Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.066

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de novembro de 2000 pola que se procede ó nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 10d (socorrista) do grupo V convocada pola Orde do 2 de decembro de 1996 (Diario Oficial de Galicia número 242, do 12 de decembro).

Pola Orde do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12 de decembro) convocouse o proceso selectivo para o acceso á categoría 10d (socorrista) do grupo V da Xunta de Galicia, sendo elevada a definitiva a proposta de aspirantes que superaron este mediante a Orde do 1 de decembro de 1998 (DOG nº 239, do 11 de decembro). Verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria e realizado o acto previsto na Resolución do 24 de outubro de 2000 do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, esta consellería de confor

midade co disposto no III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral ó servicio da Xunta de Galicia

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear persoal laboral fixo da Xunta de Galicia a Rodolfo N. Fernández Pazos, con DNI 32.747.337 e a Rafael A. Saavedra García, con DNI 32.804.346, e adxudicarlles como destino definitivo os postos que a continuación se relacionan:

NomeDNICódigoDenominaciónDestino

Rodolfo N. Fernández Pazos32.747.337SA.C99.40.303.15001.058SocorristaResidencia-

Fogar 3ª Idade (A Coruña)

Rafael A. Saavedra García32.804.346PR.P49.40.101..15570.127SocorristaINEF-Galicia (Bastiagueiro-

Oleiros)

Segundo.-Para adquiri-la condición de persoal laboral fixo, as persoas nomeadas deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo previsto no artigo 13 do III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Terceiro.-O prazo da toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa pódese interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, á elección do interesado, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición na que teña aquel o seu domicilio ou o da Coruña, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública