Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2000 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da administración hidráulica de Galicia, modificada pola

Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Abastecemento de auga e saneamento a Chacín-Palmeira (Ribeira-A Coruña).

Adxudicatario: Espina y Delfín, S.L.

Orzamento: 32.525.762 ptas.

-Mellora e ampliación da rede de saneamento no núcleo da Brea (Trazo-A Coruña).

Adxudicatario: Manuel Caramés Rozados.

Orzamento: 22.324.811 ptas.

-Saneamento e abastecemento a Barreiros-última fase (Barreiros-Lugo).

Adxudicatario: Movex Vial, S.L.

Orzamento: 44.170.250 ptas.

-Construcción dun novo depósito regulador de auga en Montealegre (Ourense).

Adxudicatario: Proyecón Galicia, S.A.

Orzamento: 88.885.000 ptas.

-Alugamento de nove automóbiles para o organismo autónomo Augas de Galicia.

Adxudicatario: Autos Brea, S.L.

Orzamento: 26.517.600 ptas.

-Ampliación da rede de saneamento de Cespón (Boiro-A Coruña).

Adxudicatario: Cobra Instalaciones y Servicios, S.A.

Orzamento: 136.554.233 ptas.

-Mellora da rede de saneamento e abastecemento no núcleo urbano de Lugo-complementario número dous (Lugo).

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

Orzamento: 340.082.985 ptas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia