacacións será a que figura nas táboas salariais anexas.

Artigo 21º.-Clasificación do persoal.

Esta clasificación de persoal é enunciativa e non presupón ter cubertas tódalas súas prazas.

Mandos intermedios: o grupo de mandos intermedios está composto polas seguintes categorías:

-Capataz: ás ordes do delegado, ou da persoa en quen éste delegue, ten ó seu cargo persoal operario ó que dirixe, vixía e ordena o seu traballo. Posúe coñecementos completos dos oficios e das actividades dos distritos ou zonas e dotes de mando suficientes para mante-la debida disciplina e que se obteñan os rendementos previstos.

Persoal operario: o grupo de persoal operario está composto polas seguintes categorías:

-Conductor: debe estar en posesión de carné de conducir correspondente, e te-los coñecementos necesarios para executar toda clase de reparacións, que non requiran elementos de taller. Coidará especificamente de que o vehículo ou máquina que con

duce saia do parque nas debidas condicións de funcionamento.

Ten ó seu cargo o manexo e conducción das máquinas ou vehículos remolcados e sen remolcar propios do servicio. Responsabilizarase do mantemento e axeitada conservación da máquina ou vehículo que se lle designe, así como de observa-las prescricións técnicas e de funcionamento destes.

-Peón: traballador ou traballadora encargado de executar labores para as que non se requira ningunha especialización profesional nin técnica. Poden presta-los seus servicios indistintamente en calquera servicio dos centros de traballo.

-Mecánico: operario ou operaria que con coñecementos teórico-prácticos do oficio executa os cometidos do seu oficio coa suficiente perfección e eficacia.

Grupo administrativos ou administrativas:

-Auxiliar administrativa ou administrativo: empregado ou empregada que dedica a súa actividade a operacións elementais e administrativas e, en xeral, às puramente mecánicas inherentes ó traballo da oficina.

Calquera outra categoría que exista no centro de traballo de Narón e que non se corresponda ós grupos mencionados anteriormente integrarase nalgunha das establecidas no convenio xeral do sector e conforme ó que establece a comisión paritaria.

Artigo 22º.-Roupa de traballo.

A roupa de traballo compoñerase das seguintes pezas:

-Uniforme de verán: cazadora, pantalón, xersei e camisa. Calzado.

-Uniforme de inverno: cazadora, pantalón, xersei e camisa. Calzado.

Entregaranse botas de seguridade cando os traballos que se efectúen o requiran. Igualmente entregarase anorak con pantalóns para os conductores ou conductoras e para os peóns ou peonas un ano anorak e outro ano roupa de auga.

Artigo 23º.-Seguridade e hixiene no traballo.

Rexerá o disposto na Lei de prevención de riscos laborais, tendo o delegado ou delegada de prevención dereito ó mesmo crédito horario que os representantes dos traballadores e traballadoras de Tecmed de Narón.

Artigo 24º.-Fondo de axuda escolar.

Para os anos de vixencia deste convenio crearase un fondo de axuda escolar por un importe de 250.000 pesetas para repartir entre os traballadores e traballadoras de Servicios y Residuos Urbanos Ciudad Limpia, S.A. en Narón que teñan fillos e fillas en idade escolar contra factura de gastos escolares oficiais (preescolar, EXB, BUP, COU, universitario).

Artigo 25º.-Póliza de accidentes.

Para os casos de accidente de traballo con resultado de morte dun traballador ou traballadora, a empresa contratará a correspondente póliza de seguro a favor de quen determine o traballador ou traballadora consistente nunha indemnización de 3.000.000 de pesetas (tres millóns de pesetas).

Se como resultado de accidente laboral o traballador ou traballadora sufrise unha incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez, o importe da indemnización será igualmente de 3.000.000 de pesetas (tres millóns de pesetas).

Artigo 26º.-Retirada do permiso de conducir.

No caso de que sexa retirado o permiso de conducir a un conductor ou conductora por accións cometidas e feitos producidos dentro da xornada laboral de traballo, a empresa asignaralle un traballo igual ou equivalente, se existe nese momento, e terá direito á percepción dos salarios da súa categoría de conductor ou conductora durante 1 ano. Transcorrido este período pasará a percibi-lo salario correspondente á categoría que se encontre desempeñando.

No suposto de que a sanción que derive da retirada do permiso de conducir se produza fóra da xornada laboral, procederase a negociar individualmente con cada traballadora ou traballador afectado, dentro das marxes legais establecidas nos artigos 39 e 41 do Estatuto dos traballadores, unha adecuación ó seu novo posto mentres dure a sanción que motivou a retirada do citado permiso.

Os beneficios contemplados no presente artigo non serán de aplicación cando as causas de retirada do permiso de conducir sexan por imprudencia temeraria ou embriaguez.

Artigo 27º.-Incremento salarial ano.

Os salarios dos anos 2000, 2001, 2002 e 2003 son os reflectidos nas táboas salariais que acompañan este texto de convenio. As devanditas táboas salariais incrementaranse anualmente na diferencia que resulte entre o IPC real e o 2% en tódolos conceptos.

Artigo 28º.-Días de libre disposición.

Os traballadores e traballadoras terán tres (3) días de libre disposición ó ano. A súa solicitude terá que efectuarse con polo menos 72 horas de antelación e por escrito. A súa concesión pola empresa, e polo tanto o seu desfrute, estará en todo caso supeditado ás necesidades de organización do servicio, dado o carácter de servicio público que ten a actividade.

En ningún caso se poderá acumular entre si ou as vacacións ou festivos.

Artigo 29º.-Complemento de festivos.

Para o caso de que un traballador ou traballadora de xornada semanal completa teña que prestar os

seus servicios en festivo aboaraselle para o ano 2000 a cantidade de 10.440 pesetas por xonada diaria completa traballada, compensándose ademais cun día de descanso. Para os respectivos anos da vixencia deste convenio incrementarase esta contía nun 4,5% anual coa claúsula de revisión sinalada no artigo 27º.

No caso de dous (2) días festivos consecutivos, e se as necesidades do servicio o requirisen, terase que traballar necesariamente un deles.

No caso de tres (3) dias festivos consecutivos, e se as necesidades do servicio o requiren, terase que traballar necesariamente o do medio.

Artigo 30º.-Licencias retribuídas.

Nas licencias retribuídas rexerá o previsto no Estatuto dos traballadores no seu artigo 37.3º, coa excepción seguinte:

-No caso de enfermidade grave ou falecemento de familiares en primeiro grao tres días (3).

Disposición derradeira

En virtude do establecido no artigo 33 do convenio xeral do sector o complemento persoal de antigüidade substitúese polo complemento de actividade e calidade no traballo do apartado e) do artigo 13º do presente convenio.

ANEXO

Táboa salarial 2000

CategoríaSalario baseComplemento

tóxico

Complemento

actividade

Complemento

transporte

Complemento

nocturnidade

Paga veránPaga NadalPaga marzoMens. vacacións

Capataz113.65218.70217.05414.1360127.486127.486112.098133.899

Conductor103.38817.0047.22814.1360106.562106.562101.998109.660

Conductor noite103.38817.0047.22814.13621.275106.562106.562101.998109.660

Peón90.15214.8186.29014.136093.75693.75688.94398.116

Peón noite90.15214.8186.29014.23618.54893.75693.75688.94398.116

Administrativo105.335025.40614.1360108.934108.934105.335129.282

Táboa salarial 2001

CategoríaSalario baseComplemento

tóxico

Complemento

actividade

Complemento

transporte

Complemento

nocturnidade

Paga veránPaga NadalPaga marzoMens. vacacións

Capataz118.31219.46917.75314.7160132.713132.713116.964139.388

Conductor107.62717.7017.52514.7160110.931110.931106.179114.156

Conductor noite107.62717.7017.52514.71622.147110.931110.931106.179114.156

Peón93.84815.4256.54814.716097.60097.60092.589102.139

Peón noite93.84815.4256.54814.71619.30897.60097.60092.589102.139

Administrativo109.653026.44814.7160113.400113.400109.653134.582

Táboa salarial 2002

CategoríaSalario baseComplemento

tóxico

Complemento

actividade

Complemento

transporte

Complemento

nocturnidade

Paga veránPaga NadalPaga marzoMens. vacacións

Capataz123.16320.26718.48115.3190138.154138.154121.479145.103

Conductor112.04018.4277.83315.3190115.479115.479110.533118.836

Conductor noite112.04018.4277.83315.31923.055115.479115.479110.533118.836

Peón97.69616.0586.81615.3190101.602101.60296.385106.327

Peón noite97.69616.0586.81615.31920.100101.602101.60296.385106.327

Administrativo114.149027.53215.3190118.050118.050114.149140.100

Táboa salarial 2003

CategoríaSalario baseComplemento

tóxico

Complemento

actividade

Complemento

transporte

Complemento

nocturnidade

Paga veránPaga NadalPaga marzoMens. vacacións

Capataz128.21221.09819.23915.9470143.818143.818126.459151.053

Conductor116.63419.1838.15415.9470120.214120.214115.085123.708

Conductor noite116.63419.1838.15415.94724.000120.214120.214115.065123.708

Peón101.70116.7167.09515.9470105.768105.768100.337110.686

Peón noite101.70116.7167.09515.94720.924105.768105.768100.337110.686

118.829028.66115.9470122.890122.890118.829145.844

Táboa salarial 2000

CategoríaSalario baseComplemento

tóxico

Complemento

actividade

Complemento

transporte

Complemento

nocturnidade

Paga veránPaga NadalPaga marzoMens. vacacións

Capataz3.7377485615650127.486127.486112.098133.899

Conductor3.4006802385650106.562106.562101.998109.660

Conductor noite3.400680238565851106.562106.562101.998109.660

CategoríaSalario baseComplemento

tóxico

Complemento

actividade

Complemento

transporte

Complemento

nocturnidade

Paga veránPaga NadalPaga marzoMens. vacacións

Peón2.965593207565093.75693.75688.94398.116

Peón noite2.96559320756574293.75693.75688.94398.116

Administrativo3.46408355650108.934108.934105.335129.282

Táboa salarial 2001

CategoríaSalario baseComplemento

tóxico

Complemento

actividade

Complemento

transporte

Complemento

nocturnidade

Paga veránPaga NadalPaga marzoMens. vacacións

Capataz3.8917795845890132.713132.713116.964139.388

Conductor3.5397082475890110.931110.931106.179114.156

Conductor noite3.539708247589886110.931110.931106.179114.156

Peón3.086617215589097.60097.60092.589102.139

Peón noite3.08661721558977297.60097.60092.589102.139

Administrativo3.60608705890113.400113.400109.653134.582

Táboa salarial 2002

CategoríaSalario baseComplemento

tóxico

Complemento

actividade

Complemento

transporte

Complemento

nocturnidade

Paga veránPaga NadalPaga marzoMens. vacacións

Capataz4.0506116086130138.154138.154121.479145.103

Conductor3.6847372586130115.479115.479110.533118.836

Conductor noite3.684737258613923115.479115.479110.533118.836

Peón3.2136422246130101.602101.60296.385106.327

Peón noite3.213642224613804101.602101.60296.385106.347

Administrativo3.75409056130118.050118.050114.149140.100

Táboa salarial 2003

CategoríaSalario baseComplemento

tóxico

Complemento

actividade

Complemento

transporte

Complemento

nocturnidade

Paga veránPaga NadalPaga marzoMens. vacacións

Capataz4.2168446336380143.818143.818126.459 151.053

Conductor3.8357672686380120.214120.214115.085123.708

Conductor noite3.835767268638960120.214120.214115.065123.708

Peón3.3446692336380105.768105.768100.337110.686

Peón noite3.344669233638837105.768105.768100.337110.686

3.90809426380122.890122.890118.829145.844