Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 16.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se anuncia concurso aberto, en tramitación anticipada do gasto, para a contratación do servicio de seguridade e vixilancia no Centro Galego de Arte Contemporánea.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

a) Organismo: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Enderezo: rúa Valle Inclán s/n, 15704 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 66 17.

Fax: 981 54 66 25.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de seguridade e vixilancia para o CGAC.

3. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento total: vinteseis millóns setecentas cincuenta e tres mil setecentas trinta e seis pesetas (26.753.736).

b) Aplicación orzamentaria.: 10.03.353A.227.01.

4. Prazo de execución: doce meses.

5. Fianzas.

Provisional: cincocentas trinta e cinco mil setenta e cinco pesetas (535.075).

Definitiva: un millón setenta mil cento corenta e nove pesetas (1.070.149).

6. Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 2.

7. Presentación de propostas.

a) Lugar: rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo; edificio San Caetano, bloque 3, 2º piso, 15711 Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e terminará o décimo quinto día natural, ás catorce horas; se o último día fose inhábil, prolongarase no prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en tres sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores: os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas particulares e prescricións técnicas.

9. Modelo de proposición: o que figura como anexo no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: tódolos interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea e nas delegacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

11. Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ás 12 horas do quinto día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas polos interesados; se este día fose sábado ou inhábil, procederase á apertura de proposicións o día hábil seguinte.

12. Anuncios: os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2000.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural