Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 04 de decembro de 2000 Páx. 16.057

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Ourense de Transportes, S.A. de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Ourense de Transportes, S.A. de Ourense (código de convenio 32000622), con entrada nesta delegación provincial o día 26-10-2000, subscrito pola representación económica, pola empresa e pola social, polo comité de empresa o día 28-9-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3 do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición no rexistro de convenios desta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 17 de outubro de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo Ourense de Transportes, S.A.

2000

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio regula as relacións laborais entre a empresa Ourense de Transportes, S.A. e o seu persoal.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, se ben os efectos económicos se aplicarán a partir do 1 de xaneiro de 2000. En canto á duración, será dun ano, desde o 1-1-2000 ata o 31-12-2000, prorrogándose pola tácita de ano en ano, ata que algunha das partes o denuncie con tres meses de antelación, como mínimo, ó remate da súa vixencia.

Artigo 3º.-Comisión paritaria.

Crearase unha comisión paritaria como órgano interpretativo para a vixilancia e cumprimento do

convido, integrada polos membros da comisión negociadora do presente convenio.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas neste convenio teñen o carácter de mínimas. Dentro das condicións pactadas respectaranse as situación que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas que as convidas, manténdose ad personam en canto excedan as pactadas.

Artigo 5º.-Organización do traballo.

A organización técnica e práctica do traballo corresponderá á empresa dentro das normas e orientacións das disposicións legais vixentes.

Non poderá adoptarse ningún sistema de traballo que poida prexudica-la formación profesional e técnica do persoal, antes ben, este ten o deber e a empresa facilitaralle o medio para iso conducente a completar e perfecciona-los seus coñecementos.

Artigo 6º.-Período de proba.

Poderá concertarse por escrito un período de proba que, en ningún caso, poderá exceder de seis meses para os técnicos titulados e de tres meses para os demais traballadores, agás para os non cualificados, sendo neste caso a duración máxima de quince días laborables.

O empresario e o traballador están respectivamente obrigados a realiza-las experiencias que constitúan obxecto de proba.

Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e ó posto de traballo que desempeñe, como se fose do cadro de persoal, agás os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse a pedimento de calquera das partes durante o seu transcurso.

Transcorrido o período de proba sen que se producise o desestimento, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo de servicios prestados na antigüidade do traballador na empresa. A situación de incapacidade laboral transitoria que afecte ó traballador durante o período de proba interrompe o cómputo deste.

Artigo 7º.-Ascensos.

Aplicarase o disposto na lexislación vixente.

Artigo 8º.-Traballo de categoría superior.

O traballador que realice funcións de categoría superior ás que correspondan á categoría profesional que tivese recoñecida por un período superior a seis meses durante un ano, ou oito meses durante dous anos, consolidará a devandita categoría.

Cando se desempeñen funcións de categoría superior, pero non proceda legalmente o ascenso, o traballador terá dereito á diferencia retributiva entre a categoría asignada e a función que efectivamente realice.

Artigo 9º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de corenta horas semanais.

Considérase traballo efectivo o traballo de conducción e tempo de presencia: as esperas, expectativas de servicio, servicio de garda, viaxes sen conducción para a toma de servicio, avarías, comidas en ruta e outros semellantes.

Cando se fala de traballo efectivo deberá terse en conta que:

1. Non se poderá conducir máis de nove horas diarias.

2. O descanso entre xornadas non será inferior a doce horas diarias.

Artigo 10º.-Permiso de conducir.

Os conductores ós que como consecuencia de conducir un vehículo de empresa, por orde e conta desta, se lles retire o permiso de conducir por tempo non superior a seis meses, serán adaptados durante este tempo a outro traballo, aínda que sexa de categoría profesional inferior, nalgún dos servicios que dispoña a empresa e seguirá percibindo o salario correspondente á súa categoría.

O disposto no presente artigo non será de aplicación nos casos de reincidencia dentro do ano, quedando excluídos deste beneficio os conductores que se visen privados do permiso de conducir a causa do consumo de drogas ou a inxestión de bebidas alcohólicas.

No caso de que un empregado sufra prisión por causa dun accidente involuntario no servicio da empresa, esta estará obrigada a defendelo perante os tribunais e a xestiona-la súa liberdade prestando a fianza que para iso fose necesaria.

Será voluntario, por parte da empresa, o pagamento das retribucións ós empregados que non poidan traballar no suposto expresado no artigo anterior, se ben, unha vez dictado auto de sobresemento ou sentencia absolutoria, seranlles aboados tódolos atrasos a teor do salario máis antigüidade.

Artigo 11º.-Recibo de liquidación.

Todo traballador, ó cesar na empresa, poderá somete-lo recibo de liquidación ou documento que poña fin á relación, antes de asinalo, á supervisión do comité de empresa ou sindicato ó que estea afiliado.

Artigo 12º.-Salario base.

O salario base que corresponde ó persoal afectado polo presente convenio aboarase por día natural, na contía recollida no anexo I que se achega para o ano 2000.

Artigo 13º.-Pagas extraordinarias.

Tódolos traballadores da empresa terán dereito o percibo dunha paga de beneficios consistente en 30 días de salario base máis antigüidade. A paga de beneficios aboarase por anos vencidos, antes do 15 de marzo. Os traballadores que o 31 de decembro leven menos dun ano ó servicio da empresa, terán

dereito á parte proporcional correspondente ó tempo traballado, computándose sempre este en días naturais. Unicamente non se computarán, para os efectos de participación en beneficios: as excedencias voluntarias, permisos sen soldo e ausencias inxustificadas. A devandita paga poderá ser aboada de forma proporcional ó longo das distintas nóminas mensuais.

As gratificacións extraordinarias de xullo e decembro aboaranse na contía de 30 días de salario máis antigüidade.

Artigo 14º.-Antigüidade.

Os traballadores desfrutarán como complemento persoal de antigüidade dun aumento periódico polo tempo de servicios prestados á empresa, consistente como máximo en dous bienios e cinco quinquenios da contía que despois se expresará.

O módulo para o cálculo e aboamento do complemento de persoal de antigüidade, será o último salario base percibido polo traballador, servindo o citado módulo non só para o cálculo dos bienios e quinquenios de novo vencemento, senón tamén para os dos xa consolidados. As contías do complemento de persoal de antigüidade serán do 5% para os dous primeiros bienios e do 10% para os quinquenios.

A data inicial para o cómputo de antigüidade será a do ingreso de traballador na empresa. Así mesmo, será computable o tempo de excedencia forzosa por nomeamento para un cargo político ou sindical, así como no caso de prestación de servicio militar ou prestación social substitutoria. Pola contra, non se estimará o tempo que permanecese en excedencia voluntaria.

Estes aumentos computaranse en razón dos anos de servicio na empresa, calquera que sexa o grupo ou categoría en que se encontre encadrado, estimándose así mesmo, os servicios prestados en período de proba e polo persoal interino, eventual ou complementario, cando estes pasen a ocupar praza no cadro de persoal fixo.

Os aumentos por ano de servicio comezarán a percibirse a partir do primeiro do mes seguinte do que se cumpra o bienio ou quinquenio. O traballador que cese definitivamente na empresa e posteriormente ingrese de novo nela, só terá dereito a que se lle compute a antigüidade desde a data de ingreso, perdendo tódolos dereitos de antigüidade anteriormente obtidos.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

Aplicarase a normativa vixente en cada momento sobre o réxime de horas extraordinarias no sector do transporte. As horas estructurais pagaranse polo importe reflectido no anexo I.

Artigo 16º.-Complemento de conductor perceptor.

O conductor perceptor cando desempeña simultaneamente as funcións de conductor-cobrador, percibirá un complemento salarial do 20% do salario

base, se é o caso, por cada día que realice ambas funcións.

Artigo 17º.-Traballo de categoría inferior.

Se por necesidade da empresa se destina un traballador a traballos de inferior categoría a aquela na que está adscrito, sen que iso prexudique á formación profesional, única forma admisible en que pode efectuarse, o traballador conservará o xornal correspondente á súa categoría.

Artigo 18º.-Persoal con capacidade diminuída.

A empresa deberá adapta-lo persoal con capacidade diminuída pola idade ou outras circunstancias, antes da súa xubilación ou retiro, destinándoo a outros traballos adecuados ás súas condicións e sempre que haxa prazas vacantes. O persoal acollido a esta situación non excederá do 5% do total da categoría respectiva.

Artigo 19º.-Compensación no caso de baixa por accidente ou enfermidade.

A empresa completará a diferencia entre a compensación percibida con cargo á Seguridade Social por incapacidade laboral transitoria e o salario real deste convenio, cando aquela estea motivada por accidente de traballo con hospitalización. No suposto de non producirse hospitalización, o devandito complemento aboaránselle ata un máximo de 45 días.

No caso de baixa por enfermidade, a empresa completará o 100% do salario dos traballadores desde o día 16 ata o 60 como máximo.

Cando a xuízo da empresa existan indicios razoables para presumir algunha irregularidade na situación de baixa por accidente ou enfermidade común, poderá requiri-lo traballador que se someta ó recoñecemento do facultativo que a empresa designe, sendo a cargo desta os gastos que se orixinen por tal motivo.

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

Establécese a obrigatoriedade da empresa de dota-lo persoal das seguintes roupas de traballo e uniforme:

Persoal de movemento (uniforme de verán):

-Un pantalón cada dous anos.

-Unha cazadora cada tres anos.

-Una carteira cada tres anos.

-Tres camisas manga curta cada dous anos.

Persoal de movemento (uniforme de inverno):

-Tres camisas cada dous anos.

-Un pantalón cada dous anos.

-Un xersei cada dous anos.

-Unha gravata cada dous anos.

-Un anorak cada tres anos.

Persoal do taller:

-Dúas fundas cada ano.

-Un par de botas cada ano.

-Roupa de auga, segundo as necesidades das funcións que se vaían realizar.

-Elementos de limpeza (segundo necesidades).

-Un anorak, para o persoal que realice traballos nocturnos cada dous anos.

A data de entrega das roupas de uniforme será antes do 30 de abril, para as de verán, e do 30 de setembro para as de inverno.

O persoal de novo ingreso recibirá dous xogos completos de vestiario, agás o anorak e cazadora, que só recibirá unha unidade de cada.

A data para comezar a vesti-la roupa de verán é dous días despois de realiza-lo cambio a vestiario de verán a policía local. Isto mesmo aplicarase para o cambio á roupa de inverno. A empresa notificarao no taboleiro de anuncios.

Artigo 21º.-Vacacións.

Todo o persoal ó servicio de empresa desfrutará dun período de vacacións anuais de 30 días naturais, retribuídos a razón de salario base máis antigüidade e gratificación de actividade. O período de desfrute fixarase de común acordo entre a empresa e o comité de empresa. O traballador coñecerá as datas que lle corresponden dous meses antes, polo menos, do comezo de desfrute e o calendario será fixado pola empresa no taboleiro de anuncios, para o coñecemento de todo o persoal.

Se no momento de comeza-las vacacións o traballador se encontrará de baixa médica, as vacacións cabiaranse para outra data, independentemente de que estas xa estiveran reflectidas ou non no taboleiro.

Artigo 22º.-Gratificación de actividade.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá unha gratificación de actividade, durante a súa vixencia coa contía fixada no anexo I.

Artigo 23º.-Traballo nocturno.

As horas traballadas entre as doce da noite e as seis da mañá levarán unha recarga do 25% do salario base. Exclúese do cobro do devandito suplemento o persoal que realiza as súas funcións durante a noite e que sexa contratado expresamente para traballar durante esta.

Artigo 24º.-Permisos e licencias.

a) 15 días naturais, no caso de matrimonio se realiza a unha distancia superior ós 100 km da residencia do empregado, dous días máis.

b) 2 días naturais, no caso de nacemento de fillos.

c) 2 días naturais, no caso de falecemento de parentes ata o 2º grao.

Nos supostos anteriores (a, b, c) ampliaranse o permiso dous días maís se o feito causante se dá a unha distancia superior ós 100 km da residencia do empregado.

d) As traballadoras por lactación dun fillo menor de 9 meses terán dereito a unha hora de ausencia ó traballo, que poderán dividir en dúas fraccións de media hora. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora, coa mesma finalidade.

d) Por traslado de domicilio, 1 día.

Artigo 25º.-Dereitos sindicais.

A empresa poderá deducir a través da nómina as cotas correspondentes ós afiliados ás centrais sindicais. Os interesados deberán solicitalo por escrito á dirección da empresa. Os importes retidos serán entregados ás persoas ou entidade que designe a central sindical correspondente. A empresa disporá dun taboleiro de anuncios para comunicados sindicais. Estes comunicados deberán leva-la sinatura do comité de empresa ou representantes do sindicato correspondente. Os traballadores poderán reunirse no centro de traballo en horas fóra de servicio. A empresa reunirase bimensualmente, con carácter ordinario, co comité de empresa.

Artigo 26º.-Excedencias.

1. A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade durante a súa vixencia, concederase pola designación ou elección para cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reingreso deberá ser solicitado dentro domes seguinte ó cesamento no cargo público.

2. O traballador cunha antigüidade na empresa de polo menos un ano, ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercido cada vez por un traballador, se transcorreron catro anos desde o remate da anterior excedencia.

3. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia voluntaria non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo contado desde a data de nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, de se-lo caso, porá fin o que viñera desfrutando. Cando o pai ou a nai traballen, só un deles poderá exercer ese dereito.

4. Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso a situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

5. O traballador excedente só conserva o dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa, que houbera ou se produciran na empresa.

6. Quedan excluídos os traballadores contratados eventuais con contrato igual ou inferior a dous anos.

Artigo 27º.-Seguro de accidente.

A empresa terá concertada unha póliza de seguro que cubra os casos de morte, incapacidade permanente absoluta ou invalidez do traballador, derivada de accidente. A contía da póliza será de 3.500.000.

Artigo 28º.-Quebranto da moeda.

Establécese polo quebranto da moeda unha cantidade que vén recollida no anexo I.

Artigo 29º.-Cómputo de xornada.

Consideraranse laborables para efecto de cómputo de xornada tódolos días do ano agás vacacións (30 días) e festivos aboables (14 días).

Se no ano temos que facer unha xornada de 1.820 horas, e temos 321 días para facela (unha vez descontados os días de vacacións e festivos aboables), resulta que temos que facer unha xornada diaria de 5,67 horas, que é o resultado da división do número de horas anuais (1.820) entre os 321 días.

O permiso concedido por falecemento e matrimonio, ó amparo do artigo 24 do presente convenio, así como as vacacións, e baixas por ILT non entrarán en cómputo de xornada. O cómputo de xornada farase polos días realmente traballados e os días de descanso. O control de horas para o cómputo de xornada, para este ano, queda reflectido no anexo II.

Artigo 30º.-Uniformes.

A roupa do uniforme só se poderá utilizar para a prestación do servicio, quedando prohibida a súa utilización fóra do horario de servicio.

É obriga do persoal e seu coidado e limpeza, debendo presentarse ó servicio debidamente limpo e aseado, ó ter a empresa a condición de servicio público.

Artigo 31º.-Cláusula de garantía salarial.

Acordan asina-lo convenio colectivo do ano 2000 cun incremento salarial do 2,7% a tódolos conceptos salariais.

Igualmente acórdase este ano o establecemento dunha cláusula de revisión salarial bidireccional ó IPC real ó 31-12-2000 sobre o incremento salarial pactado, isto é, se o IPC real o 31-12-2000 fora superior ó incremento salarial pactado do 2,7%, deberase aboa-la diferencia sobre os conceptos incrementados e sobre todo o ano 2000 nas nóminas de xaneiro e febreiro do ano 2001. Se pola contra, o IPC real o 31-12-2000 fora inferior ó incremento salarial pactado do 2,7%, deberase quita-la diferencia sobre os conceptos incrementados e sobre todo o ano 2000 nas nóminas de xaneiro e febreiro do ano 2001.

En ámbolos dous casos adecuaranse ó 1-1-2001 os importes dos conceptos salariais ó IPC real do ano 2000.

Táboa salarial 2000

CategoríasPrezoConcepto convenio

* Conductor-perceptor e inspectores
Salario base3.277Por nº días naturais
Actividade11.692Fixo
Complemento perceptor655Por nº días traballados
Horas estructurais770Por nº horas traballadas
Quebranto de moeda2.773Fixo

* Mecánico Of. 1ª
Salario base3.302Por nº días naturais
Actividade11.692Fixo
Horas estructurais770Por nº horas traballadas

* Mecánico Of. 2ª
Salario base3.272Por nº días naturais
Actividade11.692Fixo
Horas estructurais770Por nº horas traballadas

* Mecánico Of. 3ª
Salario base3.215Por nº días naturais
Actividade11.692Fixo
Horas estructurais770Por nº horas traballadas

* Lavacoches
Salario base3.198Por nº días naturais
Actividade11.692Fixo
Horas estructurais770Por nº horas traballadas

* Aux. administrativo
Salario base3.281Por nº días naturais
Actividade11.692Fixo

ANEXO II

CÓMPUTO DE XORNADA

Control de horas.

Mes de 31 días175 horas.

Mes de 30 días171 horas.

Mes de 29 días165 horas.

Mes de 28 días159 horas.

Festivo desfrutado6 horas.

Festivo traballado6 horas+quenda correspondente.

Laborablesquenda de mañá 8 œ horas

quenda de tarde 9 œ horas.

Domingos e festivosquenda de mañá 7 œ horas.

quenda de tarde 9 œ horas.