Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 16.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o acordo de iniciación do procedemento sancionador ICA-OU-90/2000-V.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador, que tamén se indica, por infracción da Lei 25/1970, do 2 de decembro, estatuto da viña, do viño e dos alcois (BOE do 5 de decembro), e do seu Regulamento aprobado por Decreto 835/1972, do 23 de marzo (BOE do 10 e 11 de abril) posto que, intentada a notificación por correo certificado con xustificante de recepción, non se puido practicar.

Noméase instructor do procedemento a Manuel Pérez González, funcionario desta delegación provincial, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992 citada.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, en virtude da competencia atribuída polo Decreto 24/1984, do 23 de febreiro (DOG do 8 de marzo) e demais normativa aplicable. O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería, sita na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes e, de se-lo caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993 (BOE nº 189, do 9 de agosto), de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, no enderezo indicado.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora citado.

Ourense, 31 de outubro de 2000.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: ICA-OU-90/2000-V.

Interesado: José Delgado López.

DNI: 34.696.494.

Enderezo: O Rosal (Oímbra-Ourense).

Infracción: incumpri-la normativa vixente en materia de transporte de productos vitivinícolas.

Precepto sancionador: artículo 123.1º do Decreto 835/1972.

Sanción: tres mil pesetas.