Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 01 de decembro de 2000 Páx. 16.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, con tramitación urxente e como gasto anticipado, para a contratación da asistencia técnica para servicios formativos de mergullo no Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa (Igafa), 4 lotes.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación-Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para servicios formativos de mergullo no Igafa.

b) División por lotes e número: os licitadores poderán presentar ofertas a un dos lotes (no caso de persoas físicas) ou a varios (no caso de persoas xurídicas).

-Lote 1: servicios formativos e de coordinación técnica dun instructor de mergullo profesional.

-Lote 2: servicios formativos dun segundo instructor de mergullo profesional.

-Lote 3: servicios formativos dun primeiro monitor de mergullo profesional.

-Lote 4: servicios formativos dun segundo monitor de mergullo profesional.

c) Lugar de execución: Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

d) Prazo de execución: segundo o prego de características técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente e como gasto anticipado.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 19.050.000 pesetas (114.492,805 euros) impostos incluídos.

-Lote 1: 5.250.000 pesetas (31.553,135 euros).

-Lote 2: 5.000.000 de pesetas (30.050,605 euros).

-Lote 3: 4.400.000 pesetas (26.444,532 euros).

-Lote 4: 4.400.000 pesetas (26.444,532 euros).

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación do/s lote/s correspondente/s.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación-Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras.

b) Enderezo: rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15771.

d) Teléfono: 981 54 61 39.

e) Fax: 981 54 61 38.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a)Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que este día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

-Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a adxudicación do contrato.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

Faraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 11 horas do quinto día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, domingo ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se faga por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación, no mesmo día, a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax.

10. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2000.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación