Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2000 pola que se fai pública a resolución do recurso ordinario interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador de pesca fluvial CO-98/028.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a citada resolución.

Contra a resolución que se publica procederá o recurso contencioso-administrativo para interpoñer perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2000.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador de pesca fluvial: Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Expediente núm.: CO-98/028.

Denunciado: José Díaz Menjíbar.

Último enderezo coñecido: r/ da Igrexa núm. 5, 1º 15402 Ferrol.

Contido da resolución do recurso:

Data: 17 de xullo de 2000.

Feitos polos que foi denunciado: corta de vexetación de ribeira sen autorización.

Resolución do recurso: desestimado, confirmando a resolución recorrida en tódolos seus termos.