Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2000 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, da asistencia técnica de clave OH.315.478/AT.

a) Asistencia técnica.

Asistencia técnica para o estudio e definición das actuacións de saneamento na zona norte da ría de Ares e na zona sur da ría de Ferrol (Ares, Fene, Cabanas, Mugardos e Neda-A Coruña).

Clave: OH.315.478/AT.

Orzamento: vintecatro millóns novecentas corenta e catro mil cincocentas dezaoito pesetas (24.944.518 pesetas, equivalentes a 149.919,573 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16, letra a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b), da mesma lei.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo I, subgrupo 1, categoría A, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

Fianza provisional: catrocentas noventa e oito mil oitocentas noventa pesetas (498.890 pesetas, equivalentes a 2.998,389 euros).

(Declarada urxente conforme o establecido no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, praza de Camilo Díaz Valiño s/n, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na letra a) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento de licitación.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral de Augas de Galicia ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día once (11) de decembro de 2000.

f) Admisión de variantes.

Os licitadores poden presentar, se o consideran conveniente, unha variante ou alternativa de acordo co indicado no prego de prescricións técnicas (punto 4 do dito prego).

g) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día vintedous (22) de decembro de 2000.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia