Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2000 pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de montes M-19/2000-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei de montes do 8 de xuño de 1957.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992 citada,

poderá interpoñer recurso de reposición, con carácter potestativo, perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercer calquera outro que coide pertinente.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2000.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Expediente sancionador: M-19/2000-PO.

Artigo infrinxido: 432 do Regulamento de montes.

Contía da sanción: 130.048.

Denunciado: Manuel Iglesias Fernández.

DNI: 35.202.792.

Último enderezo coñecido: Ermida, 23, Marcón (Pontevedra).