Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 20 de novembro de 2000 Páx. 15.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 77/2000).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 132 kV desde a subestación de Bustelo ata a subestación de Pena da Loba (expte. nº 77/2000), por resolución da Dirección Xeral de Industria do 14 de setembro de 2000, a favor da entidade beneficiaria Parque Eólico Bustelo, S.A, con domicilio na rúa Castiñeiriño, nº 12-3º, 15702 Santiago de Compostela.

Esta delegación acorda sinala-lo día 14 de decembro de 2000 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expro

piables e de imposición de servidime de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello das Pontes de García Rodríguez, deducida da que se someteu a información pública no DOG, no El Ideal Gallego, no BOE e no BOP dos 5, 7, 8 e 25 de abril de 2000, respectivamente; acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 8 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña