Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 24 de outubro de 2000 pola que se lle notifica a Camila Araújo Araújo a resolución pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato da súa vivenda (expediente PO-83530, conta 49).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio da interesada (rúa da Pega, nº 1-5º C en Vigo), sen que se puidese practicar, notifícaselle a Camila Araújo Araújo a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 28 de xuño de 2000, pola que se acorda a resolución do pleno dereito do contrato relativo á vivenda de protección oficial da que é adxudicataria, recaída no procedemento de desafiuzamento administrativo por falta de pagamento.

Contra a citada resolucióni que non é definitiva na vía administrativa cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente notificación, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992 modificada por Lei 4/1999, trancríbese o texto íntegro da dita resolución: expediente de desafiuzamento administrativo

RESOLUCIÓN

Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra Camila Araújo Araújo, con DNI nº 35.595.369-V beneficiaria da vivenda obxecto da presente resolución, situada na rúa da Pega, nº 1-5º C de Vigo (Pontevedra), correspondente ó:

Expediente: PO-83/530, conta 49, con incumprimento do contrato en canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública.

Tendo en conta os seguintes feitos.

1. Que a entidade colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia, emite certificado no que se comproba a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a 752.612 ptas., a data 29 de xuño de 1999.

2. Con data 8 de xullo de 1999 envíase requirimento de pagamento á interesada para que no prazo de dez días efectúe o pagamento das cantidades adebedadas a esa data, o dito requirimento non puido ser notificado persoalmente á interesada, polo que

se publicou no DOG do 28 de outubro de 1999 e publicado no taboleiro oficial de edictos do Concello de Vigo, conforme o establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

3. A data do 12 de xuño de 2000, a débeda ascende a 929.324 ptas. por falta de pagamentos dos recibos seguintes: de decembro de 1990 a agosto de 1992; de decembro de 1993 a xaneiro de 1996; febreiro 1998; outubro 1998; de xaneiro de 1999 a xuño de 2000.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de acordo co disposto no Decreto 70/1999, de estructura orgánica deste organismo, modificado por Decreto 258/1999, do 17 de setembro.

2. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución de contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial, e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vistos os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda, que levará a cabo o funcionario do Instituto Galego da Vivenda e Solo que se designe e o representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da administración, incorporada ó expediente e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, atonómicas ou locais.

Advírteselle á interesada, que de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda coa recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación, e achegando xustificante de estar ó día coa comunidade de propietarios.

2. A resolución en firme do contrato levará consigo a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995,

do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.

Notifíquese a presente resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que proceden.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo