Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de diversas contratacións de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade á adxudicación das seguintes contratacións:

1. Adquisición de equipamento de moblaxe de vestiarios e dotación diversa con destino ó Hospital Abente e Lago da Coruña.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-39/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de moblaxe de vestiarios e dotación diversa.

c) Lote: 5 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 77, do 19 de abril de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: once millóns corenta e dúas mil cincocentas pesetas, IVE incluído (11.042.500 pesetas, IVE incluído) (66.366,76 euros).

Lotes nº 1: 3.938.000 pesetas, 23.667,86 euros.

Lotes nº 2: 1.975.000 pesetas, 11.869,99 euros.

Lotes nº 3: 2.475.000 pesetas, 14.875,05 euros.

Lotes nº 4: 1.484.500 pesetas, 8.922,02 euros.

Lotes nº 5: 1.170.000 pesetas, 7.031,84 euros.

5. Adxudicación.

Lote nº 1: dotación de vestiarios.

Lote nº 3: estanterías metálicas.

a) Data: 4 de xullo de 2000.

b) Contratista: Mecalux Estan, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: tres millóns trescentas vinteseis mil cento catorce pesetas, IVE incluído (3.326.114 pesetas, IVE incluído), 19.990,35 euros.

Lote nº 2: equip. audiovisuais.

a) Data: 4 de xullo de 2000.

b) Contratista: Audiovisuales Codec, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: un millón novecentas sesenta e cinco mil pesetas, IVE incluído (1.965.000 pesetas, IVE incluído), 11.809,89 euros.

Lote nº 4: equip. utensilios varios.

Lote nº 5: moblaxe á medida.

a) Data: 4 de xullo de 2000.

b) Contratista: Tecam Oficinas, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dous millóns duascentas dúas mil oitocentas vinteoito pesetas, IVE incluído (2.202.828 pesetas, IVE incluído), 13.239,26 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos